www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Febreiro de 2020


Cultura • 21/02/2020

A iniciativa busca recuperar e poñer en valor o antigo cemiterio e inclúe a reparación dos muros e pavimentos, acondicionamento das zonas axardinadas e recuperación de elementos ornamentais así como acondicionamento daquelas zonas que se atopan en estado ruinoso. A primeira actuación, consistente na limpeza dos muros perimetrais,  espertou polémica entre os veciños ao empregar os operarios auga a presión. Dende o concello o edil de cultura, Daniel Boullosa aclara que se trata dunha actuación autorizada por Patrimonio e na que se emprega "auga sen area e cunha presión determinada para evitar deteriorar os elementos patrimoniais".


Cultura • 21/02/2020

Fin de semana de entroido con actividades para o público infantil e o tradicional desfile de comparsas que centran o groso das propostas que organizan dende o Concello e que como novidade desta edición, inclúe tamén a realización dun Flashmob o domingo 23 ás 13:00h na Alameda Castelao. Para que os participantes coñezan os pasos pódese ver un vídeo tutorial na páxina do concello con música de Shakira.


Sucesos • 21/02/2020

O Concello de Redondela vén de anunciar a apertura de máis dunha vintena de expedientes sancionadores polo abandono de vehículos en todo o termo municipal. Con esta medida, o executivo local quere poñer fin "á imaxe de descoido e deixamento" que orixina esta situación amais "do seu impacto medioambiental". Critican dende o goberno local que o PP deixara vencer un convenio coa Deputación polo que o organismo provincial retiraba os automóbiles abandonados para a súa posterior reciclaxe.


Sociedade • 21/02/2020

Dez restaurantes de Arcade súmanse este luns a proposta da Concellería de Comercio para celebrar o aniversario de Rosalía de Castro cunha homenaxe nos seus menús, o coñecido "Caldo de Gloria".A iniciativa consiste en ofertar este histórico prato cun acompañamento moi especial, os poemas de Rosalía escritos nos seus manteis e como adornos nas mesas.


Cultura • 20/02/2020

Expresar as emocións e os sentimentos, trasladar o que sentimos ao papel pode ser terapéutico. Así o defende Marisé Barreiro, encargada de impartir o taller de escritura expresiva que se vai desenvolver nas bibliotecas de Redondela e Chapela. Para dar a coñecer máis polo miúdo esta ferramenta emocional, convida a todos as persoas interesadas a achegarse a unha charla que baixo o título "Escribir a vida" vai ter lugar este venres 21 ás 19:00 horas na Casa da Cultura.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2019 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 12:00
Sesión vermú de Entroido
A Cé Orquestra Pantasma ofrecerá un concerto ás 12:00 horas do domingo 23 na Alameda de Castelao.
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 12:30
Acto homenaxe a Lois Obelleiro
O voceiro do BNG en Soutomaior, Manu Lourenzo e o deputado Luis Bará participan o domingo 23 ás 12:30h no cemiterio do Salgueirón en Arcade nun acto homenaxe a Lois Obelleiro cando se cumpre o XII cabodano do seu pasamento.
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 17:00
Desfile de comparsas
Un total de 26 comparsas percorrerán o centro da vila, dende o campo da feira ata Vilavella a partir das 18:00 horas do domingo. Previamente haberá animación musical con Aperta Percusión.
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 19:30
Festival de corais en Chapela
O Círculo cultural de Chapela celebra este domingo 23 un festival de Corais ás 19:30h que contará coa actuación da Coral Polifónica Ventos do Val de Mos, a Coral San Lorenzo de Belesar de Baiona e a Coral Polifónica Frol Nova del C.C.R. de Chapela.
Luns, 24 de Febreiro de 2020 - 17:30
Entroido infantil Soutomaior
O luns 24 en Talo Río das 17:30 ás 19:30 entroido infantil con inchables, obradoiros de máscaras tradicionais galegas, máscaras con elementos naturais e espectáculo musical de animación Cantabaile. Para degustar flocos de millo e algodón doce.
Xoves, 27 de Febreiro de 2020 - 17:00
Taller artístico na Biblioteca
A biblioteca de Soutomaior organiza o xoves 27 un contacontos e a creación dun gran cadro colectivo cunha mensaxe de igualdade. A participación no taller, orientada a maiores de 7 anos, é gratuíta. Inscrición na paxina web municipal.
Venres, 28 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. O venres 28 de 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 29 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Hoxe na Radio