BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Radio Redondela 94.9FM - ECPv5.3.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Radio Redondela 94.9FM
X-ORIGINAL-URL:https://www.radioredondela.com
X-WR-CALDESC:Events for Radio Redondela 94.9FM
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261030T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261030T210000
DTSTAMP:20261029T120656
CREATED:20261029T103719Z
LAST-MODIFIED:20261029T103719Z
UID:105679-1793386800-1793394000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Charla sobre Humberto Baena
DESCRIPTION:A historia de Humberto Baena protagoniza os actos polo Día das vítimas do franquismo en Redondela. Flora Baena\, irmá de Xosé Humberto Baena\, un dos últimos asasinados polo franquismo no ano 1975\, ofrecerá unha conferencia este venres ás 19:00 horas na Oficina de Turismo. A actividade forma parte dos actos organizados dende o Concello de Redondela co gallo do Día de homenaxe aos represaliados do franquismo. Un programación que se completa coa representación teatral da obra “Melón Pelado!” o 2 de novembro no Auditorio do Piñeiral para o alumnado do IES Chapela. \nO 31 de outubro é o Día de Recordo e Homenaxe a todas as vítimas do golpe militar\, a Guerra Civil e a Ditadura franquista en España. O Concello de Redondela organiza unha programación especial co gallo desta conmemoración co obxectivo de manter viva a memoria histórica\, honrar ás vítimas e concienciar ás novas xeracións sobre a importancia da xustiza e a dignidade democrática. O acto central terá lugar este venres\, 30 de outubro\, ás 19:00 horas\, nas instalacións da Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños\, 2). Baixo o título “Que pasou con Humberto Baena?”\, a xornada contará co testemuño de Flora Baena\, irmá de Xosé Humberto Baena Alonso. O mozo\, de orixe galega e tan só 24 anos\, foi un dos últimos cinco executados polo réxime de Franco o 27 de setembro de 1975. Durante o encontro\, afondarase na loita incansable da súa familia por limpar o seu nome e reivindicar a memoria dos represaliados.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/charla-sobre-humberto-baena/
END:VEVENT
END:VCALENDAR