BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Radio Redondela 94.9FM - ECPv5.3.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Radio Redondela 94.9FM
X-ORIGINAL-URL:https://www.radioredondela.com
X-WR-CALDESC:Events for Radio Redondela 94.9FM
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250930T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250930T170000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20250917T070020Z
LAST-MODIFIED:20250917T070020Z
UID:92522-1759219200-1759251600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Obradoiro de interpretación
DESCRIPTION:O Obradoiro de Interpretación Comunitaria\, baixo a dirección de Roberto Casal\, comezará en outubro e\, ademais de formar ao alumnado nas artes escénicas e a comunicación\, servirá tamén para fomentar a cohesión social\, a creatividade e a participación activa da veciñanza. A actividade está pensada para todos os públicos cun grupo para mozos e mozas de 12 a 16 anos e outro para adultos. O obradoiro\, organizado polo Concello\, ten un custe de 79.50 euros anuais e a inscrición debe facerse antes do 30 de setembro a través do rexistro do Concello. \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/obradoiro-de-interpretacion/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251001T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251030T210000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251023T091206Z
LAST-MODIFIED:20251023T091206Z
UID:93688-1759312800-1761858000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Ángel Barros no Multiusos da Xunqueira: A luz dá arte en tempos de xenocidio
DESCRIPTION:O pintor e restaurador redondelán Ángel Barros\, que cumpre 90 anos este mes\, presenta ata o 30 de outubro no Multiusos da Xunqueira de Redondela a exposición A luz dá arte en tempos de xenocidio. A mostra\, con 12 cadros inéditos dos últimos dous anos\, ofrece unha visión crítica da actualidade\, centrada no xenocidio en Gaza e nas súas devastadoras secuelas\, comparando a loita palestina coa defensa da República na Guerra Civil Española. Barros subliña a arte como resistencia e loita pola cultura e autodeterminación dos pobos. \nA fundación do Museo Ángel Barros\, impulsada por colaboradores como Xurxo Martínez\, devolveulle a paixón pola pintura. Hai dous anos\, o artista doou case 150 obras (valoradas en máis de 300.000 euros) ao Concello de Redondela para un futuro centro museístico local\, un proxecto que avanza con lentitude pero no que mantén esperanza. A súa traxectoria inclúe a restauración de pezas emblemáticas do Louvre\, experiencia que lle deixou leccións sobre as elites artísticas e a explotación laboral\, inspiradas tamén no seu pasado na Guerra Civil\, con pai miliciano e moita fame. \nA exposición convida a reflexionar sobre a arte nun mundo en conflito.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/angel-barros-no-multiusos-da-xunqueira-a-luz-da-arte-en-tempos-de-xenocidio/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251004T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251004T220000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251002T094559Z
LAST-MODIFIED:20251002T094559Z
UID:93014-1759599000-1759615200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Roteiros medioambientais
DESCRIPTION:A oficina de turismo abre o prazo de inscricións nas diferentes actividades organizadas polas concellerías de Turismo e Sostibilidade para este mes de outubro. Un programa que arranca o sábado 4 de outubro con dúas citas: unha actividade de observación de aves na zona da Portela en horario de tarde de 17:30 a 19:30 horas. As sete e media haberá un paseo nocturno que se prolongará ata as dez da noite no praia da Punta en Cesantes. \nAs inscricións deben realizarse na Oficina de Turismo\, no teléfono 986 40 17 13 ou no correo turismo@redondela.gal.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/roteiros-medioambientais/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251005T093000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251005T130000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251002T094724Z
LAST-MODIFIED:20251002T094724Z
UID:93017-1759656600-1759669200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Percorrido polo río Pexegueiro
DESCRIPTION:A oficina de turismo abre o prazo de inscricións nas diferentes actividades organizadas polas concellerías de Turismo e Sostibilidade para este mes de outubro. o domingo 5 realizarase un percorrido polo río Pexegueiro que permitirá coñecer o patrimonio e a riqueza medioambiental que existe nesta zona de ribeira. Unha proposta para os amantes do sendeirismo que arrancará ás 9:30 horas e cuxo remate está previsto para ás 13:00 horas. \nAs inscricións deben realizarse na Oficina de Turismo\, no teléfono 986 40 17 13 ou no correo turismo@redondela.gal.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/percorrido-polo-rio-pexegueiro/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251009T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251011T150000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20250912T061543Z
LAST-MODIFIED:20250923T093135Z
UID:92368-1759996800-1760194800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Doazón de sangue en Redondela e Chapela
DESCRIPTION:Unha unidade móbil de ADOS estará situada o xoves 9 na Alameda de Chapela en horario de 15:30 a 21:00 horas e o venres e sábado ao carón do Concello. O día 10 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas\, e o sábado 11 de 10:00 a 15:00 horas. \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/doazon-de-sangue-en-redondela-e-chapela-2/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251010T220000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251010T233000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20250930T092345Z
LAST-MODIFIED:20250930T092345Z
UID:92917-1760133600-1760139000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Chocolate con estrelas
DESCRIPTION:O Concello de Soutomaior organiza unha quedada para gozar do ceo e das estrelas. Será o venres 10 de outubro na Casa do Pobo de Moreira. Unha actividade de balde e sen inscrición previa pensada para todos os públicos que poderán gozar das astronomía e dun chocolate para acompañar. Aconséllase aos participantes que acodan ben abrigados e con roupa cómoda.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/chocolate-con-estrelas/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251012T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251012T190000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251002T094939Z
LAST-MODIFIED:20251002T094939Z
UID:93019-1760263200-1760295600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Percorrido pola vía verde e orientaventura en Cesantes
DESCRIPTION:A oficina de turismo abre o prazo de inscricións en dáus actividades previstas para o  domingo 12 de outubro: un percorrido pola vía verde de Chapela ás dez da maña e unha actividades de orientaventura en Cesantes en horario de tarde\, de 17:00 a 19:00 horas. \n. As inscricións deben realizarse na Oficina de Turismo\, no teléfono 986 40 17 13 ou no correo turismo@redondela.gal.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/percorrido-pola-via-verde-e-orientaventura-en-cesantes/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251014T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251014T140000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251002T093902Z
LAST-MODIFIED:20251002T093902Z
UID:93007-1760436000-1760450400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Chala sobre alimentación a partir dos 60
DESCRIPTION:A Fundación Formavigo adica o mes de outubro en Redondela á promoción de actividades vencelladas á alimentación saudable.\nDentro desta programación o martes 14 en horario de 10:00 a 13:00 horas organizan unha charla formativa sobre como alimentarnos despois dos 60 anos. Unha actividade práctica\, na que o nutricionista Jaime Juncal achegará aos asistentes información\, consellos prácticos e resolverá dúbidas sobre as necesidades nutricionais adaptadas a esta etapa da vida.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/chala-sobre-alimentacion-a-partir-dos-60/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251014T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251014T193000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20250930T061407Z
LAST-MODIFIED:20250930T061407Z
UID:92910-1760464800-1760470200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Club de arte na Biblioteca
DESCRIPTION:«Tropa creativa» club de arte para a rapazada na Biblioteca Xela Arias \nA iniciativa está pensada para rapaces e rapazas que teñan entre 8 e 12 anos de idade. A actividade\, organizada dende as Bibliotecas municipais estará impartida pola ilustradora Nusy Lo e impartirase unha vez ao mes en horario de 18:00 a 19:30 horas nas instalacións da biblioteca de Chapela no Multiúsos do Piñeiral. \nA actividade bautizada como “tropa creativa” permitirá aos asistentes coñecer movementos artísticos\, curiosidades da historia da arte\, artistas… e facer as súas propias propostas artísticas. \nPara participar compre inscrición previa no teléfono 986-454-226\, en horario de luns a venres\, de 16:00 a 21:00 h.ou no enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal \nO club de arte celebrará a súa primeira sesión o 14 de outubro.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/club-de-arte-na-biblioteca/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251018T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251018T150000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251002T095154Z
LAST-MODIFIED:20251002T095154Z
UID:93022-1760785200-1760799600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Kayak pola Portela
DESCRIPTION:A oficina de turismo abre o prazo de inscrición para anotarse nunha saída en kayak pola zona da Portela que se celebra o sábado 18 de outubro en horario de 11:00 a 13:30 horas. A actividade ten un custe de 20 euros por persoa. As inscricións deben realizarse na Oficina de Turismo\, no teléfono 986 40 17 13 ou no correo turismo@redondela.gal.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/kayak-pola-portela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251024T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251025T170000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20250930T061251Z
LAST-MODIFIED:20250930T061251Z
UID:92908-1761292800-1761411600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Celebración do Ano Castelao en Reboreda
DESCRIPTION:A Asociación Amigos do Carballo das Cen Pólas e a Sociedade cultural de Reboreda organizan os días 24 e 25 de outubro actividades centradas na figura do político\, escritor e ilustrador Daniel Rodríguez Castelao no ano no que se conmemora o 75 aniversario do seu pasamento. \nUn concerto o venres 24 na Sociedade Cultural de Reboreda a cargo de Francisco Castro e unha visita ao Museo de Pontevedra o sábado 25 centran esta programación de balde. Inscricións no teléfono 661 156127.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/celebracion-do-ano-castelao-en-reboreda/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251024T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251024T213000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251013T092427Z
LAST-MODIFIED:20251013T092427Z
UID:93300-1761336000-1761341400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Concerto dos Carunchos
DESCRIPTION:O Multiúsos do Piñeiral acolle o Día das Bibliotecas\, venres 24 de outubro ás 20:00 horas un concerto a cargo de Os Carunchos quen presentará o seu libro disco “Unha gorxa chea de paxaros” cheo de poemas de Manuel María. Unha actividade organizada co gallo da conmemoración do XX aniversario da Biblioteca Xela Arias de Chapela.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/concerto-dos-carunchos/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251025T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251025T210000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251023T111354Z
LAST-MODIFIED:20251023T111354Z
UID:93702-1761420600-1761426000@www.radioredondela.com
SUMMARY:VI Festival Casto Sampedro
DESCRIPTION:O sábado 25 de outubro de 2025\, Redondela acollerá a sexta edición do Festival Casto Sampedro\, un evento musical de tradición galega que terá lugar no Multiusos da Xunqueira a partir das 19:30 horas\, cunha entrada de balde. O cartel inclúe actuacións destacadas de A.F. Vila de Baiona coas Pandereteiras do Monte Boi e A.F O Carballo das Cen Polas de Rebordeda. Organizado pola asociación O Carballo das Cen Polas e co apoio do Micromercado Selecto\, Tía Estébana e o Concello de Redondela\, este festival promete unha noite de celebración cultural\, convidando á veciñanza a sumarse á festa da música tradicional.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/vi-festival-casto-sampedro/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251026T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251026T170000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251023T082747Z
LAST-MODIFIED:20251023T082747Z
UID:93654-1761472800-1761498000@www.radioredondela.com
SUMMARY:XI Motocallada
DESCRIPTION:Os afeccionados ás motos teñen cita este domingo\, 26 de outubro\, coa undécima edición da Motocallada de Redondela. O evento\, que se celebra no Campo da Feira\, convoca a todos os entusiastas das dúas rodas a partir das 10:00 horas da mañá para unha xornada chea de camaraderie\, rutas polas estradas locais e un xantar colectivo que rematará con entrega de premios populares. \nA saída da ruta está programada para as 11:30 horas. O regreso ao Campo da Feira converterase nunha festa ao aire libre\, onde se instalará unha carpa con callos quentes\, pan\, bebidas e empanada para todos os asistentes a prezos populares. \nEsta Motocallada\, que alcanza xa a súa décima primeira edición\, consolídase como un dos eventos máis esperados do calendario moteiro galego. Os organizadores animan a toda a veciñanza a achegarse ao Campo da Feira dende primeira hora para non perderse nin un detalle. Para máis información\, pódese contactar coa organización a través dos seus canais habituais. \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/xi-motocallada/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251026T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251026T150000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251002T095325Z
LAST-MODIFIED:20251002T095325Z
UID:93025-1761476400-1761490800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Observación de aves
DESCRIPTION:O programa de saidas medioambientais do Concello péchase o domingo 26 cunha actividades de iniciación á observación de aves tamén na zona da Portela en horario de mañá. Inscrición de balde na Oficina de Turismo\, no teléfono 986 40 17 13 ou no correo turismo@redondela.gal.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/observacion-de-aves/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251026T113000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251026T180000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251023T095340Z
LAST-MODIFIED:20251023T095340Z
UID:93691-1761478200-1761501600@www.radioredondela.com
SUMMARY:II Xornada Manoel Vello: A historia de Galicia como motor cinematográfico
DESCRIPTION:O vindeiro sábado 26 de outubro\, o Castelo de Soutomaior converterase nun espazo de reflexión cinematográfica cunha actividade cultural que une historia e imaxe: a II Xornada Manoel Vello\, titulada “A historia de Galicia como motor cinematográfico”. Organizada pola Asociación Pro-Fundación Manoel Vello en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior\, esta xornada busca explorar como a nosa terra pode inspirar novas narrativas audiovisuais\, homenaxeando a figura do activista Manoel Vello. \nA cita para falar da produción dun ‘Xogo de Tronos’ galego une historia e imaxe\, homenaxeando a figura do activista e pioneiro do cine galego Manoel Vello\, e busca explorar como a nosa terra pode inspirar novas narrativas audiovisuais. \nA programación\, que se desenvolverá ao longo da mañá e a tarde\, comezará ás 11:30 horas cunha recepción e café para os asistentes. Ás 12:00 horas terá lugar a apertura oficial\, coa benvida do alcalde de Soutomaior\, Manu Lourenzo\, e da presidenta da Asociación Pro-Fundación Manoel Vello\, Carolina Silva. Seguirá unha presentación a cargo de César Pazos\, recoñecido escritor de novela histórica e impulsor desta xornada\, quen contextualizará o espírito do encontro \nUn dos momentos centrais será ás 12:30 horas\, cunha charla impartida por José Manuel Barbosa\, investigador especializado na historia de Galiza e autor de obras como A evolución histórica dos límites da Galiza e Por que caeu a Galiza?. Baixo o título “Momentos da historia de Galiza para levar ao cine“\, Barbosa analizará episodios clave do noso pasado –descoñecidos para a maioría dos galegos– que poderían adaptarse á gran pantalla\, destacando o seu potencial narrativo en virtude da repercusión na construción europea e da capacidade dramática. \nTras unha breve pausa para café ás 12:50 horas\, a sesión continuará ás 13:00 horas cunha mesa redonda titulada “Revivir a nosa historia a través do cine“. Neste debate participarán Tomé Martínez\, director de cine e escritor; Iago de Sant\, director de cine de inmersión; e César Pazos\, quen pechará o círculo de intervencións con perspectivas literarias\, audiovisuais e creativas. Xuntos\, exporán as posibilidades reais de converter a nosa historia en filmes e distribuílos polos circuítos ou plataformas internacionais. \nO mediodía rematará ás 14:00 horas cunha degustación de petiscos\, que servirá de oportunidade para o networking entre os participantes. Pola tarde\, ás 15:00 horas\, a xornada pechará coas conclusións\, centradas en “Perspectivas de futuro” para o cine galego. O peche oficial\, previsto para as 15:45 horas\, correrá a cargo de Carolina Silva\, quen resumirá as ideas \nEsta segunda edición consolida o Castelo de Soutomaior como un referente para eventos culturais que ligan historia\, cinema e identidade galega. A Asociación Pro-Fundación Manoel Vello\, dedicada á recuperación e difusión da obra de Vello\, promove esta actividade para fomentar o diálogo entre creadores\, historiadores e público xeral. \nEntrada de balde ata completar o aforo (non é preciso inscrición previa\, aínda que se recomenda confirmar a asistencia a través dos canais do Concello de Soutomaior). \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/ii-xornada-manoel-vello-a-historia-de-galicia-como-motor-cinematografico/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251026T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251026T183000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251023T084905Z
LAST-MODIFIED:20251023T084905Z
UID:93661-1761498000-1761503400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Semana Samáin Soutomaior: Obradoiro de cabazas
DESCRIPTION:O Concello de Soutomaior prepara un ciclo de actividades que se desenvolverán dende o 26 de outubro ata o 2 de novembro e que inclúen o espectáculo “Subumdra” de Troula animación\, obradoiros variados\, escapes rooms para público infantil e adulto e unha Maratón de cine de terror coa proxección do clásico El Resplandor. \nPara o domingo 26 de outubro progran un atractivo obradoiro de esculpido de cabazas dirixido a familias. A actividade terá lugar na Finca Cafexo-Massó\, de 17:00 a 18:30 horas. O taller\, de balde e con praza limitada a 30 persoas\, convida aos participantes a levar a súa propia cabaza para transformala en decocións terroríficas ao estilo Halloween. Trátase dunha proposta pública familiar\, ideal para gozar en equipo nun ambiente festivo e creativo. \nAs inscricións están abertas en liña desde o pasado 17 de outubro ata o 22. Esta actividade é o primeiro evento da Semana do Samaín en Soutomaior que se prolongará ata o 2 de novembro con máis sorpresas temáticas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/semana-samain-soutomaior-obradoiro-de-cabazas/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251030T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251030T220000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251023T085219Z
LAST-MODIFIED:20251023T085219Z
UID:93668-1761843600-1761861600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Noctámbulas en Soutomaior: especial Samaín
DESCRIPTION:O Concello de Soutomaior prepara un ciclo de actividades que se desenvolverán dende o 26 de outubro ata o 2 de novembro e que inclúen o espectáculo “Subumdra” de Troula animación\, obradoiros variados\, escapes rooms para público infantil e adulto e unha Maratón de cine de terror coa proxección do clásico El Resplandor. \nO xoves 30 de outubro chega unha nova edición de Noctámbulas\, unha edición de especial de Samaín con acampada destinada á mocidade a partir do  12 anos  e que terá lugar na Casa da Cultura Rexina MíguezNoval ( Soutomaior). Unha actividade de balde para a que se precisa inscrición previa en liña.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/noctambulas-en-soutomaior-especial-samain/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251031T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251031T230000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251023T084140Z
LAST-MODIFIED:20251030T204448Z
UID:93657-1761930000-1761951600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Samaín en Redondela
DESCRIPTION:A programación arranca á tarde con dobre de obradoiros nos Multiusos da Xunqueira e de Chapela. De 17:00 a 20:00 horas\, os nenos poderán participar en ambas instalacións públicas no “Obradoiro fai a túa cabaza”\, onde esculpirán e decorarán cabazas para converterse en verdadeiras obras de arte de outono. Paralelamente\, o “Obradoiro de maquillaxe e tatuaxes de terror” permitirá aos participantes transformarse en monstros\, vampiros ou fantasmas con trucos de maquillaxe e tatuaxes temporais\, todo nun ambiente seguro e divertido. \n  \n  \n  \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/samain-en-redondela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251031T173000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251031T220000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251023T085808Z
LAST-MODIFIED:20251030T204235Z
UID:93674-1761931800-1761948000@www.radioredondela.com
SUMMARY:SUSPENDIDO Semana Samaín Soutomaior: Noite das Ánimas
DESCRIPTION:Concello de Soutomaior continúa a súa vibrante programación do Samaín cunha xornada especial o vindeiro venres 31 de outubro en Arcade\, centrada en actividades familiares cheas de creatividade e tradición celta. A festa\, que se estenderá ata o 2 de novembro\, convida a toda a veciñanza a sumarse a un programa de balde con prazas limitadas. \nEsta xornada arrincará ás 17:45 horas cun obradoiro de lanternas\, arañas e maquillaxe na Praza  Cima de Vila\, dirixido a familias e con capacidade para 25 persoas. Ás 19:00 horas\, a ‘Subumbra’\, unha procesión das ánimas a cargo de Troula Animación\, percorrerá o desde o Cruce da Praza de Cima de Vila\, pasando por Xosé Solla ata Talo Río dando comezo á Noite das Animas. Os participantes poden unirse coas súas velas\, cirios ou cabazas alumeadas para crear unha atmosfera máxica\, ata as 20:15 horas. \nA partir das 20:30 horas en Tal o Río\, o espectáculo musical ‘Esqueletes Bailade’ animará a noite con ritmos divertidos para público infantil e familiar. Ademais\, a ‘Casa da Escuridade’ ofrecerá animacións e xogos con acceso por quendas \, e un tren asador de castañas pechará a velada.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/semana-samain-soutomaior-noite-das-animas/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20251101T170000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20251101T233000
DTSTAMP:20260629T114216
CREATED:20251023T090441Z
LAST-MODIFIED:20251023T090441Z
UID:93680-1762016400-1762039800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Semana Samaín Soutomaior: Escaperoom e cinema de terror
DESCRIPTION:Concello de Soutomaior continúa a súa vibrante programación do Samaín cunha xornada de actividades o sábado 1 de novembro no Multiúsos de Arcade.  De 17:00 a 19:20 horas\, o Escape Room “Aldea Labrega” mergullará aos participantes nunha aldea misteriosa. A Sala 1 está dirixida a nenos de 3 a 7 anos (en compañía de adultos)\, mentres que a Sala 2 é para maiores de 8 anos. Cada pase ten 10 prazas\, con cinco sesións por sala (17:00\, 17:30\, 18:00\, 18:30 e 19:00 horas). As inscricións en liña abriuse o 17 de outubro e pecha o 22. \nA noite continuará cun o Maratón de Cinema de Terrorde 20:00 a 00:45 horas: ás 20:00 horas proxectarase “Cazafantasmas: Imperio Helado” (2024\, +7 anos)\, seguido de “El Resplandor” (1980\, +16 anos) ás 22:15. Durante os descansos\, repartiranse flocos de millo gratuítos para manter o ambiente festivo.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/semana-samain-soutomaior-escaperoom-e-cinema-de-terror/
END:VEVENT
END:VCALENDAR