BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Radio Redondela 94.9FM - ECPv5.3.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Radio Redondela 94.9FM
X-ORIGINAL-URL:https://www.radioredondela.com
X-WR-CALDESC:Events for Radio Redondela 94.9FM
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240504T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240504T140000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240419T083436Z
LAST-MODIFIED:20240419T083436Z
UID:76047-1714816800-1714831200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Obradoiro sobre coidado emocional
DESCRIPTION:O obradoiro “Coidado emocional\, desenvolvemento e empoderamento creativo” pechará o ciclo de saúde feminina o 4 de maio. Esta actividade será impartida pola xestora de recursos humanos Reina D’Hoore. O obxectivo deste obradoiro é reforzar a confianza e autonomía das mulleres. A terapeuta abordará coas participantes a xestión emocional centrando a atención nas emocións e os pensamentos\, e explorarán o autocoñecemento\, analizando as fortalezas e necesidades individuais de cada unha. Falarase da saúde emocional desde unha perspectiva de xénero “e como os roles e estereotipos inflúen no malestar emocional”. Por último a terapeuta afondará na importancia do “autocoidado e da autoestima”\, promovendo estratexias prácticas de valoración persoal e fomentando o apoio mutuo entre as participantes. \nO obradoiro\, que é de balde\, está dirixido a mulleres maiores de 18 anos. Impartirase o sábado 4 de maio de 10.00 a 14.00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Para participar é necesario inscribirse previamente no teléfono 986 40 28 65 ou no enderezo electrónico multiusosredondela@gmail.com.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/obradoiro-sobre-coidado-emocional/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240510T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240510T220000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240508T083353Z
LAST-MODIFIED:20240508T083353Z
UID:76632-1715371200-1715378400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Proxección de Sica
DESCRIPTION:O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres 10 de maio ás 20:00 horas a proxección de Sica\, enmarcada no ciclo de cine en galego que organiza o Servizo de Normalización Lingüística. prezo da entrada: 2 euros.\nDirixida por Carla Subirana e protagonizada por Thais García e Nuria Prims. Conta a historia de Sica\, unha adolescente de 14 anos que está obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio na Costa da Morte. Sica investiga as circunstancias do accidente e adéntrase nunha dolorosa viaxe de descubrimento. […]
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/proxeccion-de-sica/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240515T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240515T170000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240508T083118Z
LAST-MODIFIED:20240508T083118Z
UID:76629-1715760000-1715792400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Xigantes e cabezudos
DESCRIPTION:O Concello de Redondela ten aberto ata o 15 de maio o prazo de inscrición para participar nas Festas da Coca como xigante ou cabezudo. De entre todos os inscritos farase un sorteo público o 17 de maio. Búscanse un total de 20 persoas para exercer de cabezudos\, un mordomo e dúas persoas máis que se encargarán de dar vida aos xigantes. A inscrición debe facerse no rexistro xeral do concello.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/xigantes-e-cabezudos/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240515T090000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240517T140000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240515T113416Z
LAST-MODIFIED:20240515T113416Z
UID:76859-1715763600-1715954400@www.radioredondela.com
SUMMARY:VI Torneo exhibición Fútbol Sala
DESCRIPTION:O pavillón da Marisma acolle este venres 17 unha exhibición de fútbol sala organizada polo Club Casa Paco con participación dos máis cativos. Así\, sairán a pista neste VI torneo de futbol sala mini nenos e nenas nados nos anos 2018 e 2019\, rapazada que con tan só 5 ou seis anos xa amosan o seu  bo facer na pista. Durante o torneo proxectarase no videomarcador fotos da historia do club Casa Paco e haberá un sorteo de empanadas de Choco de Redondela. No tempo de descanso\, terá lugar un accto homenaxe ao ex-membro de Casa Paco Manu Rancaño\, actual xogador do Pontevedra. \nAo remate farase entrega das medallas e agasallos aos xogadores e clubs participantes entre os que se atopan o UD Mos\, SD\, Pazos\, Arealonga FS\, Arbo CF\, ED Val Miñor\, Fundación Celta e o anfitrión. \nO evento organizado por Casa Paco 81 conta coa colaboración do Concello de Redondela.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/vi-torneo-exhibicion-futbol-sala/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240516T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240516T220000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240516T083052Z
LAST-MODIFIED:20240516T083052Z
UID:76906-1715893200-1715896800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Deadpan Karaoke
DESCRIPTION:O Multiúsos de Arcade acolle este xoves ás 21:00 horas a obra Deadpan karaoke de Ibuprofeno teatro. Un divertido espectáculo con entrada de balde enmarcada dentro da programación das letras Galegas do Concello de Soutomaior.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/deadpan-karaoke/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240517T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240517T233000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240516T135424Z
LAST-MODIFIED:20240516T140745Z
UID:76983-1715947200-1715988600@www.radioredondela.com
SUMMARY:XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela
DESCRIPTION:PROGRAMACIÓN SALA VENRES 17 \nÁs 20:00h no Auditorio do Multiusos da Xunqueira \no arxentino Sergio Mercurio coa obra “Viejos” para maiores de 14 anos e cunha duración de 70 minutos. \nEscritor\, cineasta\, director e actor de teatro\, coñecido internacionalmente como O Titiriteiro de Banfield\, da súa etapa creativa anterior\, é un dos grandes titiriteiros de Latinoamérica. \n“Viejos” é unha obra que fala do paso do tempo onde cada personaxe dános unha lección vital\, entre risas e suspiros\, con diálogos cheos de humor pero tamén cheos desas reflexións que escarvan no corazón do espectador/a. \nPROGRAMACIÓN DE RÚA VENRES 17 \n11.00H. Acto institucional do Día das Letras Galegas. \n12:00h. Antigo campo da Petanca: “As marionetas também têm coraçao” do portugués Rui Sousa. \n12:00h. Praza de Ponteareas: “A Feira dos imposibles” dos aragoneses Civi-Civiac. \n12:00h. Soportais do Concello: “Dallecopé” dos galegos Pulpiño Viascón. \n12:30h. Casa da Torre: “Coa música a outra parte” dos galegos Trécola Producións. \n12:30h. Alameda de Castelao: “Cuentos de México” dos mexicanos Grupo Saltimbanqui. \n13:00h. Antigo campo da Petanca: “As marionetas também têm coraçao” do portugués Rui Sousa. \n13:30h. Soportais do Concello: “Dallecopé” dos galegos Pulpiño Viascón. \n17:00h.  Praza de Ponteareas: “A Feira dos imposibles” dos aragoneses Civi-Civiac. \n17:00h. Alameda de Castelao: “Cuentos de México” dos mexicanos Grupo Saltimbanqui. \n17:00h. Antigo campo da Petanca: “As marionetas também têm coraçao” do portugués Rui Sousa. \n17:30h. SAntigo campo da Petanca: “As marionetas também têm coraçao” do portugués Rui Sousa. \n18:00h. Pista da Xunqueira: “Tutankamón\, el niño Faraón” de Mutis Teatro. \n19:00h. Praza do Concello: “De Vilatriste a Vilalegre” dos galegos Teatro Ó Cubo e CDG. \n19:00h. Salgueiral: “Titiricircus” dos redondeláns Tanxarina Títeres. \n20:00h. Casa da Torre: “La cabra” dos andaluces El Espejo Negro. \n20:00h. Antigo campo da Petanca: “Marionetas do circo” do portugués Rui Sousa. \n21:00h. Soportais do Concello: The Turre’s Band en concerto. \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/xxv-festival-internacional-de-titeres-de-redondela-3/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240518T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240518T233000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240516T134925Z
LAST-MODIFIED:20240516T135553Z
UID:76977-1716033600-1716075000@www.radioredondela.com
SUMMARY:XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela
DESCRIPTION:PROGRAMACIÓN DE SALA \n\n\n\nSábado 18 de maio ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira La Chana Teatro  coa obra “Blancanieves” para maiores de 8 anos e cunha duración de 55 minutos. \n\n\n\nFundada en 1987 por Áurea Pérez e Jaime Santos. Ao longo destes anos conseguiron desenvolver unha forma propia de contar historias sempre centrada no obxecto\, a palabra e o espazo. \n\n\n\n“Blancanieves” é unha versión hilarante do clásico Brancaneves\, contada dende o verso\, o xogo cos obxectos pero\, sobre todo\, dende o humor. Estamos ante un espectáculo minucioso e de gran calidade interpretativa. Ten o Premio Max-2023 a Mellor espectáculo infantil/xuvenil. \n\n\n\nPROGRAMACIÓN DE RÚA SÁBADO \n\n\n\n12:30h. Alameda de Castelao: “Cousas da casa” dos galegos Micromina Teatro. \n\n\n\n17:00h. Praza de Ponteatras: “Kinetiko” Xirapaus. Dos galegos Instalación autómatas. \n\n\n\n17:30h. Alameda de Castelao: “Cousas da casa” dos galegos Micromina Teatro. \n\n\n\n18:00h. Salgueiral: “Cuentos de México” dos mexicanos Grupo Saltimbanqui. \n\n\n\n18:00h. Espazo Xan Carallás: “Cé orquestra pantasma” de “Home Orquestra”. \n\n\n\n18:30h. Pista da Xunqueira: “Tutankamón\, el niño Faraón” dos  castelanoleonenses Mutis Teatro. \n\n\n\n19:30h. Salgueiral: “Cuentos de México” dos mexicanos Grupo Saltimbanqui. \n\n\n\n19:30h. Espazo Xan Carallás: “Cé orquestra pantasma” de “Home Orquestra”. \n\n\n\n20:00h. Casa da Torre: “La Cabra” dos andaluces El Espejo Negro. \n\n\n\n20:00h. Antigo campo de Petanca: “Todos ao balcón!” dos galgos Viravolta Títeres. \n\n\n\n22:00h. Paseo da Xunqueira: Actuación musical dos galegos Kedirán.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/xxv-festival-internacional-de-titeres-de-redondela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240519T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240519T233000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240516T135027Z
LAST-MODIFIED:20240516T135502Z
UID:76979-1716120000-1716161400@www.radioredondela.com
SUMMARY:XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela
DESCRIPTION:PROGRAMACIÓN DE SALA \n\n\n\nDomingo 19 de maio ás 19:00 horas no Auditorio da Xunqueira o arxentino Sergio Mercurio coa obra “Viejos” para maiores de 14 anos e cunha duración de 70 minutos. \n\n\n\nEscritor\, cineasta\, director e actor de teatro\, coñecido internacionalmente como O Titiriteiro de Banfield\, da súa etapa creativa anterior\, é un dos grandes titiriteiros de Latinoamérica. \n\n\n\n“Viejos” é unha obra que fala do paso do tempo onde cada personaxe dános unha lección vital\, entre risas e suspiros\, con diálogos cheos de humor pero tamén cheos desas reflexións que escarvan no corazón do espectador/a. \n\nPROGRAMACIÓN DE RÚA DOMINGO \n\n\n\n11:45h. Fonte do Mouro: Ruada “A brincadeira das mouras”. Romaría itinerante que percorrerá dende a Fonte do Mouro a Rúa Picota\, Loureiro\, Cruceiro\, Reveriano Soutollo e ata o Concello. \n\n\n\n12:00h. Praza de Ponteareas: “A Feira dos imposibles” dos aragoneses Civi-Civiac. \n\n\n\n12:30h. Antigo campo da Petanca: “Coa música a outra parte” dos galegos Trécola Producións. \n\n\n\n12:45h. Reveriano Soutullo: “Dom Roberto” dos portugueses Marionetas Rui Sousa. \n\n\n\n13:00h Alameda de Castelao: “Barriga Verde” dos galgegos Títeres Alakrán. \n\n\n\n13:30h. Soportais do Concello: “Granujas a todo rtimo” dos cántabros MG Prod. \n\n\n\n17:00h. Praza de Ponteareas: “A Feira dos imposibles” dos aragoneses Civi-Civiac. \n\n\n\n17:00h. Reveriano Soutullo: “Dom Roberto” dos portugueses Marionetas Rui Sousa. \n\n\n\n17:30h. Salgueiral: “Cuentos de México” dos mexicanos Grupo Saltimbanqui. \n\n\n\n17:30h. Espazo Xan Carallás: “Cé orquestra pantasma” de “Home Orquestra”. \n\n\n\n17:30h. Casa da Torre: “Tutankamón\, el niño Faraón” dos  castelanoleonenses Mutis Teatro. \n\n\n\n18:00h. Alameda de Castelao: “Barriga Verde” dos galgegos Títeres Alakrán. \n\n\n\n19:00h. Antigo campo da Petanca: “Coa música a outra parte” dos galegos Trécola Producións. \n\n\n\n19:00h. Salgueiral: “Cuentos de México” dos mexicanos Grupo Saltimbanqui. \n\n\n\n19:00h Reveriano Soutullo: “Dom Roberto” dos portugueses Marionetas Rui Sousa. \n\n\n\n19:30h Espazo Xan Carallás: “Trikimachín” Pulpiño Viascón dos galegos Home Orquestra. \n\n\n\n21:00h. Pista da Xunqueira: Concerto CantaTorrella.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/xxv-festival-internacional-de-titeres-de-redondela-2/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240519T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240519T200000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240516T082753Z
LAST-MODIFIED:20240516T082802Z
UID:76902-1716141600-1716148800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Xanela do Maxín en Soutomaior
DESCRIPTION:O domingo 19 o protagonista será o teatro con música en directo coa proposta ‘Supercoroza. Na eira e na lareira’ de Xanela do Maxin\, unha cita que terá lugar ás 18:00 h. na Casa da Cultura Rexina Míguez Doval.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/xanela-do-maxin-en-soutomaior/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240519T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240519T223000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240516T134754Z
LAST-MODIFIED:20240516T134754Z
UID:76974-1716152400-1716157800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Concerto de CantaTorrella
DESCRIPTION:CantaTorrella será a banda encargada de pechar o Festival de Títeres de Redondela cun concertó o domingo 19 de maio na Pista da Xunqueira. Entre as sorpresas que prepara o grupo redondelán atópase a estrea da canción “25 titiriteiras” composta especialmente para o 25 aniversario do festival coa intención e despedir “por todo o alto a mostra máis grande de treatro e monicreques de Galicia”. \nCantaTorrella é unha banda redondelá que se empeza a fraguar a finais do ano 2021. Na actualidade está formada por Antonio Vidal (guitarras e voz)\, Myriam Cortizo (acordeón\, teclados\, clarineta\, percusións e coros)\, Diego Orge (batería e percusións)\, Mario Blanco (baixo) e Fon Conde na voz. Defínense por ter unha proposta musical orixinal na que mesturan tradición e modernidade\, movéndose con comodidade en diferentes estilos como poden ser a rumba\, a cumbia ou o Rock and Roll. “25 titiriteiras” representa o espírito do fetival seguindo a liña habitual do grupo e agradecen ao director Luis Crespo esta oportunidade que “recollen con alegría” e coa que prometen “facer bailar a todo o mundo”. CORTE \nLembrar que hoxe as actuacións de sala continúan ás 20h da tarde no Auditorio do Multiusos da Xunqueira co artista neerlandés Lejo e a súa obbra de títeres corporais “Mans arriba!”. Hoxe tamén dentro da programación de rúa podemos atopar aos franceses Théâtre Jaleo coa obra de teatro portátil “Edén” no Palco da Música da Alameda de Castelao a partir das 22h da noite. \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/concerto-de-cantatorrella/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240521T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240521T170000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240516T084841Z
LAST-MODIFIED:20240516T084841Z
UID:76916-1716278400-1716310800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Campamento conciliación en Redondela
DESCRIPTION:O campamento está dirixido á rapazada con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e desenvolveranse nos meses de xullo e agosto en horario de 09:00 a 14:00 horas. A actividade realizarase en sete parroquias: Cabeiro\, Cedeira\, Cesantes\, Chapela\, Quintela\, Reboreda e Redondela. \nA prestación do programa distribuirase en quincenas\, con dúas quendas en xullo e dúas en agosto. Toda a documentación necesaria publicarase na páxina web do Concello\, e tamén poderá solicitarse na casa do Concello ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM). As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello de Redondela do 7 ao 21 de maio de 2024.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/campamento-conciliacion-en-redondela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240521T093000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240521T143000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240516T082639Z
LAST-MODIFIED:20240516T082639Z
UID:76900-1716283800-1716301800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Xogos da lingua
DESCRIPTION:Xogos da lingua é unha proba en formato de xogo olímpicos que se vai celebrar en Soutomaior o día 21 enmarcado dentro da programación das letras galegas.  Unha proba na que participarán 240 escolar que comezará en Salgueirón\, relevo no IES Soutomaior e chegada a Talo para participar na gran festa das letras amenizada cun espectáculo especial  do pallaso Peter Punk. Esta actividade ten como obxectivo amosar\, a través do relevo\, a importancia de falar a nosa lingua\, o galego\, a importancia de transmitir e do relevo xeracional do noso idioma. \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/xogos-da-lingua/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240521T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240521T210000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20231023T095139Z
LAST-MODIFIED:20240508T082649Z
UID:70290-1716285600-1716325200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Doazón de sangue en Redondela
DESCRIPTION:A unidade móbil da Axencia de doazón de sangue estará en Redondela ao carón do Concello o martes 21 de maio en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Calquera persoa interesada pode achegarse e doar sangue sen cita previa. \n 
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/doazon-de-sangue-en-redondela-2/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240522T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240522T223000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240522T112057Z
LAST-MODIFIED:20240522T112057Z
UID:77117-1716409800-1716417000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Acto de Ana Pontón en Redondela
DESCRIPTION:Ana Pontón asiste en Redondela a un acto de precampaña das elección europeas. A cita será na Alameda Castelao ás 20:30 horas de hoxe mércores. Ademais da portavoz nacional asistirá a cabeza de lista do BNG ás elección europeas do vindeiro 9 de xuño\, Ana Miranda\, así como o portavoz municipal\, Xoán Carlos González.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/acto-de-ana-ponton-en-redondela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240524T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240524T170000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240516T084615Z
LAST-MODIFIED:20240516T084615Z
UID:76913-1716537600-1716570000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Programa conciliación en Soutomaior
DESCRIPTION:O programa “Trouleando en Soutomaior” amplía a idade dos participantes ata os 16 e anos co obxecto de dar este servizo ás familias con nenos e nenas pero tamén con adolescentes. A iniciativa desenvolverase dende o 24 de xuño ata o 6 de setembro\, abarcando así a totalidade do período non lectivo da rapazada. As actividades enmarcadas dentro deste programa\, que busca favorecer a conciliación laboral e familiar das familias así como ofertar aos menores un espazo no que se divertir nas vacacións\, desenvolverase no Multiúsos de Arcade e contará con seis quendas. O horario previsto pode ademais varias en función das necesidades dos participantes\, que poderán ir de 9:00 a 14:00 horas\, ampliar unha hora máis con plan madruga a partir das oito da mañá ou incluso prolongar este horario ata as tres da tarde. \nAs inscricións están xa abertas tanto en liña\, na propia páxina web do concello de Soutomaior\, como de xeito presencial no CIM no Multiúsos de Arcade ata o 24 de maio.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/programa-conciliacion-en-soutomaior/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240525T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240525T220000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240516T083516Z
LAST-MODIFIED:20240516T084105Z
UID:76908-1716670800-1716674400@www.radioredondela.com
SUMMARY:"Made in Galicia" en Arcade
DESCRIPTION:Sarabela teatro chega ao Multiúsos de Arcade  coa adaptción do obra de Sechu Sende “Made in Galicia”.  O sábado 25 de maio ás 21:00 horas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/made-in-galicia-en-arcade/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240529T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240529T193000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240516T084400Z
LAST-MODIFIED:20240516T084400Z
UID:76910-1717005600-1717011000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Contacontos con Yolanda Castaño
DESCRIPTION:A programación das Letras Galegas péchase en Soutomaior o mércores 29 de maio cos Contacontos en verso con Yolanda Castaño\, unha cita que terá lugar ás 18:00h. na Biblioteca Luís Seoane de Arcade.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/contacontos-con-yolanda-castano/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240531T180000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240531T235500
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240531T173708Z
LAST-MODIFIED:20240531T173708Z
UID:77351-1717178400-1717199700@www.radioredondela.com
SUMMARY:Rock Redondela
DESCRIPTION:Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca\, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man. \nO venres a noite está reservada para os amantes do rock co programa Rock Redondela e as actuacións dos grupos locais Chocolate Sexy (21:00 horas)\, Volvoreta(22:15 horas) e RMS (23:30 horas) e o peche cos sevillanos Reincidentes (01:00 horas)\, autores de grandes éxitos do punk rock como “Vicio”\, “Grana y oro” ou “Ay Dolores”. \nO deportes tamén estará presente na programación coa competición “Balonmán na rúa” o venres desde as 18.00 horas na pista da Xunqueira e a Alameda Castelao. \nO sábado o público poderá gozar do concerto de Revólver\, liderado polo artista Carlos Goñi. A banda fará unha parada en Redondela dentro da súa xira “Playlist Tour” cun concerto no que os asistentes vibrarán ao ritmo de grandes éxitos como “El roce de tu piel”\, “Si es tan solo amor” ou “Faro de Lisboa”\, xunto cos temas do seu último disco\, no que presentan versións de grandes éxitos da música en español con temas de Pereza\, Amaral e Elefantes\, entre outros.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/rock-redondela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240531T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240531T203000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240531T085606Z
LAST-MODIFIED:20240531T085606Z
UID:77297-1717182000-1717187400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Asemblea sobre o PXOM en Cedeira
DESCRIPTION:A asociación veciñal de Cedeira convoca unha asemblea sobre o PXOM. A Asociación de veciños San Bernardo de Cedeira convoca na tarde de hoxe unha asemblea aberta a toda a parroquia co obxecto de informar á veciñanza sobre cuestións relacionadas co Plan Xeral de ordenación Municipal que se atopa actualmente en fase de presentación de alegacións. A cita será ás 19:00 horas no Centro Cultural de Cedeira e na mesma abordarase tamén a renovación da Xunta Directiva.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/asemblea-sobre-o-pxom-en-cedeira/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240531T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240531T210000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240531T085657Z
LAST-MODIFIED:20240531T085657Z
UID:77300-1717183800-1717189200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Concerto no Multiúsos
DESCRIPTION:Concerto do Conservatorio Superior de Música de Vigo en Redondela. Alumnado do Conservatorio Superior de Música de Vigo ofrecerá na tarde de hoxe ás 19:30 un concerto de balde no auditorio da Xunqueira. Enmarcado dentro do convenio asinado entre o centro de estudios musicais vigués e o Concello de Redondela\, esta actuación inaugura un programa de concertos que se irán celebrando no Auditorio da Xunqueira. Desta maneira Redondela completará a súa oferta de música clásica que xa contaba\, até o de agora\, coa colaboración do Conservatorio Municipal e a Escola de Música de Chapela.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/concerto-no-multiusos-2/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240601T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240601T233000
DTSTAMP:20260520T220605
CREATED:20240531T174419Z
LAST-MODIFIED:20240531T174821Z
UID:77354-1717239600-1717284600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Festa da Coca
DESCRIPTION:Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca\, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man. \nA xornada comezará ás 11:00h cunha Alborada a cargo da Banda de Música de Arcade que darán tamén un concerto ás 18:00 horas na Alameda de Castelao. \nEntrada a noite o público poderá gozar do concerto de Revólver\, liderado polo artista Carlos Goñi ás 22:00 horas no Campo da Feira. A banda fará unha parada en Redondela dentro da súa xira “Playlist Tour” cun concerto no que os asistentes vibrarán ao ritmo de grandes éxitos como “El roce de tu piel”\, “Si es tan solo amor” ou “Faro de Lisboa”\, xunto cos temas do seu último disco\, no que presentan versións de grandes éxitos da música en español con temas de Pereza\, Amaral e Elefantes\, entre outros. \nA orquestra Galilea e o pica discos Rodri Vegas completarán a oferta musical da noite.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/concerto-revolver-orquestra-galilea-rodri-vegas/
END:VEVENT
END:VCALENDAR