BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Radio Redondela 94.9FM - ECPv5.3.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Radio Redondela 94.9FM
X-ORIGINAL-URL:https://www.radioredondela.com
X-WR-CALDESC:Events for Radio Redondela 94.9FM
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260403T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260405T233000
DTSTAMP:20260510T103327
CREATED:20260320T083623Z
LAST-MODIFIED:20260401T110122Z
UID:98415-1775203200-1775431800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Festa da Ostra
DESCRIPTION:A festa da Ostra de Arcade celebrará a súa XXXVIII edición do 3 ao 5 de abril \nO peirao de Arcade acollerá os días 4\, 5 e 6 de abril unha nova edición da Festa da ostra\, unha das citas gastronómicas máis destacadas da provincia e que cada ano reúne a milleiros de visitantes que se dan cita para degustar un dos productos máis emblemáticos da ría. \nDurante o tres días de celebración manteranse prezos populares\, coa ducia de ostra a 10 euros e a botella de albariño de Soutomaior a 12 euros. Ademais da degustación tradicional\, o público poderá probar diferentes elaboracións dentro da proposta gastronómica “Os Trés”\, con pratos como crocante de gamba con tartar de ostra\, ostra en escabeche tradicional e ostra marinada en teriyaki sobre crema de aguacate e caviar de arenque. \nA programación incluirá tamén actuacións musicais e pasarrúas. O venres actuarán as orquestras Olympus e Finisterre\, mentres que o sábado será a quenda dos Satélites e A Misión. O domingo a xornada comezará cuns pasacalles da Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade\, seguido do pregón ás 13:00 horas. \nComo novidade\, este ano os postos de degustación abrirán o venres ao mediodía\, coincidindo coa celebración da Semana Santa. A organización tamén confirmou que non se celebrará a tradicional tirada de fogos artificiais tras un informe desfavorable debido á localización do evento nunha zona protexida da Rede Natura. \nA programación arrincará previamente o 29 de marzo coa 7K Soutomaior e a Carreira Infantil da Ostra\, e contará tamén cun programa especial de “Pensando en ti” de Radio Galega desde o Multiúsos de Arcade.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/festa-da-ostra-2/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260409T160000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260410T210000
DTSTAMP:20260510T103327
CREATED:20240705T085244Z
LAST-MODIFIED:20260323T133740Z
UID:78336-1775750400-1775854800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Doazón de Sangue en Redondela
DESCRIPTION:A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o xoves 9 e o vernes 10 a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así\, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello ambos os dous días en horario de tarde de 16:00 a 21:00 horas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/doazon-de-sangue-en-redondela-3/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260412T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260412T200000
DTSTAMP:20260510T103327
CREATED:20260126T164213Z
LAST-MODIFIED:20260126T164213Z
UID:96560-1776016800-1776024000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Teatro infantil cos Fabulosos Cleaners
DESCRIPTION:O ciclo de teatro infantil do Concello de Redondela chega ao seu remate coa obra “Os fabulosos Cleaners” que representará a compañía Malasombra o 12 de abril. Unha obra que conta a historia de dous operarios de limpeza dun teatro que por casualidade descobren as infinitas posiblidades creativas que agochan as súas ferramentas de traballo cando se mesturan con auga e xabón. \nTodas as actuacións terán lugar no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas a un prezo de 3 euros.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/teatro-infantil-cos-fabulosos-cleaners/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260423T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260423T223000
DTSTAMP:20260510T103327
CREATED:20260423T113540Z
LAST-MODIFIED:20260423T113540Z
UID:99569-1776976200-1776983400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Narración oral con Ángeles Goás
DESCRIPTION:A celebración da Feira do libro de Soutomaior arranca o xoves 23 de abril\, Día do Libro\, ás 20.30 h. na Biblioteca Municipal Luís Seoane co espectáculo de narración oral ‘Non sei se foi verdade ou se o lin nun libro’ de Ángeles Goás. Unha cita destinada a público adulto.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/narracion-oral-con-angeles-goas/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260424T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260424T203000
DTSTAMP:20260510T103327
CREATED:20260423T113243Z
LAST-MODIFIED:20260423T113243Z
UID:99562-1777055400-1777062600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Contacontos en Chapela
DESCRIPTION:A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolle este venres 24 de abril ás 18:30 horas o contacontos infantil “Na busca do tesouro” a cargo de Expresión Producións. Unha actividade aberta a todo o que queira achegarse enmarcada na programación da Semana do Libro organizada polas Biblitoecas Municipais
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/contacontos-en-chapela-8/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260424T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260424T210000
DTSTAMP:20260510T103327
CREATED:20260424T081417Z
LAST-MODIFIED:20260424T081417Z
UID:99588-1777059000-1777064400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Prestación libro de toponimia do Viso
DESCRIPTION:Presentación do libro de toponimia da parroquia do Viso. Teresa Monteagudo foi a encargada da redacción do texto e impartirá unha charla neste acto presentación que terá lugar hoxe venres 24 de abril ás 19:30h\, na Sociedade Cultural do Viso. Haberá reparto gratuíto de exemplares.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/prestacion-libro-de-toponimia-do-viso/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260425T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260426T170000
DTSTAMP:20260510T103327
CREATED:20260423T113422Z
LAST-MODIFIED:20260423T113422Z
UID:99566-1777104000-1777222800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Feira do libro en Soutomaior
DESCRIPTION:O día 25 de abril a programación arrancará ás 10:30h. coa animación de rúa ‘Máis Ritmo’ a cargo de Trío Detrés. No poderán visitarse os stands das editoriais con Antela Editorial\, Edimaes\, Boadicea Editora\, Cuarto de Inverno\, Belagua Ediciones\, Galaxia\, Editorial Elvira\, Através Editora\, Hércules Ediciones\, Cooperativa Gráfica Sacauntos e Aira e diferentes espazos nos que se celebrará charlas coloquios\, presentacións literarias\, xogos e espectáculos. \nNa xornada do domingo 26 de abril terá lugar unha actividade moi especial na Adega Noelia Bebelia\, “Fontes das que beber”\, unha cita onde entre as viñas\, cun ambiente aberto e luminoso as e os asistentes terán a oportunidade de visitar o espazo da adega\, participar nun obradoiro de banda deseñada e humor gráfico con Kiko Dasilva e tamén coñecer a riqueza que albergar a cultura do viño coa vista cunha degustación de viño e petiscos con Noelia Bebelia. Para esta actividade \, tamén de balde\, é preciso inscribirse dende mañá\, sábado 18 abril ás 9:30h. en https://soutomaior.gal/actividades/ as prazas son limitadas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/feira-do-libro-en-soutomaior/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260426T113000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260426T150000
DTSTAMP:20260510T103327
CREATED:20260423T112823Z
LAST-MODIFIED:20260423T112823Z
UID:99540-1777203000-1777215600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Andaina pola Levada de Casqueiros en Pazos de Borbén
DESCRIPTION:O concello de Pazos de Borbén acolle este domingo 26 de abril unha nova actividade de sendeirismo dentro da súa aposta pola divulgación do patrimonio natural e etnográfico. Trátase da andaina Levada de Casqueiros\, unha ruta de carácter sinxelo que percorrerá un dos enclaves máis singulares do termo municipal. \nA actividade partirá ás 10:30 horas desde o torreiro da festa da parroquia de Borbén e terá un percorrido aproximado de cinco quilómetros\, cunha duración estimada de dúas horas e media. O itinerario discorre pola fraga do Río do Pozo Negro\, unha contorna de gran valor paisaxístico onde conflúen natureza\, historia e tradición. \nDesde a organización destacan que se trata dunha ruta accesible\, pensada para todo tipo de público\, aínda que recomendan acudir con calzado adecuado debido á posible humidade do terreo. A iniciativa busca non só fomentar a actividade física\, senón tamén pór en valor espazos naturais pouco coñecidos e promover a súa conservación. \nA participación está limitada a 30 persoas\, polo que é necesaria inscrición previa. As persoas interesadas poden formalizala a través do teléfono 692 613 790 ou do correo electrónico trasospasosdamour@gmail.com.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/andaina-pola-levada-de-casqueiros-en-pazos-de-borben/
END:VEVENT
END:VCALENDAR