Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Resultados da busqueda:

Literatura nas ondas: Margarito Dela Guetto 2008-2022

Rubén Romero, editor xefe de Fosfatina, achégase aos nosos micrófonos para falar sobre o seu último lanzamento, un libro de fotografías polaroid do artista mallorquí Margarito de la Guetto. En palabras do autor: «Una pequeña muestra de más de 10 años de recorrido, experiencias, anécdotas y vivencias. Un diario de vida formado por imágenes instantáneas». Unha exhaustiva selección de máis de 300 obras desde 2008 ata a actualidade. Onde conseguir o libro: https://editorialelvira.com/product/margaritodelaguetto/ Editorial Fosfatina Instagram Margarito: @margaritodelaguetto

Ler máis »

Literatura nas ondas: Anguria, de Carolina Sertal

O espazo semanal de literatura lévanos a conversar hoxe con Carolina Sertal Souto (Redondela, 1989). Xornalista de profesión, pintora e escritora por paixón e necesidade, ademais de activista feminista por convicción. Así é como ela mesma se define. Escoita a entrevista completa.

Ler máis »

Literatura nas ondas: Leon Tolstói por Katia Guschina

“100 razones por las que lloró Tolstói” de Katia Guschina, outro xeito de achegarnos ao autor de Guerra y paz e Ana Karénina e outros clásicos da literatura universal. Un libro diferente dos que nos fala Mª Elena Becerra dende as Bibliotecas de Redondela.

Ler máis »

Literatura nas ondas: Novidades para o verán

Mª José Villar dende a Biblioteca de Chapela recoméndanos varios libros recén chegados, novidade que están cargadas de romance, misterio e viaxes, pero todos eles con sabor a verán. “El verano que nos queda” de Giulia Baldeli, “Los buscadores de Loto” de Charmian Clift, “Un misterio en Aber Wrac’h” de Jean-Luc Bannalec, “Cuando nadie te ve” de José Ignacio Valenzuela e “De bestias y aves” de Pilar Adón, son as cinco propostas que nos deixa no espazo #literaturanasondas.

Ler máis »

Literatura nas ondas: Horizontes perdidos

Mª Elena Becerra achéganos a un clásico imprescindible das historias de aventuras e a orixe dun dos lugares máis fascinantes da literatura, un lugar utópico e paradisíaco no Himalaya. Shangri-La. Horizontes perdidos é unha novela escrita por James Hilton e publicada en 1933 que ven de ser reeditada por Trotalibros.

Ler máis »

Literatura nas ondas: Novela e manga para arrancar o verán

Mª Elena Becerra achéganos dúas propostas: “Las dos vidas de Mina Índigo” de Alaitz Leceaga, unha novela protagonizada pola médium máis solicitada de Barcelona e a serie de manga “El castillo a través del espejo” con guión de Mizuki Tsujimura e debuxos de Tomoa Taketomi. Dúas propostas que podemos atopar nas Bibliotecas de Redondela

Ler máis »

Literatura nas ondas: Viaxando cos libros

“Gozo” de Azahara Alonso, “Documento 1” de Francois Balis e “Los días perfectos” de Jacobo Bergareche son as tres propostas que nos deixa Mª José Villar dende a Biblioteca de Chapela. Tres títulos que nos convidan a viaxar de xeito ben diferentes.

Ler máis »