www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019


Institucional • 11/02/2010

A nacionalista Olaia Fernández Davila denuncia que os veciños das parroquias de Cedeira e Negros "sofren diariamente o risco de seren atropelados". Recolle así unha reiterada denuncia dos residentes na zona quen dende hai meses veñen reclamando a construcción de beirarrúas e un paso elevado nas inmediacións da rotonda de Vilavella


Cultura • 11/02/2010

O recorte no orzamento obriga a desbotar a proxección de longametraxes así como o concurso de guións. Ata o 8 de marzo permanecerá aberto o prazo para participar na VI edición do certame que se desenvolverá no Multiusos entre o 25 e o 28 de abril.

 


Institucional • 11/02/2010

A instancias dunha moción presentada polo BNG, o pleno deberá posicionarse sobre a Lei de Caixas galegas. Por unha vez parece que populares e nacionalistas compartirán opinión fronte aos socialistas, quen de trasladar a postura do seu grupo ao ámbito local votarán en contra da proposta


Institucional • 11/02/2010

O concello redondelán percibirá máis do 70% dos cartos que achegará á comarca o novo Plan E. A pesar da importante achega económica crearanse tan só 22 postos de emprego, menos dos previstos en Fornelos, Pazos ou Soutomaior, municipios que recibirán cantidades substancialmente inferiores

 


Institucional • 10/02/2010

Confían en que a promoción do Camiño Portugués pola Costa se traduza nun incremento importante de camiñantes que pasen e fagan parada na vila co conseguinte gasto na hostalería local. A Asociación de empresarios editará en abril unha Guía para o peregrino

 




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1868] [1869] [1870] [1871] [1872]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Out 2019 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:00
Ciclo piano: Paula Ríos
A pianista paula Ríos , presentada pro Carolina Queipo, ofrecerá un concerto no COnservatorio Victor Ureña o venres 25 ás 20:00 horas enmarcado dentro do I Ciclo de piano dedicado a Marcial del Adalid.
Sábado, 26 de Outubro de 2019 - 19:30
Ciclo piano: Antonio Queija
Pecha o primeiro ciclo de piano do Concello de Redondela un ocncerto a cargo do cubano de orixe galega Antonio Queija con presentación a cargo de Margarita Viso. O sábado 26 ás 19:30 horas.
Domingo, 27 de Outubro de 2019 - 18:00
Teatro con Viravolta títeres
Arranca o II Ciclo de treatro infantil coa obra Peer Gynt de Viravolta Títeres. O domingo 27 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Prezo 3 euros. Organiza a Concellería de Cultura.
Sábado, 2 de Novembro de 2019 - 20:00
Ibuprofeno Teatro no Multiúsos
A compañía Ibuprofeno Teatro presenta a obra O Furancho no Multiúsos da Xunqueira o sábado 2 de novembro ás 20:00 horas. Entrada 7€ normal (5 reducida). Organiza o Concello de Redondela.
Domingo, 3 de Novembro de 2019 - 20:00
Luis Zahera no Multiúsos
O ciclo Humor na súa tinta presenta o domingo 3 de novembro ás 20:00 horas o monólogo do popular actor Luis Zahera. Organiza Moitamerda promocións en colaboración co concello. Entrada 10€ anticipada, 13 na billeteira.
Martes, 5 de Novembro de 2019 - 12:00
Concurso fotográfico
O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy convoca o XIV Concurso Fotográfico con 600€ en premios repartidos en diferentes categorías. O prazo para participar neste concurso fotográfico remata o 5 de novembro.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia