www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019


Institucional • 8/11/2019

O Concello de Soutomaior iniciou o  seu novo programa de educación afectivo-sexual. Unha iniciativa titulada ÍmoloGhozar coa que desde a Concellería de Igualdade se quere fomentar unha correcta educación sexual nos centros de ensino do municipio. O proxecto está dirixido a todo o alumnado desde 4º de primaria a 1º de bacharelato e terá unha duración dun mes.


Cultura • 7/11/2019

A exposición "Criminalización do Pensamento" do Colectivo Republicano seguirá no Multiúsos malia as reiteradas peticións por parte de dous sindicatos policiais (UFP e SUP), ás que se sumou tamén Partido Popular, e que pedían a súa retirada. Así o confirma o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, quen lembra que era obriga do goberno local repoñer esta mostra que fora censurada polo goberno de Javier Bas "dando así cumprimento a un acordo plenario". Defende tamén o seu contido "non son imaxes manipuladas como din os que a critican, son todas elas fotografías que nalgún momento saíron nos medios de comunicación" e nega rotundamente que a mostra "incite ao odio".


Política • 7/11/2019

Os populares buscan a mobilización cidadá. Facían ese chamamento no marco da defensa dunha moción presentada no último pleno municipal na que reclaman a Fomento que cumpra os seus compromisos coa supresión da peaxe e as melloras compensatorias en Chapela. Todos os grupos apoiaron a moción malia lamentar que os populares "cando gobernaron dedicáronse a paralizar as mobilizacións" segundo afirmaba o BNG. Tamén lle recriminaban dende AER que "coas súas políticas conseguiran dividir a parroquia de Chapela" mentres o PSOE aseguraba que "tivo que ser o novo goberno quen tramitara as sinaturas dos veciños en contra da peaxe que o PP deixou nun caixón".


Cultura • 7/11/2019

O espírito do samaín pervive con novas citas de cara a vindeira fin de semana. Neste caso é a Asociación deportiva e cultural de Rande quen convida a grande e cativos a un magosto popular onde non faltarán os obradoiros e as actividades para os máis pequenos cun taller de decoración de cabazas, un concurso de disfraces e un obradoiro de cociña terrorífica.


Cultura • 7/11/2019

O Concello de Redondela, a través do departamento de Normalización Lingüísitica, pon en marcha un proxecto que busca desterrar a idea de que o galego non é un idioma axeitado para impartir materias científicas. Trátase das xornadas "Matemaxia" a cargo do Mago Paco e que van percorrer os colexio de Cedeira, Santa Mariña, Quintela, Porto Cabeiro, Laredo, Colexio Vigo e CEIP Igrexa.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [3] [4] [5] [6] [7]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Nov 2019 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Próximos Eventos...
Venres, 15 de Novembro de 2019 - 12:00
Cursos de memoria
O Concello abre o prazo para se inscribir na actividade de Memoria que se vai desenvolver ata o 30 de xuño e que ten un custe de 32,65€. Unha en Redondela e Chapela. Inscricións ata o 15 de novembro.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia