BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Radio Redondela 94.9FM - ECPv5.3.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Radio Redondela 94.9FM
X-ORIGINAL-URL:https://www.radioredondela.com
X-WR-CALDESC:Events for Radio Redondela 94.9FM
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251030T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251030T220000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251023T085219Z
LAST-MODIFIED:20251023T085219Z
UID:93668-1761843600-1761861600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Noctámbulas en Soutomaior: especial Samaín
DESCRIPTION:O Concello de Soutomaior prepara un ciclo de actividades que se desenvolverán dende o 26 de outubro ata o 2 de novembro e que inclúen o espectáculo “Subumdra” de Troula animación\, obradoiros variados\, escapes rooms para público infantil e adulto e unha Maratón de cine de terror coa proxección do clásico El Resplandor. \nO xoves 30 de outubro chega unha nova edición de Noctámbulas\, unha edición de especial de Samaín con acampada destinada á mocidade a partir do  12 anos  e que terá lugar na Casa da Cultura Rexina MíguezNoval ( Soutomaior). Unha actividade de balde para a que se precisa inscrición previa en liña.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/noctambulas-en-soutomaior-especial-samain/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251031T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251031T230000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251023T084140Z
LAST-MODIFIED:20251030T204448Z
UID:93657-1761930000-1761951600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Samaín en Redondela
DESCRIPTION:A programación arranca á tarde con dobre de obradoiros nos Multiusos da Xunqueira e de Chapela. De 17:00 a 20:00 horas\, os nenos poderán participar en ambas instalacións públicas no “Obradoiro fai a túa cabaza”\, onde esculpirán e decorarán cabazas para converterse en verdadeiras obras de arte de outono. Paralelamente\, o “Obradoiro de maquillaxe e tatuaxes de terror” permitirá aos participantes transformarse en monstros\, vampiros ou fantasmas con trucos de maquillaxe e tatuaxes temporais\, todo nun ambiente seguro e divertido. \n  \n  \n  \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/samain-en-redondela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251031T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251031T220000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251023T085808Z
LAST-MODIFIED:20251030T204235Z
UID:93674-1761931800-1761948000@www.radioredondela.com
SUMMARY:SUSPENDIDO Semana Samaín Soutomaior: Noite das Ánimas
DESCRIPTION:Concello de Soutomaior continúa a súa vibrante programación do Samaín cunha xornada especial o vindeiro venres 31 de outubro en Arcade\, centrada en actividades familiares cheas de creatividade e tradición celta. A festa\, que se estenderá ata o 2 de novembro\, convida a toda a veciñanza a sumarse a un programa de balde con prazas limitadas. \nEsta xornada arrincará ás 17:45 horas cun obradoiro de lanternas\, arañas e maquillaxe na Praza  Cima de Vila\, dirixido a familias e con capacidade para 25 persoas. Ás 19:00 horas\, a ‘Subumbra’\, unha procesión das ánimas a cargo de Troula Animación\, percorrerá o desde o Cruce da Praza de Cima de Vila\, pasando por Xosé Solla ata Talo Río dando comezo á Noite das Animas. Os participantes poden unirse coas súas velas\, cirios ou cabazas alumeadas para crear unha atmosfera máxica\, ata as 20:15 horas. \nA partir das 20:30 horas en Tal o Río\, o espectáculo musical ‘Esqueletes Bailade’ animará a noite con ritmos divertidos para público infantil e familiar. Ademais\, a ‘Casa da Escuridade’ ofrecerá animacións e xogos con acceso por quendas \, e un tren asador de castañas pechará a velada.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/semana-samain-soutomaior-noite-das-animas/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251101T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251101T233000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251023T090441Z
LAST-MODIFIED:20251023T090441Z
UID:93680-1762016400-1762039800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Semana Samaín Soutomaior: Escaperoom e cinema de terror
DESCRIPTION:Concello de Soutomaior continúa a súa vibrante programación do Samaín cunha xornada de actividades o sábado 1 de novembro no Multiúsos de Arcade.  De 17:00 a 19:20 horas\, o Escape Room “Aldea Labrega” mergullará aos participantes nunha aldea misteriosa. A Sala 1 está dirixida a nenos de 3 a 7 anos (en compañía de adultos)\, mentres que a Sala 2 é para maiores de 8 anos. Cada pase ten 10 prazas\, con cinco sesións por sala (17:00\, 17:30\, 18:00\, 18:30 e 19:00 horas). As inscricións en liña abriuse o 17 de outubro e pecha o 22. \nA noite continuará cun o Maratón de Cinema de Terrorde 20:00 a 00:45 horas: ás 20:00 horas proxectarase “Cazafantasmas: Imperio Helado” (2024\, +7 anos)\, seguido de “El Resplandor” (1980\, +16 anos) ás 22:15. Durante os descansos\, repartiranse flocos de millo gratuítos para manter o ambiente festivo.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/semana-samain-soutomaior-escaperoom-e-cinema-de-terror/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251102T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251102T210000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251023T090806Z
LAST-MODIFIED:20251023T090806Z
UID:93685-1762108200-1762117200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Semana Samaín Soutomaior: escaperoom 'Quen ten cú ten medo'
DESCRIPTION:O Concello de Soutomaior culmina a súa Semana do Samaín cunha actividade chea de suspense o domingo 2 de novembro na Finca Cafexo-Massó. O escape room titulado ‘Quen ten cú ten medo’ desafiará aos participantes cunha experiencia de misterio e aventura temática\, dirixida a público xuvenil e adulto (+14 anos). \nA sesión\, de balde e con capacidade limitada a 50 prazas\, desenvolverase de 18:30 a 21:00 horas. Ideal para os amantes do terror e o traballo en equipo\, esta proposta pecha un ciclo festivo que comezou o 26 de outubro con obradoiros\, procesións e cine temático. \nAs inscricións en liña están abertas desde o 17 ata o 29 de outubro na web municipal no enderezo https://soutomaior.gal/actividades/
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/semana-samain-soutomaior-escaperoom-quen-ten-cu-ten-medo/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251102T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251102T230000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251030T204643Z
LAST-MODIFIED:20251030T204643Z
UID:93847-1762108200-1762124400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Samaín en Redondela
DESCRIPTION:Programación adiada do venres polo mal tempo: \nO “Túnel do Terror” será unha das atraccións estrela. Situado no Paseo do Pexegueiro\, este percorrido abrirá as súas portas de 18:30 a 21:30 horas. Recomendado para maiores de 12 anos –e menores acompañados dun adulto–\, o espazo avisa: “Traede as vosas lanternas\, pois a escuridade agocha sorpresas”. \nA noite gañará movemento co “Pasarrúas: Errantes de Troula Animación“\, un desfile de pantasmas e figuras errantes que sairá da Praza de Ribadavia ás 19:30 horas. \nNon faltará o doce toque: os establecementos de Redondela repartirán lambetadas por cortesía do Concello\, convertendo a vila nunha verdadeira “ruta do doce” para os pequenos disfrazados. \nO clímax da velada chegará ás 20:30 horas na Praza do Concello co “Rito Ancestral da Queimada\, Belenus“. Esta ceremonia tradicional está inspirada na deidade celta do lume.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/samain-en-redondela-2/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251107T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251108T220000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251106T104127Z
LAST-MODIFIED:20251106T104127Z
UID:94051-1762545600-1762639200@www.radioredondela.com
SUMMARY:II Foro sobre a Memoria Histórica
DESCRIPTION:O Concello de Soutomaior acollerá os día 7 e 8 de novembro o II Foro sobre a Memoria Histórica cun programa de actividades que terán como fío condutor a represión a través do ensino poñendo o foco nas persoas e nos lugares de memoria. \nAs actividades propostas inclúen a proxección do filme `El maestro que prometió el mar’ e o coloquio guiado por Pablo Abelleira e Uxía Couto\, Responsables da asociación ‘Mocidade galega pola Memoria’ o venres 7 no Multiúsos de Arcade ás 20:00 horas. \nA mesa – coloquio ‘As aulas\, facer memoria para relatar a historia’ desenvolverase o sábado ás 18:00 horas e contará coa participación do alcalde Manu Lourenzo\, a profesora do IES Luís Seoane e autora do libro “Golpistas e verdugos de 1936”\, Iria Morgade\, a profesora de pedagoxía da Universidade da Coruña\, Mariló Candedo\, o profesor de Historia e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza\, Carlos Cimadevila\, o profesor tamén de Historia e escritor\, José Antonio Pérez e Lucia Santiago\, membro de Histagra Grupo de historia agraria e política do mundo rural USC. \nA programación inclúe tamén unha visita guiada por Soledad Chayán á  Illa de San Simón e San Antón e a representación da peza de teatro ‘As Alumnas’ de Paula Carballeira. \nTodas as actividades son de balde ata completar o aforo. A única actividade que precisa inscrición previa é a visita á Illa de San Simón e á de San Antón do 8 de novembro\, as inscricións xa están aberta e en liña neste enlace.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/ii-foro-sobre-a-memoria-historica/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251108T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251108T230000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251106T104501Z
LAST-MODIFIED:20251106T104501Z
UID:94057-1762624800-1762642800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Magosto popular na Alameda de Chapela
DESCRIPTION:O Círculo Recreativo Cultural de Chapela celebra o sábado 8 a partir das 19:00 horas o seu magosto popular que se desenvolverá na Alameda Rosalía de Castro e contará con carpa e música en directo. \nDende a dirección do Círculo lembran que é imprescindible inscribirse previamente na cantina  onde se lles entregará un vale. Os socios recibirán gratis unha botella de viño\, unha ración e castañas e un choripán . O prezo para os non socios é de 10 euros.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/magosto-popular-na-alameda-de-chapela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251108T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251108T220000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251106T103749Z
LAST-MODIFIED:20251106T103749Z
UID:94046-1762632000-1762639200@www.radioredondela.com
SUMMARY:“Proxecto identidade”\, teatro\, danza e música no Auditorio de Xunqueira
DESCRIPTION:A proposta multidisciplinar chega a Redondela o sábado 8 ás 20:00 horas con entrada a 3 euros que se pode retirar na conserxería do Multiúsos. A obra a cargo das integrantes de Proxecto Morriña\, afonda na esencia máis profunda da identidade galega\, explorando o noso pasado e as raíces de Galicia. Pretende traer ó presente a evolución da nosa historia\, procurando revelar aquilo que nos une como pobo\, e os símbolos que constrúen un espírito común. \nUnha creación antropolóxica que mestura teatro\, danza e música para reflexionar sobre a identidade galega e a súa evolución. A peza aborda a perda progresiva do folclore e da lingua\, reivindicando a tradición como espazo de resistencia e transformación.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/proxecto-identidade-teatro-danza-e-musica-no-auditorio-de-xunqueira/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251109T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251111T170000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251106T104611Z
LAST-MODIFIED:20251106T104611Z
UID:94060-1762675200-1762880400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Magosto e festa na honra de San Martiño en Ventosela
DESCRIPTION:Actos relixiosos\, propostas infantís e música centran as actividades organizadas os días 9 e 11 na parroquia de Ventosela co gallo da conmemoración do San Martiño\, nun programa no que non faltará o tradicional magosto e que arrancará o domingo cunha sesión vermú amenizada polo grupo Refugallo Rock\, cun repertorio cargado de clásicos do rock dos 80 cantados en galego. \nUn concerto que terá lugar ás doce do mediodía do domingo 9 na cafetería da Cultural da Miñoteira. Xa pola tarde haberá música co grupo de gaitas os Beretes de Cidadelle\, baile moderno co grupo Pasiño de Cabeiro e soarán tamén as pendereteiras Follas Verdes de Vilar. As Zumbeiras actuarán ás sete e media hora despois serán a quenda da Rondalla A Miñoteira. O grupo JB Son actuará ás 21:00 horas nunha xornada na que haberá castañas e viño de balde. \nO martes 11\, día propio do San Martiño haberá pararrúas coa banda de música de Redondela a partir das dez da mañá e xogos infantís durante a tarde.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/magosto-e-festa-na-honra-de-san-martino-en-ventosela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251109T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251109T200000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251106T103929Z
LAST-MODIFIED:20251106T103929Z
UID:94049-1762711200-1762718400@www.radioredondela.com
SUMMARY:“Quen ben te quere farache rir” no Multiúsos
DESCRIPTION:O espectáculo cómico a cargo das actrices Arantxa Treus\, Leticia Costas e Sabela Salgueiro serve para reflexionar sobre as relacións persoais e como facelas sans e respectuosas sen necesidade de que veñan cun manual de instrucións. A actividade chega a Redondela o domingo 9 ás 18:00 horas  da man da Federación de Anpas que volve apostar pola combinación de humor e reflexión para abordar temas fundamentais na educación e convivencia familiar. Entrada libre ata completar aforo \nO espectáculo “Quen ben te quere farache rir” é unha actividade que convida a pensar sobre como deberían ser as relacións persoais para que sexan sans e baseadas no respecto mutuo\, todo isto cunha boa dose de humor e complicidade co público.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/quen-ben-te-quere-farache-rir-no-multiusos/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251114T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251128T170000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251117T103936Z
LAST-MODIFIED:20251117T103936Z
UID:94360-1763107200-1764349200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Programa de emprego Concello de Redondela
DESCRIPTION:O programa ofrece un plan de formación dun ano de duración con clases teóricas e prácticas. Os cen participantes seleccionados recibirán formación en diferentes áreas como novas tecnoloxías e idiomas e realizarán prácticas en empresas. As persoas interesadas poden informarse no Centro de Formación A Marisma\, no paseo do Pexegueiro\, 6\, nos teléfonos de contacto 986 40 83 88 e 604 035 909 ou a través do enderezo electrónico per@redondela.gal. Tamén poden facelo na Oficina de Emprego.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/programa-de-emprego-concello-de-redondela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251114T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251128T170000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251117T104516Z
LAST-MODIFIED:20251117T104516Z
UID:94363-1763107200-1764349200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Programa de emprego para mulleres
DESCRIPTION:A asociación de Empresarios busca cen mulleres para o seu programa de emprego que busca mellorar as competencias profesionais das alumnas participantes de cara a aumentar a súa inserción laboral futura. Para lograr este obxectivo a formación centrarase en sectores estratéxicos e actividades con alta inserción. O proceso de selección realizarase na rúa 8 de Marzo fronte ás instalacións de Servizos Sociais. As persoas interesadas poden contactar coa Asociación no teléfono 986 40 40 12 ou dirixirse á oficina de emprego.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/programa-de-emprego-para-mulleres/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251115T130000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251115T170000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251106T104313Z
LAST-MODIFIED:20251106T104313Z
UID:94053-1763211600-1763226000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Homenaxe a Guillermo Fontán
DESCRIPTION:O Colectivo cultural Alén Nós organiza este acto o sábado 15 de novembro coincidindo co aniversario do histórico activista de Redondela\, Guillermo Fontán. Ademais do xantar que se celebrará no Restaurante Casas e que será un encontro de confraternidade entre todos os que o coñecen e que queiran sumarse a esta homenaxe\, Alén Nós presentará un libro colectivo no que recompila textos laudatorios de persoas do mundo social\, sindical\, político e cultural\, así como unha memoria da súa traxectoria vital “exemplo de coherencia\, dignidade e compromiso social”. \nAs persoas interesadas en participar nesta homenaxe poden inscribirse nos teléfonos 615189257 – 616635708. O prezo é de 25 euros  (xantar + libro homenaxe).
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/homenaxe-a-guillermo-fontan/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251120T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251120T213000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251117T105020Z
LAST-MODIFIED:20251117T105020Z
UID:94369-1763667000-1763674200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Presentación do "Calendario histórico de Redondela"
DESCRIPTION:O responsable do blog “Anecdotario Redondelán”\, Juan Migueles dá un paso máis na súa teima de recompilar e divulgar a historia de Redondela. Faino a través dun libro que presenta a historia local como un calendario de feitos destacados acontecidos no noso concello. O libro\, editado por Alvarellos Editorial e promovido dende Normalización Lingüística\, está ilustrado con máis de cen fotografías e xa está a venda nas librarías. O libro xa está a venda nas librarías a un prezo de 23’90 euros e está prevista unha presentación pública o xoves 20 de novembro ás 19:30 na Oficina de Turismo.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/presentacion-do-calendario-historico-de-redondela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251121T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251121T210000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251117T104658Z
LAST-MODIFIED:20251117T104658Z
UID:94366-1763751600-1763758800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Contacontos 25N na Biblioteca de Chapela
DESCRIPTION:O venres 21 a biblioteca Xela Arias de Chapela acolle un contacontos enmarcado dentro das actividades que se organizan dende o concello co gallo da conmemoración do 25N. A encargada de dirixir esta actividade este venres ás 19:00 horas será Ana Mª Carreira con “Eu non quero” unha sesión pensada para nenos de máis de 3 anos que coñecerán a importancia de loitar pola liberdade e romper cos estereotipos.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/contacontos-25n-na-biblioteca-de-chapela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251123T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251123T210000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251117T105957Z
LAST-MODIFIED:20251119T192626Z
UID:94372-1763919000-1763931600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Entrega premios concurso de fotografía Fernando Monroy
DESCRIPTION:O Obradoiro Fernando Monroy celebra o domingo 23 no Multiúsos da Xunqueira ás 17:30 horas o acto de entrega dos premios do seu concurso de fotografía. O acto\, aberto á veciñanza\, estará amenizado pola música do grupo “Airiños do Mar de Teis” e promete sorpresas e convite dun chocolate con churros para os asistentes. Todas a fotografías que participaron poderán verse a partir desa día nunha exposición que arrancará no Multiúsos e que irá percorrendo os diferente centros culturais do Concello. \nListaxe dos gañadores \n· Mellor fotografía: “Incendio” de Mónica Vila Ferreirós \n· 1º premio cat. Adultos: “Remojando los pies” de Tirso Fermoselle Martín \n· 2º premio cat. Adultos: “Historias da rúa. Contrastes I” de Carla Piñeiro Gómez \n· 3º premio cat. Adultos: “Piña” de Pablo Falgueras Casarejas \n· 1º premio cat. Xuvenís: “Luces” de Uxío Solla Amoedo \n· 2º premio cat. Xuvenís: “Auga de chuvia” de Ángela Llobet Hernández \n· 1º premio cat. Infantís: “Sol enrejado” de Xoel Fermoselle Carmona \n  \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/entrega-premios-concurso-de-fotografia-fernando-monroy/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251125T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251125T140000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251120T114603Z
LAST-MODIFIED:20251120T114603Z
UID:94472-1764072000-1764079200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Acto institucional polo 25N
DESCRIPTION:A praza do Concello acolle o martes\, 25 de novembro. ás 12:00 horas o acto institucional organizado dentro da programación do Concello polo 25N. Un acto que arrancará coa lectura da Declaración Institucional e os manifestos da Asociación Andaina de persoas con diversidade funcional e Asociación Lenda de Saúde Mental\, representación dos Centros de Día e centros educativos do concello. \nO programa inclúe tamén unha performance “Coida todo o que amas” de Iria Sobrado e finalizará  coa tradicional ofrenda floral na árbore Ginkgo biloba na rúa Salgueiral.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/acto-institucional-polo-25n/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251128T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251128T220000
DTSTAMP:20260510T145842
CREATED:20251127T081712Z
LAST-MODIFIED:20251127T081712Z
UID:94711-1764360000-1764367200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Teatro con Iria Pinheiro en Arcade
DESCRIPTION:Presentación da obra de teatro Anatomía dunha serea de Iria Pinheiro. O multiúsos de Arcade acolle o venres 28 de novembro ás 20:00 horas unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como nai e como vítima da violencia obstétrica. Entrada de balde ata completar o aforo.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/teatro-con-iria-pinheiro-en-arcade/
END:VEVENT
END:VCALENDAR