www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019


Cultura • 5/12/2019

Titiriteiro, actor e músico Eduardo Rodríguez Cunha máis coñecido como Tatán, volve ao lugar no que hai xa catro anos presentara o seu disco Chapeu. Será nun concerto que terá lugar este sábado día 7 ás 20:00 horas e cuxas entradas están xa a venda a 3 euros. Doce cancións e doce historias recollidas neste traballo no que conta con moitas colaboracións que acompañan a súa voz para ir facendo un percorrido por estilos diversos: o jazz, blues, swing ou mesmo habaneiras.


Política • 5/12/2019

O goberno local explica que o proxecto contratado polo anterior goberno do PP "infrinxe a Lei de Ordenación da Edificación e está asinado por un técnico que non ten competencias nesta materia" o que levou ao Colexio de Arquitectos a presentar unha denuncia. Engaden que as irregularidades detectadas en todo o procedemento xa levaran a empresa adxudicataria a renunciar á obra. Dende o Concello aseguran que o novo proxecto será unha realidade no 2020.


Política • 5/12/2019

O BNG convoca para este venres día 6 ás 12:00 horas unha caravana de coches en defensa da sanidade na localidade. A protesta sairá de Salgueirón. O partido nacionalista fai un chamamento a toda a veciñanza para que participe nunha mobilización que chega logo da manifestación do pasado domingo na que participaron centos de veciños.


Cultura • 5/12/2019

Normalización Lingüística continua co ciclo dedicado ano Novo Cinema Galego que inclúe un total de catro longametraxe e que arrancaba a semana pasada co título "O que arde" de Oliver Laxe. Hoxe xoves a película elixida é o documental "Arraianos", unha crónica sobre unha pequena vila perdida nas montañas da fronteira entre Galicia e Portugal. A proxección será ás 20:30 horas e a entrada, que se pode retirar no propio Multiúsos, ten un prezo de 2 euros.


Sucesos • 5/12/2019

O detido, autor de varias agresión sexuais en trens que unían a estación de Vigo-Gixar con Pontevedra, cometía os seus actos a primeira hora da mañá aproveitando que circulaban case baleiros. Unha vez no vagón seleccionaba á vítima e sentaba ao seu lado ocultando o seu rostro cun pasamontañas ou unha gorra para evitar ser identificado. Con tan só 21 anos de idade, conta xa con varios antecedentes policiais por feitos semellantes, polo que se solicitou ao xuíz unha orde de afastamentos das estacións e trens. Catro mulleres presentaron denuncia, malia que poderían ser moitas máis as agredidas.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Xoves, 12 de Decembro de 2019 - 17:30
Xoves de Conto en Arcade
A biblioteca de Arcade acolle o xoves 12 ás 17:30 horas o espectáculo O axudante de papá Noel a cargo da compañía Moc MOc. Entrada de balde.
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 18:30
Obradoiro postais creativas
A biblioteca de Chapela organiza o venres 13 ás 18:30 un obradoiro de postais de Nadal orientado a nenos de 4 a 10 anos, impartido por Macarena González. Inscrición previa e de balde no 986454226.
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 20:00
Concerto do conservatorio
O alumnado do COnservatorio Victor Ureña de Redondela ofrece un concerto o venres 13 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada de balde.
Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 19:30
Folk con Anaquiños
O grupo de pendereteiras e baile de Anaquiños actúa o sábado 14 ás 19:30 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.
Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 20:00
Teatro no Multiúsos
Continúa o ciclo Vive o teatro o sábado 14 ás 20:00 horas coa actuación do grupo Redrum Teatro e a obra Invisibles no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 7 euros normal, 5 entrada reducida. Organiza Concellería de Cultura.
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00
Festival de Panxoliñas
O Multiúsos do Piñeiral acolle o domingo 15 ás 18:00 horas un evento musical no que se escoitará a música máis típica do Nadal, as panxoliñas. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00
Contos do recreo
Espectáculo infantil o domingo 15 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a cargo da compañía Redrum Teatro. Unha representación enmarcada no II ciclo de teatro infantil que organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
Venres, 20 de Decembro de 2019 - 20:30
Concerto de Lenda
Concerto de Nadal orgaizado por Lenda o venres 20 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 5 euros en Café da Vila e a sede de Lenda.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia