www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 6 de Xuño de 2020


Política • 5/06/2020

O BNG critica a desinformación sobre os efectos que tería sobre os elementos arqueolóxicos existentes na zona de Pazos de Borbén a creación dun parque eólico. Lembran que a Xunta reactivou a tramitación administrativa deste proxecto que prevé a construción dun parque eólico que ocuparía gran parte do Monte Buxel, Galleiro, Alto da Serra e Monte da Serra e que estaría composto nun inicio por dez aeroxeradores, unha torre meteorolóxica  e  unha  subestación  eléctrica o que provocará "un gran impacto visual e ecolóxico nunha zona xa de por si moi maltratada polo oleoduto, gasoduto e diferentes liñas de alta tensión".


Sociedade • 5/06/2020

A Asociación de Empresarios de Redondela anuncia que o sector da restauración da localidade "arrancará definitivamente a partir da fase 3". Advirten que, xunto coa limitación do aforo, a maior preocupación da hostalaría é a apertura dos furanchos, "establecementos que incumpren reiteradamente as limitacións de servizos establecidas pola lexislación".


Política • 5/06/2020

Ante a actual situación de desescalada, a edil nacionalista Jéssica García solicita á Concellaría de Cultura que elabore unha programación para este verán con pequenas actividades como concertos, monólogos, proxeccións ou citas literarias nas prazas dos cascos urbanos e nas parroquias "controlando o aforo e respectando as medidas de seguridade".


Política • 5/06/2020

O ex alcalde de Redondela, o popular Javier Bas, estreouse onte como orador no Congreso. O deputado por Pontevedra aproveitou a ocasión para lembralle ao goberno compromisos pendentes do Ministerio de Transportes e Mobilidade como a eliminación da peaxe de Rande, a instalación de pantallas para reducir a contaminación acústica e a recuperación dos viais afectados polas obras de ampliación da AP-9.


Sociedade • 4/06/2020

Co gallo da celebración do Día Mundial do Medio ambiente desde o colectivo Artelixo e o Concello convidan á cidadanía á participar nun acto reivindicativo, enmarcado na campaña "En pé polo planeta" e chaman a traer zapatos de nenos/as (bebés e crianzas pequenas ou non tan pequenas) para simbolizar a necesidade de deixarlles aos nosos fillos e fillas un mundo habitable e sostible. Por este motivo, dende as 16:00 e ata as 22:00 horas este venres día 5 de xuño as rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín permanecerá pechadas ao tráfico.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2020 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Próximos Eventos...
Luns, 8 de Xuño de 2020 - 10:00
Doazón de sangue en Fornelos
Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Galicia estará en Fornelos de Montes na Praza da Igrexa en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz