www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019


Política • 7/11/2019

Os populares buscan a mobilización cidadá. Facían ese chamamento no marco da defensa dunha moción presentada no último pleno municipal na que reclaman a Fomento que cumpra os seus compromisos coa supresión da peaxe e as melloras compensatorias en Chapela. Todos os grupos apoiaron a moción malia lamentar que os populares "cando gobernaron dedicáronse a paralizar as mobilizacións" segundo afirmaba o BNG. Tamén lle recriminaban dende AER que "coas súas políticas conseguiran dividir a parroquia de Chapela" mentres o PSOE aseguraba que "tivo que ser o novo goberno quen tramitara as sinaturas dos veciños en contra da peaxe que o PP deixou nun caixón".


Cultura • 7/11/2019

O espírito do samaín pervive con novas citas de cara a vindeira fin de semana. Neste caso é a Asociación deportiva e cultural de Rande quen convida a grande e cativos a un magosto popular onde non faltarán os obradoiros e as actividades para os máis pequenos cun taller de decoración de cabazas, un concurso de disfraces e un obradoiro de cociña terrorífica.


Cultura • 7/11/2019

O Concello de Redondela, a través do departamento de Normalización Lingüísitica, pon en marcha un proxecto que busca desterrar a idea de que o galego non é un idioma axeitado para impartir materias científicas. Trátase das xornadas "Matemaxia" a cargo do Mago Paco e que van percorrer os colexio de Cedeira, Santa Mariña, Quintela, Porto Cabeiro, Laredo, Colexio Vigo e CEIP Igrexa.


Sociedade • 7/11/2019

Continúa a polémica en torno á exposición Criminalización do Pensamento que ata o 30 deste mes se pode ver no Multiúsos da Xunqueira. Se o martes era o sindicato UFP (Unión Federal da Policía)  e o PP quen pedían que se retirase esa mostra por entender que pode incorrer nun delito de odio, agora é o Sindicato Unificado de Policía (SUP) o que se suma ás voces críticas esixindo tamén a súa retirada. Unha mostra que conta co apoio do goberno local (PSOE-AER) e do BNG, quen amosou explicitamente o seu respaldo ao Colectivo Republicano, organizador da mesma.


Sociedade • 6/11/2019

O programa conta cun investimentos de 257.000 euros, cofinanciados pola xunta (80%) e o concello (20%) e ten como obxectivo que catro de cada dez participantes acaden un emprego. Por ese motivo impartiranse acción formativas, de orientación, asesoramento e desenvolveranse prácticas laborais en empresas. As persoas interesadas poden solicitar información no Centro de Formación Municipal A Marisma, no Paseo do Pexegueiro (ao carón da piscina)..




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Nov 2019 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Próximos Eventos...
Venres, 15 de Novembro de 2019 - 12:00
Cursos de memoria
O Concello abre o prazo para se inscribir na actividade de Memoria que se vai desenvolver ata o 30 de xuño e que ten un custe de 32,65€. Unha en Redondela e Chapela. Inscricións ata o 15 de novembro.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz