www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 29 de Marzo de 2020


Institucional • 28/03/2020

O estado de alarma pecha tamén os cemiterios. Así o vén de acordar o concello de Redondela atendendo ás instrucción emitidas polas autoridades. Establecécese así o peche do camposanto de Mañó mentres continúe o estado de alarma e suspéndense as ceremonias relixiosas ou laicas ata superar a crise sanitaria. Nos enterros ou incineracións as comitivas non poderán superar as 20 persoas. Unhas medidas que buscan na medida do posible evitar a propagación do COVID-19.


Sociedade • 28/03/2020

As oito da tarde, como todos os días dende que arrancara o confinamento, os redondeláns asómanse a fiestras e balcóns para aplaudir aos sanitarios. A estas persoas sumábanse habitualmente os sonidos das sireas de Policía Local e servizos de emerxencias. Un percorrido que hoxe eses vehículos fixeron en silencio para render unha pequena homenaxe a José Manuel Montáns, primeira vítima do coronavirus en Redondela e policía local retirado.


Sucesos • 27/03/2020

Un veciño de Cesantes e policía local retirado vén de converterse na primeira vítima mortal do coronavirus en Redondela. O propio corpo policial lamentaba a triste noticia a través do seu facebook, onde comunicaba as "malas noticias" e trasladaba as súas condolencias a familia. O falecido é un home de máis de 70 anos e que presentaba patoloxías previas.


Sociedade • 27/03/2020

Os maiores son os grandes damnificados nesta pandemia. Por unha banda porque son os máis vulnerables ante un coronavirus que se está a cebar coa poboación de maior idade, e por outra banda, porque son moitos os que teñen que pasar o confinamento pechados na soidade dos seus fogares. É o caso de Angela Ballesteros. Esta veciña da parroquia de Chapela supera os 90 anos e, malia ter pasado por unha guerra, asegura que "esta situación está a ser a peor da miña vida, porque a estou pasando soa".


Cultura • 27/03/2020

A crise do coronavirus obrigaba a dirección do Festival Internacional de Títeres de Redondela a buscar novas datas para a súa celebración. A decisión de programalo entre o 1 e o 6 de setembro responde a diversos condicionantes: dar tempo a recuperarnos das crise sanitaria e facelo coincidir con outro festival de referencia, o de Segovia, localidade coa que se coordinan as compañías internacionais. Con todo, houbo que sacrificar a edición escolar.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Domingo, 12 de Abril de 2020 - 12:00
Doazón de sangue
Desde o luns 23 todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao ttf gratuíto 900 100 828, xa que se comezara a doar sangue mediante o sistema de CITA PREVIA para facilitar o acceso dos doantes e respectar as medidas de confinamento.
Hoxe na Radio