www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Novembro de 2019


Sucesos • 21/06/2010

Unha fin de semana marcada polas numerosas detencións realizadas pola Policía Local no  municipio, en total catro persoas pasaron a disposición xudicial pola súa presunta implicación en diferentes delictos de violencia contra a muller, estafa e conducción baixo os efectos do alcol.

 


Cultura • 18/06/2010

Entende que as trabas o escaso apoio da administración galega para impulsar o galego nas aulas está detrás da dimisión dos Coordinadores provinciais de Política Lingüística. Critican ademais o custe económico que para os pais vai supoñer ter que comprar os libros de texto o vindeiro ano ao quedar inutilizados os existentes nos centros pola entrada en vigor do decreto


Institucional • 18/06/2010

A Concellería de Servizos Sociais de Redondela alerta das dificultades económicas para manter unha actividade que anualmente atendía a 43 persoas carentes de formación e en situación de risco de exclusión pola falta de recursos persoais e formativos. A axuda da Xunta ascendía a 10.000 euros.


Institucional • 17/06/2010

A dinamización do comercio das parroquias redondeláns así como a mellora do transporte foron algunhas das reivindicacións que a Asociación de Empresarios de Redondela presentou na xuntanza que mantiveron con representantes da Deputación de Pontevedra para debater sobre a situación do comercio local.


Institucional • 17/06/2010

O pleno de Redondela aprobou hoxe a rebaixa salarial da corporación. A reducción aprobada por unanimidade na mañá de hoxe suporá unha rebaixa do 8% na retribución do alcalde e dun 7% nos salarios dos concelleiros liberados. O resto dos cargos elector da corporación sufrirán unha diminución en torno ao 4'5 por cento

 




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1827] [1828] [1829] [1830] [1831]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Nov 2019 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Próximos Eventos...
Sábado, 16 de Novembro de 2019 - 18:30
Magosto en Cedeira
O centro cultural de Cedeira celebra este sábado día 16 o seu tradicional Magosto a partir das 18.30. A directiva servirá castañas asadas e chourizos acompañados de viño tinto da parroquia. Un acto festivo que contará con amenización musical.
Sábado, 16 de Novembro de 2019 - 20:00
Concerto Tanto nos ten
A Concellería de Cultura continúa co ciclo de musica folk cun concerto este sábado 16 ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira ás 20:00h a cargo do grupo "Tanto nos Ten". A entrada é de balde.
Luns, 25 de Novembro de 2019 - 12:00
Excursión a Perlim
Pazos de Borbén organiza unha viaxe o 1 de decembro ao parque temático de Nadal de Perlim, situado nas proximidades do Porto. O prazo de inscrición finalizará o 25 deste mes. O prezo da saída é de 33 euros por persoa.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz