Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sociedade labrego cultural de Reboreda

A Sociedade  Labrego Cultural de Reboreda organiza unha excursión cultural o  dia 2 de xullo aberta a todas as persoas que queiran participar. A actividade inclúe unha visita ao Museo Meirande e un roteiro en barco para visitar a Illa de San Simón. A xornada rematará cunha cea baile no Centro Cultural da parroquia. A […]

Choquiño Urban Jan

O skate park de Redondela vivirá por segundo ano unha cita urbana con competición de skate, scooter e BMX, clases de skate, exhibición de bail e música cun concerto a cargo de Lian MG e Buyo & Solinho. Unha proposta organizada polo Concello de Redondela na tarde do sábado 2 de xullo.

Festival de Big Bands

Concerto a cargo da Big band da casa da música de Chantada, a Chouque Big Band e a Xingro’s Big band na praza da Casa da Torre o domingo 3 a partir das 22:00 horas.

Tai Chi en Redondela e Chapela

Aberta a matrícula para as clases de tai chi. A inscrición, de forma gratuíta, pode formalizarse en calquera dos Rexistros do Concello ou a través da Sede Electrónica ata o vindeiro día 1 de xullo. Cómpre subliñar que a adxudicación de prazas se fará seguindo a orde de inscrición. As clases comezarán o día 4 de […]

Bulsara: Tributo a Queen

A música do inmortal Freddy Mércury soará o venres 8 de xullo na praza da Casa da Torre coa banda tributo a Queen. De balde ás 22:00 horas. Organiza Concello Redondela.

Regueifas de Galos

A praza da Casa da Torre acolle unha pelea de galos ás 19:30 horas o sábado 9 de xullo. Unha actividade enmarcada na programación do verán do Concello de Redondela.

XI Festival Folk Illa de San Simón

A praia de Cesantes acolle unha nova edición dun festival que organiza o Centro Cultural e deportivo de Cesantes en colaboración co Concello. O 9 de xullo ás 22:00 horas.

As Efémeras

O grupo redondelá volve subirse ao escenario. Nesta ocasión na Alameda Rosalía de Castro o sábado 9 ás 22:00 horas. Organiza Concello Redondela

Concerto de Sofia Espiñeira

A cantautora de Mugardos actuará en Redondela o domingo 10 de xullo ás 22:00 horas, nun concerto que se poderá ver na praza da Casa da Torre. Organiza o Concello de Redondela.

Xuntanza pola atención sanitaria

A sede do local do Colectivo Republicano, nas antigas casas dos mestres, acolle unha reunión este mércores 13 as 20:30 horas, co obxecto de analizar e abordar o deteriorado estado da atención sanitaria pública no centro de Saúde de Redondela

O faro da guía

Actuación na Alameda de Rosalía de Castro o venres 15 de xullo ás 22:00 horas. Unha proposta enmarcada na programación cultural de verán.

Rock con Elëven

A banda de heavy metal de Redondela, Elëven, formada en 2019 actuará o sábado 16 de xullo na praza da Casa da Torre ás 22:30 horas.