www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 5 de Xullo de 2020


Cultura • 3/07/2020

A Concellería de Cultura aposta por encher este verán de música feita en Redondela. Grupos como Tanto nos ten, Tresporcatro, Airiños do Mar de Teis, Airiños da Peneda, Tanxarina, Carballo das Cen polas, Sheyla Patricia, As Efémeras... e outros moitos forman parte dunha programación que arranca o sábado 11 na Alameda Castelao cun concerto da Xingros Big Band do Conservatorio e que inclúe tamén os "vermuts culturais" os sábados de agosto ás 12:30 horas. Unha das grandes citas será o Día de Galicia con Guadi Galego no Campo da Feira. Actuacións de balde marcadas polas medidas sanitarias que impón esta nova normalidade.


Cultura • 3/07/2020

Colectivos veciñais e sociais de Redondela xa tiñan manifestado a súa negativa a que este elemento do patrimonio industrial de Rande fora derrubado. Unha proposta defendida dende a Autoridade portuaria de Vigo, alegando o seu estado ruinoso, e que se topou de fronte coa Asociación ARPE que segue sumando apoios para defender este ben patrimonial. Entre os máis destacados polo seu peso no que atinxe ao patrimonio cultural estaría o Museo do Pobo Galego, a Real Academia das Belas Artes de Galicia e a Universidade de Santiago. Contan tamén co apoio do Consello da Cultura Galega.


Sociedade • 3/07/2020

Cristina e Francisco realizaron unha pequena cerimonia no interior do consistorio, un acto sinxelo que tiñan previsto celebrar xunto con outros 160 convidados na xornada de mañá, celebración que decidiron pospoñer ao ano que vén ante a incerteza sobre a posibilidade ou non de poder realizar un convite e unha festa tal e como tiñan organizado.


Deporte • 3/07/2020

O xogador chega procedente do AD Limianos, equipo portugués da División Districtal. No equipo xuvenil tamén se incorpora Miguel Román, procedente do Rápido de Bouzas, quen chega a Redondela con gañas de facer un bo curso ligueiro no que será a súa primeira experiencia en División de Honra.


Sociedade • 2/07/2020

A plataforma de Centros de Día confirmou a decisión da Consellería de Política Social logo dunha reunión mantida na mañá de hoxe. O goberno galego da así marcha atrás logo de acordar inicialmente non abrir este tipo de centros ata o mes de setembro. A apertura será gradual, garantido en todo momento a aplicación dun protocolo de actuación que busca garantir a seguridade de usuarios e traballadores tanto no transporte como nos centros e nas actividades.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mai 2020 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Próximos Eventos...
Xoves, 9 de Xullo de 2020 - 12:00
Campamento de conciliación
O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para participar no programa municipal de conciliación no mes de xullo, orientado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do xoves
Luns, 31 de Agosto de 2020 - 09:30
Tai chi en Redondela e Chapela
Dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto todos os que se acheguen á Alameda de Redondela os martes e xoves e ao xardín do Multiusos de Chapela os luns e mércores en horario de 09.30 a 10.30h poderán aprender de balde esta practica milenaria.
Hoxe na Radio