www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020


Sociedade • 28/09/2010

Este venres arrancan as actividades da Escola de Música, cun Xardín Musical para nenos desde os 3 anos. Tamén se imparte Linguaxe Musical e outras actividades de baile e música tradicional galega, baile moderno e pintura, entre outras.


Sociedade • 28/09/2010

Nuns días estará rematado o local que será cedido ó Club de Remo de Chapela. Para poder cumprir coa data de entrega, no mes de decembro, a empresa incrementou o número de operarios e as horas de traballo. As previsións apuntan a que nuns quince días procederase a derrubar a nave de Cardona, actual sede do club.


Sociedade • 27/09/2010

A Rede Galega de Sementes celebra en Redondela o I Encontro cunha xornada de actividades na que se celebrarán obradoiros, haberá mercado de produtos ecolóxicos, degustacións, charlas informativas, e tamén monicreques e música. Será o sábado día 2 de outubro no recinto da Feira do Gando.


Institucional • 27/09/2010

A dous dias da convocatoria de folga xeral convocada polos sindicatos, o BNG fai un chamamento ós veciños de Redondela a que se sumen masivamente. A agrupación nacionalista entende que no actual panorama de "de máxima inflexión de crise económica" cómpre tomar conciencia da necesidade de saír á rúa "para presionar" ao goberno da Xunta e do Estado.

 


Deporte • 27/09/2010

 

Aos redondeláns fíxoselles costa arriba o campo do líder, o Gran Peña, fronte o que perderon por cinco a tres. Uns malos resultados que foron a tónica xeral desta xornada onde todos os equipos locais, salvo o Soutomaior que empataba co Santomé na casa, perdían a oportunidade de sumar tres puntos.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1924] [1925] [1926] [1927] [1928]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Xoves, 9 de Xullo de 2020 - 12:00
Campamento de conciliación
O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para participar no programa municipal de conciliación no mes de xullo, orientado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do xoves
Luns, 31 de Agosto de 2020 - 09:30
Tai chi en Redondela e Chapela
Dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto todos os que se acheguen á Alameda de Redondela os martes e xoves e ao xardín do Multiusos de Chapela os luns e mércores en horario de 09.30 a 10.30h poderán aprender de balde esta practica milenaria.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia