www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Agosto de 2020


Sociedade • 11/08/2020

Os veciños de Rande, Chapela, Cabanas e Trasmañó levan décadas soportando o fedor procedente desta fábrica de fariñas de peixe. Fartos de denunciar a situación ante o Concello, Seprona e a Policía e mesmo no xulgado, denuncian "os enganos reiterados" da clase política e esixen unha solución. Teñen en marcha unha recollida de firmas e preparan mobilizacións en próximas datas.


Cultura • 11/08/2020

O rexistro, posto en marcha en outono do pasado ano, experimentou un notable incremento de artistas nas semanas de confinamento por mor da crise da Covid-19. Na actualidade conta cun total de 68 artistas de diferentes disciplinas, e desde a Concellería de Cultura agardan que siga medrando, xa que se trata dun rexistro "permanente aberto e vivo".


Cultura • 11/08/2020

A iniciativa ofrece unha novidosa forma de achegarse ao Castelo de Soutomaior na que se combina historia cun percorrido polos viñedos, cata e espectáculo teatral. A actividade xa ten aberto o prazo de inscrición a través da web entradas.castelodesoutomaior.com. As rutas serán os días 20, 21, 27 e 28 de agosto e 3 de setembro ás 19 horas, cun aforo máximo limitado a 15 persoas.


Sociedade • 10/08/2020

Este verán hai polémica en Redondela pola acumulación de algas secas nas praias. A concellería de Medio Ambiente decidiu reducir a súa retirada para evitar a perda de area. Pero aos veciños e usuarios non lles convence esta expliación, e denuncian a "mala imaxe" dos areais e os cheiros que ocasionan as algas. Asociacións como Ecoloxistas en Acción aplauden a medida, mentres os grupos políticos da oposición esixen máis limpeza nas praias.


Sociedade • 10/08/2020

O Concello de Soutomaior acaba de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o seu Campamento Urbano, que se desenvolverá do 1 ao 9 de setembro. A actividade está dirixida a nenos e nenas desde os 3 até os 12 anos de idade e ten carácter gratuíto. Realizarase no Multiusos de Arcade, e o prazo para anotarse finaliza o 24 de agosto.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2019 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Próximos Eventos...
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:00
Consulta popular
Participación Cidadá convida aos veciños a participar nunha enquisa para a eleccións dos festivos locais e a peonalización do centro da vila. Na web www.redondela.gal ou entregando unha instancia no rexistro municipal antes do 15 agosto.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús culturais: As Efémeras
Tras as súas primeiras actuacións a través das redes durante o confinamento, As Efémeras chegan tamén a rúa cun concerto o 15 de agosto ás 12:30 horas na praza da Constitución. Unha actuación enmarcada nos Vermús culturais do Concello.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 22:00
Tanto nos ten
Música tradicional galega o sábado 15 de agosto ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 16 de Agosto de 2020 - 21:30
Música cos Carapaus
Música tradicional co grupo Os Carapaus o domingo 16 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela
Venres, 21 de Agosto de 2020 - 22:00
Caramushow
Teatro e música no espectáculo de Caramusho Vermello que se poderá ver o venres 21 ás 22:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús: Pacíficos errantes
A praza de Santiago Apóstolo acolle un concerto moi especial, coa actuación do dúo de ukelele e guitarra, Pacíficos errantes. O sábado 22 ás 12:30 horas enmarcado no programa dos Vermús culturais.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 12:00
Pakolas en Concerto
A música de pakolas soará o domingo 23 de agosto ás 12:00 horas na Alameda de Castelao.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 21:00
Espectáculo fusión
O grupo folclórico o Carballo das Cen Pólas actúa na Alameda Rosalía de Castro nun espectáculo no que se poderá escoitar a voz da cantante Sheyla Patricia. O domingo 23 ás 21:00 horas.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz