Hoxe é Domingo 15 de Xuño de 2025

Aparatoso accidente na entrada de Redondela

COCHE

A rotonda de acceso ao casco urbano de Redondela foi onte testemuña dun aparatoso accidente cun único vehículo implicado. Foi ás 18.00 horas de onte, na intersección das estradas N-550 e N-555. Un turismo modelo Ford Focus chocou e acabou envorcado. Como consecuencia producíronse danos materiais no turismo, e o condutor resultou ileso, saíndo polo seu propio pé do coche. Feitas as probas de alcoholemia por parte da Garda Civil de Tráfico, o resultado foi positivo. O condutor, veciño de Arcade, solicitou realizar a proba de constraste, polo que foi trasladado a un centro hospitalario. Axentes da Policía Local de Redondela colaboraron coa Garda Civil para regular o tráfico mentres o vehículo non foi retirado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: