Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Resultados da busqueda:

Literatura nas ondas: Annie Ernaux

Mª José Villar dende a Biblioteca de Chapela achéganos á obra de Annie Ernaux, escritora francesa gañadoras do Premio Nobel de Literatura en 2022. Cunha obras maiormente autobiográfica destacan títulos como “El acontecimiento” o “Los armarios vacíos”. Destes e doutros títulos fálamos no espazo Literaturas nas ondas na Radio Municipal de Redondela.

Ler máis »

Literatura nas ondas: Día do Cómic

As bibliotecas celebran o Día do Cómic este 17 de marzo con novas incorporacións do xénero. Mª Elena Becerra fálanos de tres títulos, todos eles adaptacións de novelas anteriores: “Calpurnia” de Daphné Collignon, “Sábanas” de Brenna Thummler e “Cartas de amor de 0 a 10” de Susie Morgenstern e Thomas Baas.

Ler máis »

Literatura nas ondas: Lecturas polo 8M

“Las que faltaban” de Cristina Oñoro, un relato emocionante, profundo e divertido da historia da humanidade en clave feminina é unha das propostas que Mª Elena Becerra nos deixa nunha sección centrada hoxe en recomendacións acaídas polo 8M. Fálanos tamén de “Las mujeres que aman demasiado” de Robin Norwood e “Chicas e instituciones” de Daria Serenko.

Ler máis »

Literatura nas ondas: Ring Shout. Nuestro cántico

Os conflitos bélicos e o terror están presentes pero abordados de xeitos completamente diferentes nas dúas propostas que nos deixa Mª Elena Becerra, un ensaio que leva por título “Zov: El soldado que ha dicho no a la guerra de Ucrania” de Pável Filátiev e unha nova entrega de novela fantástica a cargo de P. Djèlí Clark “Ring shout : nuestro cántico”

Ler máis »

Literatura nas ondas: Saúde mental e autocoidado

As Bibliotecas Municipais veñen de poñer en marcha un centro de interese con libro centrados no autocoidado e a saúde mental. Propostas para todos os públicos e que abarcan diferentes xéneros. Dalgúns dos títulos que podemos atopar neste espazo fálanos Mª José Villar, dende a Biblitoeca Xela Arias de Chapela.

Ler máis »

Literatura nas ondas: Novela negra con Ragnar Jónasson

Mª Elena Becerra fálanos de dúas propostas literarias: “La Dama”, un libro co que Ragnar Jónasson inicia unha seria de novela negra protagonizada pola inspectora Hulda  e “la venganza de los bibliotecarios” tiras cómicas de Tom Gauld.

Ler máis »

Literatura nas ondas: libros e retos

Mª Elena Becerra achéganos dúas propostas “Lúa Nova”, a historia de superación dunha moza invidente narrada por Irene Montero e o título Abby Rose de María O’Donnell. Fálanos tamén do Reto lector para este ano.

Ler máis »