www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 13 de Xullo de 2020


Institucional • 1/12/2010

Este trazado sería empregado polo Ministerio de Fomento para conectar a A-59 con Redondela pola zona norte. Dende o goberno local négase que exista ningún documento ao respecto e acusan ao PP de "querer resucitar o debate das variantes" e "crear alarma entre os veciños"


Sociedade • 30/11/2010

Os comuneiros das parroquias de O Viso, Ventosela, Reboreda, Quintela, Saxamonde e Vilar rexeitan rotundamente o trazado da futura autovía A-59 por considerar que vai supor "unha afección definitiva na vida dos veciños, destruíndo a contorna, os mananciais, dividindo as parroquias, eliminando accesos e, en definitiva, cambiando de xeito radical a vida dos veciños tal e como a entenden a día de hoxe nas parroquias afectadas".


Deporte • 30/11/2010

A manchea de goles no derbi contra o Arcade supuxo unha inxección de moral para os de de Luis Ferreira, que sumaban varias xornadas sen coñecer a vitoria. Con todo, a situación na táboa é complicada, son 13º, pero aspiran a mellorar esa posición despois do partido co Alerta Traviesas. Un encontro que promete moito fútbol xa que os dous equipos se distinguen polo xogo ofensivo.


Sucesos • 30/11/2010

O mozo Luís David Matilde lago de 15 anos de idade e veciño de Cesantes será soterrado esta tarde na igrexa parroquial de San Pedro. O condutor  do Volkswagen Polo que o atropelou na madrugada do domingo quedou en liberdade con cargos logo de prestar declaración no Xulgado de Redondela


Sociedade • 29/11/2010

Mestra de profesión e vella coñecida da política local, a que fora concelleira en anteriores mandatos, Cecilia Pérez Orge convértese na primeira candidata muller presentada polo partido nacionalista en Redondela. Consciente de asumir o cargo "nun momento difícil" márcase como obxectivo recuperar aos desencantados da política e conseguir que o seu grupo "lidere o próximo goberno local".




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1902] [1903] [1904] [1905] [1906]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Venres, 17 de Xullo de 2020 - 20:00
Peter Punk na Alameda
O pallaso Peter Punk presenta en Redondela o seu espectáculo Chungo ke te cagas nunha actuación que terá lugar o venres 17 de xullo na Alameda ás 20:00 horas. Actuación orientada ao público familiar con entrada de balde.
Sábado, 18 de Xullo de 2020 - 22:00
Airiños da Peneda
O grupo de música folk Airiños da Peneda actúa o sábado 18 ás 22:00 horas na Alemda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 19 de Xullo de 2020 - 21:30
Airiños do Mar de Teis
O grupo de voces masculinas Airiños do Mar de Teis actúa o domingo 19 na Alameda de Rosalía de Castro en Chapela ás 21:30 horas. Entrada de balde.
Venres, 24 de Xullo de 2020 - 22:00
Concerto fusión
O grupo Pelepau e a banda de música de Chapela únense para ofrecer un concerto o venres 24 ás 22:00 horas no paseo marítimo de Chapela. Entrada de balde previa reserva no mail concertos2020@redondela.gal
Sábado, 25 de Xullo de 2020 - 22:00
Concerto de Guadi Galego
A cantante e excompoñente de Berrogüeto achega a Redondela o seu espectáculo Immersión. O concerto será o Día de galicia ás 22:00 horas no campo da feira. Entrada de balde previa reserva no mail concertos2020@redondela.gal
Domingo, 26 de Xullo de 2020 - 21:30
Carlos do Viso
O lutier e zanfonista Carlos do Viso ofrecerá un concerto na Alameda de Castelao o domingo 26 de xullo ás 21:30 horas. Organiza o Concello de Redondela.
Sábado, 1 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermú Cultural con Su Garrido
Arrancan os vermús culturais da Concellería de Cultura coa actuación de Su Garrido na praza Alejandro Otero. A actuación terá lugar o sábado 1 de agosto ás 12:30 horas.
Sábado, 1 de Agosto de 2020 - 21:00
Arume en Reboreda
Actuación do grupo de pandereteiras Arume. O sábado 1 de agosto ás 21:00 horas en Reboreda. Entrada de balde.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia