www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019


Cultura • 22/10/2019

O concelleiro de cultura e turismo, Daniel Boullosa, confirma que o servizo estará atendido por persoal dependente da Deputación. O obxectivo é manter esta oficina aberta permanentemente durante todo o ano e, no futuro, instalar esa oficina nas salas que actualmente ocupan os Servizos Socias na rúa Isidoro Queimaliños "de xeito que estaría no camiño de Santiago, o que facilitaría a atención dos peregrinos, que conforman o 91% de turistas que visitan a nosa vila".  Lembra o edil que o peche actual tanto das instalacións do Meirande como da oficina de turismo, ven herdada do goberno anterior "o persoal estaba contratado ata o 10 de outubro".


Sociedade • 22/10/2019

O acto está enmarcado nas actividades que organiza o Concello de Redondela co gallo do Día da Restauración da Memoria histórica e terá lugar o domingo 27 ás 13:00 horas no cemiterio do Viso. Consistirá nunha sinatura de vontades pola cal os participantes expresarán o seu desexo de seren lembrados para sempre na lingua da nosa terra. A continuación descubrirase unha placa na honra dos que nos legaron a cultura e idioma de Galicia.


Cultura • 22/10/2019

A concellería de xuventude celebra o samaín con dúas xornadas de festa que terán lugar o xoves 31 e o sábado día 2. Así o xoves organizan unha actividade de orientación especial na que non faltarán os personaxes propios das datas como as meigas ou Morrigan, a deusa da morte. O sábado as propostas convídannos a achegarnos a casa do terro, a gozar das castañas e participar de obradoiros variados.


Institucional • 22/10/2019

A Concellería de Medio Ambiente organiza este xoves 24 ás 11:00 horas unha nova charla sobre compostaxe doméstica que se vai desenvolver no Multiúsos da Xunqueira. Os interesados, que deberán inscribirse previamente a través da páxina web do concello, recibirán un composteiro e un aireador manual así como a información necesaria para coñecer o uso destes dispositivos.


Sociedade • 21/10/2019

A actividade de concienciación medioambiental terá lugar este martes día 22 e os rapaces de quinto de primaria do CEIP Reboreda estarán acompañados do colectivo Alecrín. O obxectivo é que o alumando tome conciencia da importancia de mudar os nosos hábitos para poder manter a nosa biodiversidade e riqueza natural.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Dec 2019 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     

Próximos Eventos...
Venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:00
Ciclo piano: Paula Ríos
A pianista paula Ríos , presentada pro Carolina Queipo, ofrecerá un concerto no COnservatorio Victor Ureña o venres 25 ás 20:00 horas enmarcado dentro do I Ciclo de piano dedicado a Marcial del Adalid.
Sábado, 26 de Outubro de 2019 - 19:30
Ciclo piano: Antonio Queija
Pecha o primeiro ciclo de piano do Concello de Redondela un ocncerto a cargo do cubano de orixe galega Antonio Queija con presentación a cargo de Margarita Viso. O sábado 26 ás 19:30 horas.
Domingo, 27 de Outubro de 2019 - 18:00
Teatro con Viravolta títeres
Arranca o II Ciclo de treatro infantil coa obra Peer Gynt de Viravolta Títeres. O domingo 27 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Prezo 3 euros. Organiza a Concellería de Cultura.
Sábado, 2 de Novembro de 2019 - 20:00
Ibuprofeno Teatro no Multiúsos
A compañía Ibuprofeno Teatro presenta a obra O Furancho no Multiúsos da Xunqueira o sábado 2 de novembro ás 20:00 horas. Entrada 7€ normal (5 reducida). Organiza o Concello de Redondela.
Domingo, 3 de Novembro de 2019 - 20:00
Luis Zahera no Multiúsos
O ciclo Humor na súa tinta presenta o domingo 3 de novembro ás 20:00 horas o monólogo do popular actor Luis Zahera. Organiza Moitamerda promocións en colaboración co concello. Entrada 10€ anticipada, 13 na billeteira.
Martes, 5 de Novembro de 2019 - 12:00
Concurso fotográfico
O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy convoca o XIV Concurso Fotográfico con 600€ en premios repartidos en diferentes categorías. O prazo para participar neste concurso fotográfico remata o 5 de novembro.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz