www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Xullo de 2019

A Estación


Magazine diario que chega ós oíntes todos os días de luns a venres en horario de 11:00 horas a 13:00 horas da mañá e que se reemite en horario nocturno, dende as 24:00 as 02:00 horas.

 

Programa de temática variada, con contidos basicamente informativos, está centrado na actualidade de Redondela e a súa contorna máis inmediata (referencias á comarca que engloba tamén os concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos).

Nas súas dúas horas de duración diarias preténdese dar cabida a todos os sectores da sociedade, dende colectivos sociais e veciñais, culturais ou políticos.

 

 

No programa sempre se dedica unha parte importante do mesmo ás noticias locais e comarcais, con cortes de voz dos protagonistas das mencionadas noticias, con referencias tamén a toda a actualidade de Galicia, e a aqueles apuntes máis destacados da crónica estatal e internacional. Dedicamos ademais un espazo específico á actualidade deportiva no que se fai un seguimento sobre todo dos equipos locais (os venres adiantando os partidos do fin de semana e os luns recollendo a crónica do que foron os encontro e os seus resultados). Botamos unha ollada tamén a actualidade do Celta por tratarse dun equipo con moitos afeccionados no ámbito local.

 

Como radio de servizos que é non deixamos de lado outras referencias que interesan como a predicción meteorolóxica e outras seccións de interese, como os números premiados nos sorteos da lotería, ONCE, Primitiva. 

 

Unha parte importante do programa céntrase en dar cabida aos protagonistas da información que de xeito diario se achegan aos micrófonos da Radio Municipal para falarnos das súas preocupacións, iniciativas ou denuncias. Amais das entrevistas de actualidade, inserimos ademais outras seccións como:

 

Axenda cultural, onde facemos un percorrido diario por todas as convocatorias para o tempo de ocio en Redondela e comarca (concertos, exposicións, cursos, conferencias, teatro, cine...). Un espacio que remata sempre cunha proposta musical e que serve tamén para dar cabida a grupos que non sempre a teñen no panorama radiofónico.

 

Receitas de Cociña: Martes e xoves facemos un pequeno oco no programa para achegarnos aos fogóns. Receitas que os oíntes poden trasladar á súa mesa e que adoitan seleccionar para que estean ao alcance de grandes cociñeiros pero tamén daqueles que comezan e que se achegan por primeira vez á cociña.


Cine: aproveitando o cambio de carteleira, todos os venres facemos un reparos ás novas estreas cinematográficas: sinopse argumental, críticas, referencias a directores e actores e trailers.

 

A Estación inclúe tamén espazos que se realizan gracias á incansable colaboración de Mª Elena Becerra, Eva G. Rei, Manuel Alvarez Moreira, Rosana Prieto ou Rosana Alonso. Eles son os encargados de preparar e dirixir as diversas sección que non acompañan ao longo da semana e que abordan temas de diferente índole


"10 anos atrás". Lorena Otero é a encargada de mergullarse semanalmente nos xornais e botar unha ollada ás informacións que eran noticia precisamente 10 anos atrás. Lembramos aqueles feitos que hai unha década copaban as páxinas dos xornais centrándonos principalmente nas novas que tiñan como epicentro a nosa comarca. Unha lembranza tamén sonora xa que nos detemos na música que máis se escoitaba no momento nas radios ou pistas de baile.

 

Literatura: Os membros do club de lectura da Biblioteca Municipal Valle Inclán de Redondela e a Axencia de Chapela pasan semanalmente polos micrófonos da radio. Os rapaces e rapazas que forman parte do club recomendan os seus libros preferidos, analizan as últimas lecturas e critican obra orientadas normalmente a un público infantil e xuvenil

Para o público adulto é a responsable da biblioteca, María Elena Becerra, e María José Villar da axencia de lectura de Chapela son as encargada de deixarnos sempre propostas interesantes para os que queiran achegarse a algunha obra literaria.  


Outro mundo é posible: a ecoloxía, sustentabilidade e solidariedade son os tres piares deste espazo que conta cada semana cun convidado para abordar temas de actualidade que pretenden crear un mundo mellor. Unha sección na que facemos referencia a propostas solidarias, iniciativas respectuosas co medio ambiente, alternativas que buscan o desenvolvemento sustentable ben partan de entidades públicas ou privadas.


"Cousas de Hoxe", un achegamento didáctico ademais de divertido ás efemérides máis salientables de cada semana. Deportes, cultura, sociedade, moda, todo ten cabida neste espazo por onde pasaron temas tales como os chupa-chups, o primeiro bebé probeta, a cámara kodak, o día de Yuri ou o día internacional do water.... 

O encargado de sorprendernos semanalmente con todas estas propostas é Manuel Álvarez Moreira. A través da liña telefónica as súas palabras son quen de levarnos ao pasado ou de facernos rememorar citas e feitos xa esquecidos.

 

"Colleita propia" con Eva G. Rei

Esta nova sección, COLLEITA PROPIA, quere ser un achegamento á cultura e a todas as manifestacións que teñen que ver coa creatividade, as tradicións e a vida colectiva do noso pobo.

 Tal e como a define o dicionario, a colleita é o conxunto de froitos que dá a terra e se recollen nunha época concreta do ano; pero tamén o produto do traballo ou da imaxinación. No noso caso a colleita vai ser semanal e vai incluír, alén da produción colectiva da nosa terra, diferentes manifestacións culturais doutros pobos que poidan ser de interese. O obxectivo é recuperar e coñecer o que temos de noso, pero tamén aprender a apreciar o que nos chega do arredor pero dun xeito selectivo, pouco globalizado e sen mandados externos nin comerciais.

 “Colleita propia” quere ser unha fiestra aberta á creatividade colectiva, na que terán o seu lugar as tradicións, as lendas, o folclore, a música e todas a manifestacións culturais que se afasten dos produtos de consumo de masas. A nosa colleita será propia, ecolóxica e sen aditivos.

 

Temas inmobiliarios e financeiros. Durante os últimos anos Rosana Prieto ten sido a nosa asesora incansable, achegándonos respostas, consellos, suxestións e análise en temas económicos. Todas as cuestións que afectan directa ou indirectamente aos nosos petos teñen cabida nesta sección na que se fala da construción ou de cuestións financeiras deixando de lado a macroeconomía e centrándonos nas repercusións das políticas económicas na economía dos oíntes.

Un espacio que ten incrementado o seu interese na actual coxuntura de crise económica. Téñense abordado nesta seccións temas relacionados coa:

Construción: políticas de proteccións do litoral, desenvolvemento do PXOM, vivenda libre e de protección oficial 

Entidades financeiras (cambios nos tipos de xuro, formalización de hipotecas, préstamos persoais)

Medidas políticas: moratoria para a conta vivenda, axudas para a adquisición de vivenda, bolsa de alugueiro.


O programa é conducido por Mª Jesús Queimaliños Casás, quen se encarga de conducir as dúas horas de emisión en directo, elabora a información local e se responsabiliza da procura e realización de entrevistas a distintos personaxes da actualidade.

Ana Prieto é a responsable da información xeral mentres que Lorena Otero se encarga do informativo da tarde ademais de ser a encargada de conducir diversas seccións como os espazos "10 anos atrás" e "Outro mundo posible"

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Audios deste programa

A Estación

A Estación 15/07

15/07/2019

A Estación 12/07

12/07/2019

A Estación 11/07

11/07/2019

A Estación 10/07

10/07/2019

A Estación 09/07

09/07/2019

A Estación 08/07

08/07/2019

A Estación 05/07

05/07/2019

A Estación 04/07

04/07/2019

A Estación 03/07

03/07/2019

A Estación 02/07

02/07/2019

A Estación 01/07

01/07/2019

A Estación 28/06

28/06/2019

A Estación 27/06

27/06/2019

A Estación 26/06

26/06/2019

A Estación 25/06

25/06/2019

Café XIX

Café XIX: Rosalía 2

Rosalía de Castro ben merece dous programas. Un repaso a súa obra con Xurxo Martínez

Café XIX: Rosalía I

Xurxo Martínez achéganos a literatura do século XIX. Nesta ocasión coa grande escritora galega Rosalía de Castro

Literatura 03/01

Xurxo Martínez achéganos a literatura do século XIX. Nesta ocasión viaxamos ata Rusia para afonrdar na figura de Fiódor Dostoyevski

Colleita propia

Colleita propia 27/03

Recursos do mar

Colleita propia 13/03

Os nosos instrumentos e a nosa música

Colleita propia 6/03

Co gallo do 8 de marzo falamos de mulleres galegas senlleiras

Colleita propia 27/02

As mulleres de Saxamonde

Colleita propia 20/02

Infraestruturas relacionadas co mar

Colleita propia 6/02

As pontes como lazos de unión

Colleita propia 30/01

San Brais

Colleita propia 23/01

O castro de Negros

Colleita propia 16/01

A bruxa do Monte da Peneda

Cousas de hoxe

Cousas de hoxe 17/07

Viaxaos ata a lúa con manuel Álvarez cando se cumpren 50 anos da chegada do home ao noso satélite

Cousas de hoxe 8/07

Celebramos o Día Mundial do OVNI falando con Manuel Alvarez dos obxectos voadores non identificados

Cousas de hoxe

10 anos sen Michael Jackson

Cousas de hoxe 12/06

Ana Frank a testemuña do holocausto nazi que tería cumprido 90 anos

Cousas de hoxe

No Día da Hamburguesa lembramos como e onde naceu este prato

Cousas de hoxe 22/05

A Raiña Victoria unha das monarcas máis lonxevas no trono. Fálanos dela Manuel Álvarez

Cousas de hoxe 10/04

Matrix 20 anos

Cousas de hoxe 27/03

Fálanos Manuel Alvarez dun costume xaponés a contemplación e celebración do Hannami

Cousas de hoxe: Día da Felicidade

Manuel Álvarez fálanos dunha celebración: a do día da Felicidade

Cousas de hoxe: Gila

Miguel Gila cumpriría nesta semana 100 anos un aniversario que lembramos con Manuel Alvarez Moreira

Cousas de hoxe 6/03

20 anos sen Stanley Kubrick. Un xenio detrás da cámara do que nos fala Manuel Álvarez

Cousas de hoxe 27/02

10 anos do nacemento do wassap. Celebrámolos con Manuel Álvarez

Cousas de hoxe 20/02

Manuel Alvarez fálanos dun día descoñecido: o día de fumar en pipa

Cousas de hoxe: Alexander Selkirk

Manuel Alvarez fálanos do verdadeiro Robinson Crusoe: Alexander Selkirk

Cousas de hoxe: quebracabezas

Celebramos con Manuel Alvarez o Día internacional dos quebracabezas

De dentro a fóra

De dentro a fóra 12/07

Que facer cando comezamos a perder a memoria? Ana Tierra fala coa responsable de Saraiva Unidade de Memoria

De dentro a fóra 05/07

Coñecemos as terapia caninas. Ana Tierra fala con Julia Correa de Yaracan

De dentro a fóra 28/06

A vida con Esclerose Múltiple mellor en positivo. Ana Tierra fala con xornalista Jacobo Caruncho

De dentro a fóra 21/06

A revolución da lonxevidade. Ana Tierra fala coa fundadora de Saravia Senior un xeito innovador de entender os centros de día

De dentro a fóra 14/06

Descubrimos no Día das Linguas de Signos o proxecto conxunto de XOGA e Discamino. Ana Tierra fala con María Jesús Monterde e Javier Pitillas

De dentro a fóra 07/06

Recuperar a participación cidadá un piar básico da sociedade. Ana Tierra fala coa pedagoga María Louro Justo

De dentro a fóra 31/05

Os pacientes tamén poden mellorar a calidade asistencial a través do Consello Asesor do Paciente. Ana Tierra fala coa doutora Estrella López

De dentro a fóra 24/05

Máis de 150 patoloxías diferentes e 60.000 familias afectadas. Coñecemos as enfermidades neuromuscular co presidente de ASEM Galicia Manuel Rego

De dentro a fóra 10/05

Derrubamos falsos mitos sobre o dano cerebral co xerente de Alento Gonzalo Mira

De dentro a fóra 26/04

A cultura e a educación van da man en Afundación. Obra Social ABANCA. Ana Tierra fala coa coordinadora de cultura Mª Teresa Cores

De dentro a fóra 12/04

Nunca é tarde para aprender. Así nolo demostran Antía Martínez e Alberto Fernández que imparten clases de informática a maiores. Con eles fala Ana Tierra

De dentro a fóra 5/04

Coñecemos o método educativo EBI que personaliza o ensino na procura de mellores resultados

De dentro a fóra 29/03

Facer o Camiño de Santiago máis accesible ás persoas con diversidade funcional é o obxectivo de Discamino. Un proxecto que lidera Javier Pitillas e que presenta da man de Ana Tierra

De dentro a fóra 22/03

Ana Tierra mergúllanos no mundo da arte urbana do street art xunto á artista Lula Goce

De dentro a fóra 15/03

A diversidade centra o programa de hoxe no que Ana Tierra fala co profesor Ignacio Calderón sobre o seu último libro

Economía e finanzas

Economía e finanzas 11.12.14

Rosana Prieto advírtenos dos perigos dos créditos rápidos con tipos de xuro que superan o 20%.

Economía e finanzas 04.12.14

O paro sobe en Galicia no mes de novembro mentres baixa no resto do Estado. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 27.11.14

Case 9.8 millóns de traballadores españois son mileuristas. Máis de 5.7 millóns de asalariados percibiron en 2013 menos de 10.000 euros brutos ao ano.

Economía e finanzas 20.11.14

Os empresarios piden outros dous anos de subas salariais inferiores ao 06%. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 13.11.14

A Comisión Europea di que o axuste salarial en España foi lento ineficiente e inxusto. Analizamos a información con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 06.11.14

O paro repunta no mes de outubro. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 23.10.14

Galicia xera emprego neto por vez primeira en cinco anos. Analizamos os datos da EPA con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 16.10.14

Facenda quere imputar un delito fiscal de 3 millóns de euros a Blesa e Rato.

Economía e finanzas 09.10.14

O xuiz imputa a Rato e Blesa polas tarxetas opacas de Caja Madrid. Analizamos o caso con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 02.10.14

Sobe o paro en setembro aínda que as cifras son mellores que hai un ano. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 25.09.14

Analizamos con Rosana Prieto os datos do Banco de España que falan dunha relentización da recuperación económica.

Economía e finanzas 18.09.14

O INE confirma que os galegos traballan máis que o resto dos españois pero cobran menos. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 11.09.14

Ana Patricia Botín asume o mando no Banco Santander tras o falecemento do seu pai Emilio Botín. Analizamos con Rosana Prieto esta remuda no maior banco de España e da Unión Europea.

Economía e finanzas 04.09.14

A OCDE advirte que o paro non baixará do 24% no ano 2015. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Rosana Prieto 31/07

Rosana Priemrot despídese antes das vacaións cunha análise xeral do estado de saúde da nosa economía

En clave galega

Miguel Anxo Prado

María Bragado conversa co autor Miguel Anxo Prado.

Manuel Jabois

María Bragado conversa con Manuel Jabois sobre o seu libro \"Irse a Madrid\".

Antonio García Teijeiro

García Teijeiro fálanos da súa obra \"Recendos de aire sonoro\".

Iolanda Zúñiga

María Bragado conversa coa escritora Iolanda Zúñiga sobre a súa obra \"Periferia\".

Francisco Castro

María Bragado conversa con Francisco Castro sobre a súa última obra \"In vino veritas\"

Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz conversa con María Bragado sobre a súa obra \"Non hai noite tan longa\"

Yolanda Castaño

Yolanda Castaño falamos do seu libro \"Cociñando ao pé da letra\"

Marcos Calveiro

O autor de \"Lois Pereiro náufrago do paraíso\" coménanos os seus proxectos pasados e futuros

Elena Gallego

Elena Gallego conversa con María Bragado sobre a súa última obra

Os resentidos

Xandre Vázquez entrevista a Antón Reixa

A Quenlla

En clave galega

Saraibas

A música de sempre no programa que conduce Xandre Vázquez

Fuxan os ventos

A mítica formación galega chega ao espazo que conduce Xandre Vázquez

Suso Vaamonde

Xandre Vázquez rememora a figura e a obra do cantautor

Miro Casabella

O cantautor Miro Casabella é o protagonista da entrevista que conduce Xandre Vázquez

Entrevistas

Xurxo Constela ARPE

Rande batalla polo seu patrimonio

David Estévez Sonoaire

O Sonoaire encherá de música as prazas de Redondela

Jorge Rodríguez presidente do C.C.D. Cesantes

A temporada de traíñas da Liga Galega "B" estréase en Cesantes

Olga García da directiva do BM Chapela

"Temos que traballar moi duro para levantar de novo o Balonmán Chapela"

Noé Cano AER

Boa sintonía entre PSOE e AER na primeira reunión para formar goberno

Eleccións 26M Soutomaior: PP

Agustín Reguera: "Algo debemos estar facendo ben cando logramos un sétimo mandato"

Eleccións 26M Soutomaior: BNG

Manu Lourenzo: "Soutomaior votou cambio mais a carambola electoral permite gobernar ao PP"

Fran Amoedo adestrador do Pazos F.S.

O Pazos de Borbén F.S. xógase a liga e o ascenso na casa "nunha final" ante o Ribeira F.S.

Eleccións 26M: BNG

Xoán Carlos González: "Non hai maioría do PP e iso débese expresar nun goberno alternativo"

Eleccións 26M: AER

Susana Couñago: "Mantemos o compromiso de facilitar un goberno alternativo ao PP"

Eleccións 26M: PSOE

Digna Rivas: "Ábrese unha nova etapa que debe estar marcada pola cautela"

Eleccións 26M: PP

Javier Bas: "Logramos o noso obxectivo que era manter os nove concelleiros"

Debate eleccións 26M

Os candidatos á alcaldía de Redondela confrontarán as súas propostas electorais

Valeria Guglietti titiriteira

Espectáculos itinerantes concertos e actuacións nocturnas para gozar dos títeres

Inés Pasic titiriteira e actriz

As imaxes corporais de Inés Pasic dan inicio ás representacións de sala do Festival de Títeres

Finais de cine

Memorias de África

Despedimos agosto con Robert Redford e Meryl Streep

Casablanca

Este é o inicio dunha gran amizade

Dos hombres y un destino

Inesquecible o final de Robert Redford e Paul Newman nesta longameraxe

El príncipe de las mareas

Lowenstein Lowenstein...

Blade runner 24/08

Os replicantes marcaron todo un fito na ciencia ficción

El club de los poetas muertos

Oh capián mi capitán...

Love Story

Unha romántica e tráxica historia sen final feliz

La vita è bella

Benigni sorpende cun final esperanzador nunha película sobre o holocausto

Telma y Louise

Unha comedia dramática que cumpre 20 anos

Los pájaros

O terros e o suspense están presentes nesta cinta de Alfred Hitchcock

Amanece que no es poco

O surreralismo é protagonista nesta cinta de culto

Con faldas y a lo loco

Billy Wilder sorpende co seu final

American Beauty

Un monólogo demoledor

Ciudadano Kane

Que é Rosebud?

E.T.

Elliot e E.T. deixannos un dos finais máis emotivos da hisoria do cine

Galicia Sensacións Turísticas

Galicia Sensacións Turísticas 27.06.19

Hoxe viaxamos á cidade da Coruña co gallo da celebración do 10º aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.

Galicia Sensacións Turísticas 13.06.19

Esta fin de semana celébrase o Arde Lucus. A cidade romana de Lugo acolle un gran festa de recreación histórica na que se agardan 600.000 visitantes.

Galicia Sensacións Turísticas 06.06.19

As rutas dos viños de Galicia chegan á súa VIII edición coas xornadas de portas abertas na Ribeira Sacra Monterrei e Valdeorras do 14 ao 16 de xuño.

Galicia Sensacións Turísticas 23.05.19

Hoxe achegámonos a Allariz para coñecer o seu X Festival Internacional de Xardíns. Belén Carballo fálanos desta interesante proposta para toda a familia.

Galicia Sensacións Turísticas 16.05.19

Hoxe visitamos Cotobade localidade natal de Antonio Fraguas o homenaxeado das Letras Galegas deste ano. Cotobade conta cun importante conxunto de petróglifos e patrimonio arquitectónico como os hórreos da Eira Grande.

Galicia Sensacións Turísticas 09.05.19

Hoxe achegámonos ao patrimonio industrial da Ribeira Sacra cunha interesante visita ás "telleiras". Facémolo da man de Lucas Vázquez da asociación cultural Segredos de Pantón.

Galicia Sensacións Turísticas 02.05.19

Coñecemos un tesouro do románico: o mosteiro de San Salvador de Ferreira. Tamén as ribeiras do río Cabe e o seus bancais de viñedos.

Galicia Sensacións Turísticas 11.04.19

Esta fin de semana celébrase a XXXIX Feira do Viño de Amandi en Sober. Unha excelente ocasión para visitar a Ribeira Sacra e coñecer as terras de Lemos e as ribeiras do río Cabe.

Galicia Sensacións Turísticas 04.04.19

Rosana Prieto lévanos a coñecer Amandi unha parroquia de Sober e subzona vitivinícola da Ribeira Sacra. Visitamos varios miradoiros e o santuario de Nosa Señora das Cadeiras.

Galicia Sensacións Turísticas 28.03.19

Na ruta polo xeodestino da Ribeira Sacra chegamos a Doade no municipio de Sober. A viticultura e a oleiría de Gundivós son algúns dos seus atractivos.

Galicia Sensacións Turísticas 21/03/2019

Hoxe coñecemos a xoia de Monforte de Lemos: o mosteiro de San vicente do Pino cun impresionante claustro hoxe reconvertido en Parador Nacional.

Galicia Sensacións Turísticas 14.03.19

O xeodestino Ribeira Sacra segue a sorprendernos. Hoxe chegamos á vila que exerce da súa capital: Monforte de Lemos.

Galicia Sensacións Turísticas 14.03.19

O xeodestino Ribeira Sacra segue a sorprendernos. Hoxe chegamos á vila que exerce da súa capital: Monforte de Lemos.

Galicia Sensacións Turísticas 07.03.19

No corazón da Ribeira Sacra coñecemos na Teixedira o Camiño do Porto da man de Rosana Prieto.

Galicia Sensacións Turísticas 28.02.19

Seguimos o percorrido pola Ribeira Sacra do lado ourensán na Teixeira. Visitamos impresionantes mirandoiros fermosas rutas de sendeirismo e adegas.

Literatura

Literatura 4/07

Mª Elena Becerra proponos tres lecturas diversas: Percy Jackson y los Dioses Griegos Reino defieras de Gin Philips e a novela Un invitado inesperado de Shari lapena

Literatura 27/06

Mª Elena Becerra deixanos dúas recomendacións: Mala estrella de Bárbara baldi e El zoo de Jaimede Jaime Martínez Alonso

Literatura 6/06

"El Sonido Disney. En busca de la canción perfecta" e a edición en galego do "Señor dos Aneis" son as propostas que nos fai Mª Elena Becerra

Literatura 30/05

Terro de Ferdinand Von Schirach e La bruja novata da Mary Norton dúas propostas diversas para despedir maio a cargo de Mª Elena Becerrra

Literatura 22/05

Sed de Neal e Jarrod Shusterman e Rigo e Roque de Lorenz Pauli e Kathrin Schärer son as propostas de Mª Elena Becerra

Literatura 9/05

Tenemos que hablar de Kevin e La Reina Fiel dúas propostas de Mª Elena Becerra

Literatura 2/05

Todo un verano sin facebook de Romai Puértolas e Asesinato es la palabra de Anthony Horowith dúas propostas literarias da man de Mª Elena Becerra

Literatura 11/04

Los asquerosos de Santiago Lorenzo e Una canción desde muy lejos de A.F Harrold son as propostas de Mª Elena becerra

Literatura 4/04

Sakura de Matilde Asensi e Todo lo que sucedió con Miranda Huff de Javier Castillo dúas propostas das que nos fala Mª Elena Becerra

Literatura 14/03

Mª Elena Becerra fálanos da Revista Menta. El arte de vivir con calma e dun libro xuvenil de toda a vida Lo que hizo Kati de Susan Coolidge

Literatura 7/03

Dúas escritoras protagonizan hoxe o espazo que conduce Mª Elena Becerra: Jennifer Egan con Manhattan Beach e Sonia MIrón con Mi Corazón en una caja de zapatos

Literatura 28/02

Javier Arca con El Panteón de los malditos e Christophe Carlier con Saludos nada cordiales son as dúas propostas de Mª Elena Becerra

Literatura 14/02

Mª Elena Becerra déixanos propostas para grandes e pequenos: a novela histórica "Múnich" e "248 funerales y un perro extraordinario"

Literatura 7/02

Tres propostas nos deixa Mª Elena Becerra: "Suite Scarlett" "El libro de las cosas perdidas" e "Érase una vez un bosque mágico"

Literatura 24/01

Nesta ocasión Mª Elena Becerra achéganos ao mundos das revistas: Archiletras e Kidsmusic

O fol da lingua

O fol da lingua 02/01/2016

Un século do coro Cántigas da Terra

O fol da lingua 26/12

Expresións propias do Nadal

O fol da lingua 19/12

O Nadal

O fol da lingua 12/12

Melloramos o noso galego

O fol da lingua 5/12

"Mannequin Challenge"

O fol da lingua 28/11

A emigración en Galicia: A historia galega de Fidel Castro

O fol da lingua 21/11

Léxico relacionado co día

O fol da lingua 14/11

A Superlúa de novembro

O fol da lingua 7/11

Día da ciencia en galego

O fol da lingua 31/10

Magostos e castañas

O fol da lingua 24/10

O Samaín

O fol da lingua 17/10

As palabras da TV

O fol da lingua 10/10

Frases feitas en galego

O fol da lingua 03/10

Día Europeo das Linguas

O fol da lingua 19/09

Palabras que teñen a súa orixe en nomes propios

Outro mundo é posible

Vacacións en Paz

Até o mes de setembro 330 nenos saharauís estarán na nosa Comunidade. Afastarse das privacións dos campos de refuxiados e dos 50 grados son dous dos obxectivos deste programa

Redeiras e dereitos básicos

Veñen de recibir a Medalla Castelao e lembran que son moitos os dereitos dos que caren no seu traballo. Piden recoñecemento de enfermidades e adianto xubilación

Ruraltivity

Un programa da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais que promove o emprendemento en feminino

Día Orgullo LGBTIQ

Nós Mesmas organiza un mes de actividades para conmemorar este día. Nun ano no que se cumpre medio século de loita

Permacultura

Falamos co redondelán Alexandre Grande que vén de publicar o primeiro libro de permacultura en galego

II Marcha Contra o Cancro

Visibilizar esta enfermidade e recadar fondos é o obxectivo desta actividade organizada pola AECC de Redondela.

II Deseucaliptización simultánea

O 8 de xuño o colectivo "Cousas de Raíces" organiza en toda Galicia unha segunda xornada simultánea para eliminar as especies invasoras dos nosos montes

Poesía visual

O proxecto "Caligrama 2000" tenta achegar o mundo da poesía visual aos máis pequenos. Un proxecto que lidera o poeta e pedagogo David Fernández

Propostas ambientais

De cara ao 26M as asociacións ecoloxistas fan as súas propostas ambientais que consideran prioritarias para a próxima lexislatura. Falamos con "Amigos da Terra"

Asociación Treze Catorze

Dinámicos e orixinais nos seus proxectos de recuperación do medio ambiente e dinamización do rural esta asociación de Salceda celebra o Día da Natureza. Xornada na que presentarán algúns dos seus proxectos.

Turismo mariñeiro

Nace en Cesantes Amarturmar unha asociación que promove o turismo sostible mariñeiro

O perigo das apostas on-line

A accesibilidade anonimato a publicidade agresiva son algúns dos atractivos deste tipo de apostas que están a provocar un incremento notable dos adictos. Falamos coa Asociación Galega de Xogadores Anónimos

Lindano

Novas verteduras de lindano e a falta de posta en marcha do plan de descontaminación anunciado en 2017 levou aos afectados até o Parlamento de Galicia

Alimentación e saúde

Falamos de falsos mitos na alimentación e na importancia dunha dieta saudable para o noso benestar coa dietista Lola Poza

É tempo de loitar contra a velutina

Chegou a primavera momento para loitar contra a propagación da vespa asiática. Dende AGA denuncian a falta de medios e coordinación.

Redondela alternativa

Redondela alternativa 27/06

Carlos Fernández autor do libro \"50 lugares mágicos de Galicia\"

Redondela alternativa 15/06

Adrián Amoedo entrevista a Belöp

Redondela alternativa 1/06

Programa Clara

Redondela alternativa 18/05

Adrian Amoedo fala cos integrantes do grupo de Soutomaior Güintervan

Redondela alternativa 4/05

Unha páxina de música local: http://sonderedondela.blogspot.com.es/

Redondela alternativa 20/04

Quefacer.com

Redondela alternativa 30/03

Adrian Amoedo fala con Juan Manuel Nogueira do maratón de fubito de Semana Santa

Redondela alternativa 16/03

Tok Nocheni The Silence e Caramuxo Vermello conversan con Adrian Amoedo

Redondela Alternativa 2/03

Adrian Amoedo fala con usuarios do local de Nsaio

Redondela alternativa 17/02

Adrián Amoedo entrevista ao coordinador do programa Búrbida Máxica

Redondela alternativa 3/02

Teñen futuro os video clubs e os cines? Adrian Amoedo achéganos información sore o tema

Redondela alternativa 20/01

Adrian Amoedo fala do uso da bibicleta e entrevista ao ciclista Oscar Pereiro

Redondela alternativa 23/12

Adrian Amoedo fai un percorrido por algúns dos éxitos musicais do 2011

Reportaxes

Eleccións 26M

Os veciños votan os políticos negocian

Seguridade viaria N-550

Peregrinos e veciños reclaman maior seguridade viaria na N-550 na zona do Muro

Seguridade cidadá

Preocupación entre os veciños de Redondela polo aumento dos roubos e a reorganización policial

Pleno 27/09

O Imposto de rodaxe e a retirada dos colectores do lixo durante o día foron dous dos asuntos debatidos no pleno do mes de setembro

Ampliación AP-9

Nove meses de abandono en Chapela e Trasmañó

Camiño de Santiago

Medran os peregrinos do Camiño Portugués e as queixas pola falta de sinalización na ruta da Costa

Consumo alcol menores

Os redondeláns propoñen "máis educación na familia" para evitar o consumo de alcol en menores

Pleno extraordinario 14/05

O Campo do Viso e a rehabilitación da escola de Trasmañó financiaranse con cargo o remanente

En que gastar o remanente do Concello?

Os redondeláns achegan suxerencias para gastar o 16 millóns de remanente do Concello

Pleno 25 abril

O PSOE abandona o pleno tras un tenso arranque pola intervención veciñal a conta do transporte

Seguridade en Chapela

Alarma en Chapela polos roubos e o vandalismo

XXXII Festa da Ostra

Arcade presume de ostras e dos seus produtos de lonxa

Cambios na recollida do lixo

Colectores do lixo con horario limitado

Pleno marzo 2018

O pleno reclama o cese de Teresa París pola súa postura ante as mobilizacións do 8 de Marzo

Liberdade de expresión

A cidadanía denuncia a perda de liberdades

Rumboia

Rumboia Iván Costa

En 2006 edítase o primeiro CD en solitario do gaiteiro Iván Costa co nome de Ávrego. Un traballo que aporta melodías tradicionais e composicións propias nas que o autor é ao tempo intérprete de tódolos instrumentos qu

Rumboia: "Pelepau" 13.11.18

Pelepau nace en Vigo no ano 2010 formado por 12 percusionistas. Interpretan cantigas populares adaptadas para as voces e percusións tradicionais cunha posta en escea dinámica e en constante interacción co público.

Rumboia 30.10.18

30.10.18

Samarúa na Rumboia

"Prólogo" é o primeiro traballo de estudo do grupo folk Samarúas. Unha nova proposta a cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional tendo presente a Costa da Morte as súas xentes.

Treixadura

O espazo da Asociación de Gaiteiros de Galicia fálanos do último traballo de Treixadura.

Carapaus

No espazo de Rumboia hoxe coñecemos o traballo de Carapaus un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela.

Leña verde

Rumboia fala do grupo de música tradicional de Pol.

Susana Seivane

Medrando na familia Seivane e herdando todo o saber do seu avó do seu tío e do seu pai irrompe na música galega Susana Seivane

Ultreia

Colectivo cultural que nace en Compostela a principios do ano 1995 con interese na recuperación da música instrumentos traxes e danzas tradicionais galegas

Leilía

Grupo de cantareiras capaces de colocar a voz feminina no panórama emerxente da música galega nos anos 90

Durindaina

Coñecemos este grupo compostelán que xurdiu en 1984 e gravou un único disco

O Gaiteiro de Sto. Xusto

Neste primeiro programa escoitaremos unha escolma do disco O Gaiteiro de Sto. Xusto. Unha proposta do gaiteiro Bruno Villamor

Os Carunchos

Ao final de 1994 nacen na bisbarra de Vigo coa idea de misturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas

Somos verdes

Somos verdes 8/07

Rosana Alonso fálanos das cremas solares

Somos verdes 2/07

Rosana Alonso fálanos da nova normativa do pan

Somos verdes 24/06

Falamos con Rosana Alonso da campaña contra o uso do glisofato un polémico herbicida que se emprega nas nosas estradas

Somos verdes 10/06

O café a a súa relación coas enfermidades coronarias

Somos verdes 3/06

Tempo de cereixas

Somos verdes

Mitos e realidades en torno aos alimentos 3

Somos verdes

Mitos e realidades en torno aos alimentos 2

Somos verdes 6/05

Beneficios dos alimentos mitos ou verdades

Somos verdes

Como se presenta a primavera para os alérxicos?

Somos verdes 1/04

Como nos afecta o cambio horario? Falamos do tema con Rosana Alonso

Somos verdes: Friday for future

Un novo movemento no que os máis novos reivindican unha maior concienciación contra o cambio climático

Somos verdes. A procesionaria

A praga da procesionaria unha eiruga que aniña nos piñeiros e que pode ter consecuencias graves nos animais. Falamos do tema con Rosana Alonso

Somos verdes 25/02

Rosana Alonso analiza o que pode supoñer a medida da Xunta de que os clientes leven as sobras dos restaurantes

Somos verdes 4/02

Analizamos con Rosana Alonso as variantes en torno ao vexetarianismo e outras dietas

Somos verdes: Acupuntura

Rosana Alonso fálanos dos beneficio dunha técnica milenaria a acupuntura

Son de Redondela

Son de Redondela: Trasnos de Moscoso

Fon Conde fálanos do grupo de rap Os Trasnos de Moscoso.

Son de Redondela: María Fumaça

Fon Conde achéganos á música dunha agrupación moi especial: María Fumaça.

Son de Redondela 15.10.18

Pedro Pérez Vilas é o convidado de hoxe na sección de Fon Conde para falar das próximas actividades que organiza a plataforma Siña PACA. Preparan un magosto para o 10 de novembro.

Son de Redondela 08/10

Seso Durán presenta o seu último disco "Son da memoria"

Son de Redondela 1/10

Música tradicional con Xulio Lorenzo

Son de Redondela 24/09

Pelepau a propasta musical de Fon Conde para pechar o mes de setembro

Son de Redondela 17/09

Tangata e Alberto Vilas

Son de Redondela: Romaría Popular

Fon Conde achéganos o programa da I Romaría Popular de Redondela

Son de Redondela 30/07

Fon Conde pecha a tempada acompañado de Pedro Pérez

Son de Redondela

Calcetín Furado é o grupo protagonista do espazo que conduce Fon Conde

Son de Redondela: Chaleco Reflectante

Fon Conde fálanos da traxectoria do grupo redondelán Chaleco Reflectante.

Son de Redondela: Anaquiños

Fon Conde fálanos desta agrupación de Chapela e do disco editado co gallo do seu 40 aniversario.

Son de Redondela: Anaquiños

Fon Conde fálanos desta agrupación de Chapela e do disco editado co gallo do seu 40 aniversario.

Son de Redondela: Ducho Vidal

Fon Conde achéganos á traxectoria do músico e cantante redondelán Ducho Vidal.

Son de Redondela: Millo Verde

Fon Decon conversa cos organizadores do Festival Millo Verde sobre a programación deste evento na súa XII edición.