www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020


Sociedade • 22/05/2020

O Concello de Redondela vén de recibir unha doazón por parte da empresa Nosatun Pesca S.L, radicada no noso municipio. Unha entrega desinteresada que é recibida con agradecemento por parte da administración local xa que se trata dun produto que será posteriormente distribuído entre aqueles que o necesiten.


Cultura • 21/05/2020

Son moitos os que desexan volver a estas instalación para facer uso dos seus libros, aínda que polo de agora será con restricións para garantir a seguridade sanitaria: só servizo de préstamo e devolución e sen acceso directo á colección, polo que as obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas polo persoal da biblioteca. Ademais só poderá permanecer no interior das salas unha persoa.


Cultura • 21/05/2020

O certame artístico e reivindicativo celebrarase do 31 de maio ao 14 de xuño. A organización prepara para a edición deste 2020 unha exposición no Multiusos da Xunqueira coas obras do "Artelixo Confinado". Tamén haberá pezas nos escaparates do comercio local e outras de grande formato nas rúas. Á espera de que a situación sanitaria por mor da COVID-19 o permita, celebrarán concertos en diferentes parroquias e un gran evento musical no Carballo das Cen Pólas, en Reboreda, para presentar o disco do Artelixo.


Institucional • 21/05/2020

O reparto deste material de protección para os menores comezará mañá venres "casa por casa". As máscaras infantís son dun tamaño máis reducido, con dúas tallas segundo a idade dos rapaces. Son lavables e reutilizables. En Redondela Correos reparte máis de 15.000 máscaras aos veciños do centro da vila e Chapela.


Sociedade • 20/05/2020

Mamparas de metacrilato, ampliar a separación entre as mesas ou menus dixitalizados, son algunhas das medidas que valoran os hostaleiros que maioritariamente comezarán a abrir as súas portas a partir do vindeiro luns. O obxectivo é garantir un entorno seguro aos seus clientes e cumprir as normativas sanitarias impostas polo coronavirus. Hai preocupación entre os hostaleiros de Redondela polo custe económico que supoñen todas estas medidas, pero tamén confianza en que os clientes regresen aos bares, sobre todo neste período que permite o uso de terrazas.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [6] [7] [8] [9] [10]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2020 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia