BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Radio Redondela 94.9FM - ECPv5.3.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Radio Redondela 94.9FM
X-ORIGINAL-URL:https://www.radioredondela.com
X-WR-CALDESC:Events for Radio Redondela 94.9FM
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261029T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261110T170000
DTSTAMP:20261115T073623
CREATED:20261029T103231Z
LAST-MODIFIED:20261029T103231Z
UID:105671-1793260800-1794330000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Concurso de Fotografía Fernando Monroy
DESCRIPTION:O Obradoiro de Cesantes abre o prazo de participación no seu XXI Concurso de Fotografía\, que este ano incorpora como novidade unha nova temática dedicada ao patrimonio etnográfico do Concello de Redondela. O prazo para presentar os traballos permanecerá aberto ata o 10 de novembro. \nNesta edición\, as persoas participantes poderán presentar fotografías na tradicional categoría de temática libre ou optar pola nova proposta centrada no patrimonio etnográfico de Redondela. Tamén será posible combinar ambas as temáticas\, cun máximo de catro fotografías por participante. \nAs fotografías deberán enviarse en formato dixital ao correo electrónico obradoiro@estudoslocais.org e tamén en formato papel ao apartado de correos 012\, 36800-Redondela. Os traballos poderán entregarse igualmente nas tendas de fotografía colaboradoras Cal-3 e Polaris\, así como no Multiusos da Xunqueira\, en Redondela\, e no Centro Cultural e na Farmacia Muíños\, en Cesantes.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/concurso-de-fotografia-fernando-monroy/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261029T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261102T170000
DTSTAMP:20261115T073623
CREATED:20261029T103443Z
LAST-MODIFIED:20261029T103443Z
UID:105674-1793260800-1793638800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Obradoiro de escritura no Viso
DESCRIPTION:A Sociedade de Agricultores do Viso organiza un obradoiro gratuíto de textos escritos. A actividade\, impartida por Xosé Couñago\, terá unha duración de 18 horas e abordará a redacción de textos persoais e formais. A actividade arrancará o vindeiro 2 de novembro e impartirase os luns\, en horario de 18.30 a 20.00 horas. As persoas interesadas en participar poden solicitar información e inscribirse no teléfono 656 938 058 ou no correo electrónico acsmviso@gmail.com. \nA Sociedade de Agricultores do Viso\, na antiga escola de Tuimil\, pon en marcha unha nova actividade formativa: un obradoiro de textos escritos totalmente gratuíto\, destinado a mellorar as habilidades de redacción e comunicación das persoas participantes. \nO obradoiro permitirá aprender a redactar textos persoais e formais con claridade\, corrección e boa organización. Ao longo das sesións traballarase con diferentes documentos de uso cotián\, como cartas\, solicitudes\, reclamacións e actas\, entre outros\, co obxectivo de adquirir ferramentas prácticas para escribir con maior seguridade e eficacia.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/obradoiro-de-escritura-no-viso/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261030T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261030T200000
DTSTAMP:20261115T073623
CREATED:20261029T104522Z
LAST-MODIFIED:20261029T104522Z
UID:105688-1793379600-1793390400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Escape room de Samaín en Soutomaior
DESCRIPTION:A programacióndo Concello de Soutomaior co gallo do Samaín comezará o venres 30 de outubro\, de 17.00 a 20.00 horas\, coa escape room familiar A pócema do Samaín\, na Praza de Abastos de Arcade. A actividade será gratuíta\, con 90 prazas distribuídas en quendas de 20 minutos\, e estará dirixida a público a partir dos catro anos.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/escape-room-de-samain-en-soutomaior/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261030T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261030T193000
DTSTAMP:20261115T073623
CREATED:20261029T104049Z
LAST-MODIFIED:20261029T104049Z
UID:105682-1793383200-1793388600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Contacontos na Biblioteca de Arcade
DESCRIPTION:A Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior acolle este venres 30 de outubro ás 18:00 horas unha sesión de contacontos a cargo de Raquel Méndez e Pavís Pavón\, dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. A actividade comezará ás seis da tarde e servirá como remate dunha proposta que baixo o título “Dalle a volta a Biblioteca” que busca fomentar a lectura\, estimular a imaxinación e achegar a cultura ás novas xeracións a través de experiencias participativas e lúdicas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/contacontos-na-biblioteca-de-arcade-2/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261030T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261030T210000
DTSTAMP:20261115T073623
CREATED:20261029T103719Z
LAST-MODIFIED:20261029T103719Z
UID:105679-1793386800-1793394000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Charla sobre Humberto Baena
DESCRIPTION:A historia de Humberto Baena protagoniza os actos polo Día das vítimas do franquismo en Redondela. Flora Baena\, irmá de Xosé Humberto Baena\, un dos últimos asasinados polo franquismo no ano 1975\, ofrecerá unha conferencia este venres ás 19:00 horas na Oficina de Turismo. A actividade forma parte dos actos organizados dende o Concello de Redondela co gallo do Día de homenaxe aos represaliados do franquismo. Un programación que se completa coa representación teatral da obra “Melón Pelado!” o 2 de novembro no Auditorio do Piñeiral para o alumnado do IES Chapela. \nO 31 de outubro é o Día de Recordo e Homenaxe a todas as vítimas do golpe militar\, a Guerra Civil e a Ditadura franquista en España. O Concello de Redondela organiza unha programación especial co gallo desta conmemoración co obxectivo de manter viva a memoria histórica\, honrar ás vítimas e concienciar ás novas xeracións sobre a importancia da xustiza e a dignidade democrática. O acto central terá lugar este venres\, 30 de outubro\, ás 19:00 horas\, nas instalacións da Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños\, 2). Baixo o título “Que pasou con Humberto Baena?”\, a xornada contará co testemuño de Flora Baena\, irmá de Xosé Humberto Baena Alonso. O mozo\, de orixe galega e tan só 24 anos\, foi un dos últimos cinco executados polo réxime de Franco o 27 de setembro de 1975. Durante o encontro\, afondarase na loita incansable da súa familia por limpar o seu nome e reivindicar a memoria dos represaliados.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/charla-sobre-humberto-baena/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261030T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261030T220000
DTSTAMP:20261115T073623
CREATED:20261029T103556Z
LAST-MODIFIED:20261029T103556Z
UID:105676-1793392200-1793397600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Concerto de Outono da Coral Casto Sampedro
DESCRIPTION:A Coral Casto Sampedro ofrece este venres 30 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira o seu I Concerto de Outono baixo a dirección de María Oliveira da Silva. A formación redondelá estará acompañada no escenario co coro compostelán Sons de Solovio\, un pequeno grupo vocal\, dirixido por Adela Maroño. As invitacións para asistir están dispoñibles no bar “Guay” e mais no “Café da Vila” e tamén poderán retirarse no mesmo auditorio a partir das oito da tarde o mesmo día do concerto. \nA Coral Polifónica Casto Sampedro\, impulsada pola Asociación Cultural Latexos de Redondela\, celebra o seu primeiro ano de traxectoria cun novo recital que busca consolidar unha programación periódica de concertos e achegar a música coral ao público local. A actuación contará tamén coa participación de Sons de Solovio\, nunha proposta que combina variedade de estilos e a oportunidade de coñecer a evolución artística da formación.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/concerto-de-outono-da-coral-casto-sampedro/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261031T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261031T223000
DTSTAMP:20261115T073623
CREATED:20261029T104333Z
LAST-MODIFIED:20261029T104333Z
UID:105685-1793466000-1793485800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Festa do Samaín en Redondela
DESCRIPTION:Redondela celebra o sábado 31 de outubro\, véspera de Defuntos\, a festa do Samaín. \nOs máis pequenos poderán gozar tanto en Redondela como en Chapela dos obradoiros “Fai a túa cabaza” e “Maquillaxe e tatuaxes de terror”. Os talleres serán nos Multiúsos da Xunqueira e o do Piñeiral do Crego de 17:00 a 20:00 horas. Nos talleres de maquillaxe transformarse coa axuda de maquilladores expertos\, que lles darán trucos e técnicas para un resultado “aterrador”. \nO paseo do río Pexegueiro volverá transformarse nun Túnel do Terror desde as 18:30 até as 21:30 horas. Os máis atrevidos poderán experimentar un mundo de misterio\, suspense “e moitos sustos”. Haberá sorpresas ao longo da ruta con personaxes e criaturas misteriosas. A organización advirte que é unha experiencia “intensa” para público a partir dos 12 anos. No caso de menores deben ir acompañados dun adulto. Aconséllase acudir cunha lanterna. \nAs rúas do centro da vila transformaranse nun gran escenario para acoller o espectáculo itinerante “Subumbra”\, da recoñecida compañía Troula Animación. Criaturas e personaxes saídos da máis profunda escuridade dos tempos desfilarán pola vila nun formato visual impactante. A pirotecnia\, a música e a maxia do pasarrúas farán vivir ao público sensacións “terroríficas”. A asombrosa comitiva partirá da Praza de Ribadavia ás 19:30 horas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/festa-do-samain-en-redondela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261031T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261031T233000
DTSTAMP:20261115T073623
CREATED:20261029T104643Z
LAST-MODIFIED:20261029T104643Z
UID:105691-1793467800-1793489400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Samaín en Soutomaior
DESCRIPTION:O sábado 31 de outubro concentrará boa parte das actividades na zona de Cima de Vila e Talo Río\, en Arcade. De 17.30 a 19.30 horas celebraranse obradoiros de amuletos de protección\, colares de zonchos e talla de calacús\, unha oportunidade para achegar ás tradicións e á simboloxía da Noite de Defuntos. \nÁs 19.30 horas arrancará o Cortexo das Ánimas e a Santa Compaña\, un pasarrúas familiar que percorrerá o traxecto entre a Praza de Cima de Vila\, a rúa Xosé Solla e Talo Río\, coa participación de agrupacións e propostas vinculadas á tradición galega. A organización anima a asistir con velas\, cirios\, farois ou calacús iluminados e con vestimenta tradicional ou escura. \nXa en Talo Río\, ás 20.15 horas\, abrirá a exposición veciñal de Luminarias de Ánimas\, acompañada dun tren asador de castañas. A noite continuará co espectáculo Esqueletes bailade\, de Animar-T\, entre as 20.30 e as 22.15 horas\, e co túnel do medo O Calacú Máxico e a Fronteira do Alén\, de Miúdos Animación\, de 21.00 a 23.00 horas. Esta última proposta contará con acceso gratuíto por quendas organizadas cada 15 minutos\, ata completar o aforo. \nA programación do sábado pecharase cunha actividade específica para a mocidade: o rastrexo nocturno ‘O Espertar do Alén’\, na finca Cafexo-Massó\, en Soutomaior\, de 23.00 a 02.00 horas. Dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos\, ofrecerá unha experiencia de enigmas\, retos e traballo en equipo inspirada nas criaturas e lendas da mitoloxía galega. Haberá 50 prazas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/samain-en-soutomaior-2/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261101T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261101T210000
DTSTAMP:20261115T073623
CREATED:20261029T104841Z
LAST-MODIFIED:20261029T104841Z
UID:105694-1793557800-1793566800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Rastrexo nocturno en Soutomaior
DESCRIPTION:A programación organizada polo Concello de Soutomaior co gallo do Samaín chegará ao seu remate o domingo 1 de novembro\, de 18.30 a 21.00 horas cunha actividade pensada para público adulto. A finca Cafexo-Massó acollerá O que ten cú ten medo II\, unha experiencia inmersiva gratuíta dirixida exclusivamente a persoas maiores de 18 anos. A actividade aproveitará a contorna natural\, a iluminación\, os efectos sonoros e a ambientación escénica para crear unha proposta de misterio e tensión inspirada no imaxinario do alén galego. Contará con 50 prazas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/rastrexo-nocturno-en-soutomaior/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261113T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261114T150000
DTSTAMP:20261115T073623
CREATED:20240705T085244Z
LAST-MODIFIED:20261103T113613Z
UID:78336-1794564000-1794668400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Doazón de Sangue en Redondela
DESCRIPTION:A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o vernes 13 e o sábado 14 a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así\, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello ambos os dous días. O venres en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas. O sábado poderán doar sangue en horario de 10:00 a 15:00 horas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/doazon-de-sangue-en-redondela-3/
END:VEVENT
END:VCALENDAR