Hoxe é Luns 9 de Xuño de 2025

Mellora o firme do camiño da Pega en Chapela en resposta á demanda da veciñanza

Camiño da Pega. Redondela

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela deu por rematados os traballos de mellora de firme do Camiño da Pega, en Chapela, una obra longamente demandada pola veciñanza da zona. Os traballos, nun treito duns 200 metros, dotan á zona de maior seguridade para os peóns cun firme uniforme. Aproveitando estas obras, mellorouse tamén a accesibilidade do treito coa substitución das escaleiras existentes por unha rampla. Nese mesmo viario procedeuse á optimización da rede de saneamento, traballos desenvolvidos pola Concellería de Medio Ambiente.
Doutra banda, o Concello de Redondela adiantou que nesa mesma zona iniciaranse en breve os traballos na parte traseira do Colexio Igrexa. As obras teñen como obxectivo evitar que nos días de choiva intensa se produzan episodios de inundacións como os acontecidos neste pasado inverno. O goberno local salienta a importancia que o Concello dá “a todas e cada unha das reclamacións que, en materia de obras, formula a veciñanza para darlle resposta o máis rapidamente posible”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: