BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Radio Redondela 94.9FM - ECPv5.3.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Radio Redondela 94.9FM
X-ORIGINAL-URL:https://www.radioredondela.com
X-WR-CALDESC:Events for Radio Redondela 94.9FM
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251026T113000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251026T180000
DTSTAMP:20260520T112443
CREATED:20251023T095340Z
LAST-MODIFIED:20251023T095340Z
UID:93691-1761478200-1761501600@www.radioredondela.com
SUMMARY:II Xornada Manoel Vello: A historia de Galicia como motor cinematográfico
DESCRIPTION:O vindeiro sábado 26 de outubro\, o Castelo de Soutomaior converterase nun espazo de reflexión cinematográfica cunha actividade cultural que une historia e imaxe: a II Xornada Manoel Vello\, titulada “A historia de Galicia como motor cinematográfico”. Organizada pola Asociación Pro-Fundación Manoel Vello en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior\, esta xornada busca explorar como a nosa terra pode inspirar novas narrativas audiovisuais\, homenaxeando a figura do activista Manoel Vello. \nA cita para falar da produción dun ‘Xogo de Tronos’ galego une historia e imaxe\, homenaxeando a figura do activista e pioneiro do cine galego Manoel Vello\, e busca explorar como a nosa terra pode inspirar novas narrativas audiovisuais. \nA programación\, que se desenvolverá ao longo da mañá e a tarde\, comezará ás 11:30 horas cunha recepción e café para os asistentes. Ás 12:00 horas terá lugar a apertura oficial\, coa benvida do alcalde de Soutomaior\, Manu Lourenzo\, e da presidenta da Asociación Pro-Fundación Manoel Vello\, Carolina Silva. Seguirá unha presentación a cargo de César Pazos\, recoñecido escritor de novela histórica e impulsor desta xornada\, quen contextualizará o espírito do encontro \nUn dos momentos centrais será ás 12:30 horas\, cunha charla impartida por José Manuel Barbosa\, investigador especializado na historia de Galiza e autor de obras como A evolución histórica dos límites da Galiza e Por que caeu a Galiza?. Baixo o título “Momentos da historia de Galiza para levar ao cine“\, Barbosa analizará episodios clave do noso pasado –descoñecidos para a maioría dos galegos– que poderían adaptarse á gran pantalla\, destacando o seu potencial narrativo en virtude da repercusión na construción europea e da capacidade dramática. \nTras unha breve pausa para café ás 12:50 horas\, a sesión continuará ás 13:00 horas cunha mesa redonda titulada “Revivir a nosa historia a través do cine“. Neste debate participarán Tomé Martínez\, director de cine e escritor; Iago de Sant\, director de cine de inmersión; e César Pazos\, quen pechará o círculo de intervencións con perspectivas literarias\, audiovisuais e creativas. Xuntos\, exporán as posibilidades reais de converter a nosa historia en filmes e distribuílos polos circuítos ou plataformas internacionais. \nO mediodía rematará ás 14:00 horas cunha degustación de petiscos\, que servirá de oportunidade para o networking entre os participantes. Pola tarde\, ás 15:00 horas\, a xornada pechará coas conclusións\, centradas en “Perspectivas de futuro” para o cine galego. O peche oficial\, previsto para as 15:45 horas\, correrá a cargo de Carolina Silva\, quen resumirá as ideas \nEsta segunda edición consolida o Castelo de Soutomaior como un referente para eventos culturais que ligan historia\, cinema e identidade galega. A Asociación Pro-Fundación Manoel Vello\, dedicada á recuperación e difusión da obra de Vello\, promove esta actividade para fomentar o diálogo entre creadores\, historiadores e público xeral. \nEntrada de balde ata completar o aforo (non é preciso inscrición previa\, aínda que se recomenda confirmar a asistencia a través dos canais do Concello de Soutomaior). \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/ii-xornada-manoel-vello-a-historia-de-galicia-como-motor-cinematografico/
END:VEVENT
END:VCALENDAR