BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Radio Redondela 94.9FM - ECPv5.3.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Radio Redondela 94.9FM
X-ORIGINAL-URL:https://www.radioredondela.com
X-WR-CALDESC:Events for Radio Redondela 94.9FM
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250129T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250129T210000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250128T142237Z
LAST-MODIFIED:20250128T142237Z
UID:85023-1738179000-1738184400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Ramón Villares fala de Castelao
DESCRIPTION:Un dos primeiros actos en Redondela co gallo do “Ano Castelao” terá lugar o mércores 29 baixo o título “Castelao e o Consello de Galiza” a cargo do catedrático de Historia Ramón Villares quen falará sobre a orixe e o papel de Castelao nese Consello de Galiza como primeiro presidente galego. Nun formato de entrevista\, Villares tratará o que foi o Goberno galego no exilio. A cita será na Oficina de Turismo\, na rúa Isidoro Queimaliños\, ás 19.30 horas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/ramon-villares-fala-de-castelao/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250201T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250201T210000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250127T163613Z
LAST-MODIFIED:20250127T163613Z
UID:84950-1738440000-1738443600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Ciclo de teatro: "O Randiña"
DESCRIPTION:Asociación Dramatúrxica Pico de Castro (Foz) presenta O Randiña no Multiusos da Xunqueira\, unha obra de entrada libre dentro do Ciclo de Teatro organizado pola Asociación Cultural e Social de Chapela e o Concello de Redondela. \nA peza teatral recrea as peripecias dun vagabundo\, “O Randiña”\, no seu afán por protexer o único lugar que considera o seu fogar: un banco de praza. Este singular personaxe enfróntase á indiferenza\, ao abuso e á marxinación\, empregando como únicas armas o seu enxeño e a súa astucia. Con estas ferramentas\, logra superar cada situación coa súa peculiar habilidade para saír adiante. \nO Randiña invítanos a reflexionar sobre as nosas vidas e o noso papel na sociedade\, ofrecendo unha perspectiva única e enriquecedora que nos fai repensar as relacións humanas e a empatía.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/ciclo-de-teatro-o-randina/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250208T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250208T213000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250127T164112Z
LAST-MODIFIED:20250127T164112Z
UID:84953-1739044800-1739050200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Humor na súa tinta: Luis Álvaro con "El espectáculo"
DESCRIPTION:Organizado por Pares Nones Producción e o Concello de Redondela\, o Multiusos da Xunqueira acollerá o próximo 8 de febreiro ás 20:00 horas o monólogo El espectáculo de Luis Álvaro\, con entrada a 13 euros. \nLuis Álvaro preséntase como un mestre do humor nas súas múltiples formas: negro\, branco\, absurdo e paradoxal. Co seu estilo único\, combina a provocación\, o sarcasmo e a reflexión\, transitando entre o humor máis escuro e o máis surrealista. As súas actuacións son como un salto ao baleiro no que sempre cae de pé\, extraendo ouro de tópicos que parecían esquecidos. \nCon referencias cheas de inxenio e irreverencia\, El espectáculo convídanos a rirmos desde a incomodidade e a pensar desde o absurdo. Máis aló do entretemento\, é unha chamada á liberdade de expresión\, un acto de resistencia política en tempos nos que o humor subversivo resulta máis necesario ca nunca.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/humor-na-sua-tinta-luis-alvaro-con-el-espectaculo/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250209T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250209T170000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250127T104122Z
LAST-MODIFIED:20250127T104122Z
UID:84910-1739095200-1739120400@www.radioredondela.com
SUMMARY:A festa do Cocido de Trasmañó adíase ao 9 de febreiro
DESCRIPTION:O temporal que azoutou con forza o noso concello na xornada de onte obrigou á comisión de festas de San Vicente de Trasmañó a adoptar unha decisión inédita na historia desta festa: adiar a súa celebración que quedou aprazada para o domingo 9 de febreiro. A cita gastronómica terá lugar no patio cuberto do Centro Sociocomunitario de Trasmañó. As persoas que xa mercaran o seu vale e no poidan acudir á comida o día 9\, poden ponerse en contacto coa Comisión de Festas que se compromete a devolver as cantidades abonadas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/a-festa-do-cocido-de-trasmano-adiase-ao-9-de-febreiro/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250215T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250215T213000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250127T164352Z
LAST-MODIFIED:20250127T164352Z
UID:84955-1739649600-1739655000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Tanxarina: "Territorios de liberdade"
DESCRIPTION:O 15 de febreiro ás 20:00 horas o auditorio da Xunqueira acollerá a obra “Territorios de Liberdade”\, unha coprodución do grupo redondelán Tanxarina\, Companhia Certa\, de Portugal\, e o Centro Dramático Galego. Este novo espectáculo\, no que participan os redondeláns Luis Borines\, Andrés Giráldez e Tatán\, reflexiona sobre a liberdade cunha posta en escena que celebra o 50 aniversario da Revolución dos Caraveis.  \nO prezo é de 4 euros.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/tanxarina-territorios-de-liberdade/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250215T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250215T213000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250213T102615Z
LAST-MODIFIED:20250213T102615Z
UID:85541-1739649600-1739655000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Concerto de Tino Baz en Soutomaior
DESCRIPTION:A cita musical será este sábado 15 ás 20 horas con entrada de balde. O concerto que leva por nome “Rosalía na nosa voz” corre a cargo de Tino Baz\, autor do disco sobre poemas de Rosalía de Castro “Se cantas es ti que cantas”. Un traballo con 11 cancións a partir dos textos da poeta galega. \nEsta actividade encádrase dentro da campaña ‘Goza do teu punto G\, o Galego dáche un punto’\, impulsada pola área de Normalización Lingüística do Concello de Soutomaior na que se inclúe unha ampla programación  cultural e festiva que se vai desenvolver nos vindeiros meses.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/concerto-de-tino-baz-en-soutomaior/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250215T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250215T233000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250214T115047Z
LAST-MODIFIED:20250214T115047Z
UID:85619-1739653200-1739662200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Día dos namorados en Cedeira
DESCRIPTION:O Centro Cultural de Cedeira celebra o sábado 15 a partir das 21:00 horas unha festa co gallo da celebración do Día dos Namorados na que haberá photocall para as parellas\, agasallos e música en directo. A entrada é gratuíta.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/dia-dos-namorados-en-cedeira/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250216T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250216T203000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250127T164748Z
LAST-MODIFIED:20250127T164748Z
UID:84957-1739732400-1739737800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Aquí tou! Un monólogo de Xosé A. Touriñán
DESCRIPTION:O domingo 16 de febreiro o Multiusos da Xunqueira acolle o monólogo do actor galego Xosé Antonio Touriñán\, coa obra “Aquí Tou!”\, ás 19.00 horas e entrada a 15 euros. \nEn Aquí Tou!\, Touriñán fai un percorrido pola súa vida\, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que\, como galegos\, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción\, tenrura e picardía\, anécdotas propias e cultura popular galega\, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida\, e da serie de boas e malas decisións que\, xunto cos feitos casuais\, levárono a ser que hoxe é.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/aqui-tou-un-monologo-de-xose-a-tourinan/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250220T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250220T213000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250213T102855Z
LAST-MODIFIED:20250213T102855Z
UID:85545-1740081600-1740087000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Charla de Amelia Tiganus
DESCRIPTION:A oradora\, escritora\, activista feminista e formadora  en obradoiros sobre a abolición da prostitución e violencias sexuais e estará connosco o xoves 20 de febreiro ás 20:00h. no Multiúsos (entrada de balde ata completar o aforo). Tiganus será a encargada de abrir o programa “Eira de actualidade” que pon en marcha o Concello de Soutomaior co obxecto de ofrecer unha programación para favorecer a aprendizaxe\, a construción colaborativa de coñecementos\,  a nutrición intelectual e emocional e promover a reflexión social.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/charla-de-amelia-tiganus/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250222T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250222T210000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250127T165419Z
LAST-MODIFIED:20250127T165419Z
UID:84963-1740254400-1740258000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Concerto de Airiños da Peneda
DESCRIPTION:Concerto de Airiños da Peneda – un dos mellores exemplos de música tradicional da comarca – de balde no Multiusos da Xunqueira o 22 de febreiro ás 20:00 horas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/concerto-de-airinos-da-peneda-2/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250223T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250223T190000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250127T165116Z
LAST-MODIFIED:20250127T165116Z
UID:84960-1740333600-1740337200@www.radioredondela.com
SUMMARY:VII Ciclo de Teatro Infantil: Ándale! Bon appétit!
DESCRIPTION:O VII Ciclo de Teatro Infantil continúa coa obra “Ándale! Bon appétit!” do grupo Ghazafellos o 23 de febreiro ás 18:00 horas no Multiusos da Xunqueira. \nTrátase da reposición da exitosa obra de Teatro Ghazafelhos ‘Bon Appétit’. Nesta ocasión\, os amantes chefs Felipe\, Antonio e Francisco mostrarán a deliciosa comida mexicana facendo un pequeno repaso da historia deste marabilloso país. Tamales\, enchiladas\, tacos… todas\, receitas endereitadas co inconfundible humor de Teatro Ghazafelhos e onde aparecerán personaxes como Pancho Villa\, Frida Kahlo\, os mariachis… e\, como non\, a participación do publico. \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/vii-ciclo-de-teatro-infantil-andale-bon-appetit/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20250301T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20250301T233000
DTSTAMP:20260520T130912
CREATED:20250213T103941Z
LAST-MODIFIED:20250213T103941Z
UID:85551-1740816000-1740871800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Entroido día 1 de marzo
DESCRIPTION:A rapazada será a protagonista desta xornada co Etroido Infantil e Xuvenil con obradoiros na Alameda de Castelao entre as 17.00 e as 19.30 horas. A Praza da Constitución acollerá o espectáculo do Mago Noel ás 17.30 horas\, co show “Que curioso!”. A música correrá a cargo do grupo The Turre´s Band cun animado pasarrúas polo centro da vila desde as 18.30 horas. A partir das 22.00 horas o Entroido deste 2025 repetirá a festa do sábado noite no campo da feira. Nesta ocasión será a orquestra París de Noia a encargada de poñer o ritmo a unha xornada chea de baile e diversión.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/entroido-dia-1-de-marzo/
END:VEVENT
END:VCALENDAR