www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020


Institucional • 15/12/2010

A Concellería cualifica de "moi satisfactorios" o desenvolvemento do plan "tendo en conta os recursos humanos, materiais e orzamentario co que contou o departamento de Igualdade" e cifran en 61 as accións postas en marcha nos tres últimos anos


Sociedade • 15/12/2010

O Concello de Soutomaior puxo en marcha unha campaña que baixo o nome "Conto contigo" pretende que todos os propietarios de cans recollan os excrementos das súas mascotas e respecten as normas básicas de convivencia entre veciños. Entre as iniciativas recollidas na campaña contémplase o reparto de bolsas e habilitouse xa un parque para mascotas no peirao de Arcade


Cultura • 14/12/2010

O músico bilbaíno abordará a técnica e interpretación de instrumentos vascos, como a trikitixa, o pandeiro, a txalaparta de madeira e a txalaparta de pedra. Antonio Placer, autor galego afincado en Francia, proporá un traballo de creación musical a partir da improvisación coa voz e as percusións corporais. Ambos os dous encontros desenvolveranse entre o 16, 17 e 18 de decembro. Os interesados poden inscribirse no enderezo web www.masterclassdemusicatradicional.info


Cultura • 14/12/2010

A obra, onde se dan cita a música en directo, a danza, as acrobacia, os monicreques e o malabarismo correrá a cargo da compañía Limiar Teatro e poderase ver en dous pases, en horario de mañá ás 12:00 e pola tarde ás 19:00 horas no Multiusos

 


Deporte • 14/12/2010

A vitoria da pasada xornada sobre o Pazos, actual líder da liga, deulle unha inxección de moral ó equipo redondelán. Esta fin de semana teñen unha importante cita co Abetos, equipo co que están moi igualados. O obxectivo do club é manterse na metade da táboa con aspiracións de rematar o campionato entre os seis primeiros.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1871] [1872] [1873] [1874] [1875]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2020 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia