BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Radio Redondela 94.9FM - ECPv5.3.2.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Radio Redondela 94.9FM
X-ORIGINAL-URL:https://www.radioredondela.com
X-WR-CALDESC:Events for Radio Redondela 94.9FM
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230703T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230703T210000
DTSTAMP:20260521T205606
CREATED:20221028T112957Z
LAST-MODIFIED:20230629T064309Z
UID:61291-1688378400-1688418000@www.radioredondela.com
SUMMARY:Doazón de sangue en Arcade
DESCRIPTION:Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase o luns 3 a Arcade. Os veciños que o desexen poderán facer as súas doazóns no autobús que permanecerá na praza de Abastos en horario de mañá de 10:00 a 14:30 e pola tarde dende as 16:15 ata as 21:00 horas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/doazon-de-sangue-en-arcade-3/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230706T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230707T170000
DTSTAMP:20260521T205606
CREATED:20230705T081204Z
LAST-MODIFIED:20230705T081218Z
UID:67683-1688630400-1688749200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Curso de clarinete en Chapela
DESCRIPTION:A escola de música de Chapela acolle os días 6 e 7 de xullo un curso de clarinete a cargo do mestre Óscar González\, clarinete solista do quinteto Rubato e da Banda de Música municipal de Coruña. O prezo do curso é de 35 euros os alumnos e alumnas da Escola mentres que o alumnado externo deberá abonar 50 euros. Información e inscrición no teléfono 636124635
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/curso-de-clarinete-en-chapela/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230707T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230707T170000
DTSTAMP:20260521T205606
CREATED:20230705T081729Z
LAST-MODIFIED:20230705T081729Z
UID:67693-1688716800-1688749200@www.radioredondela.com
SUMMARY:I Torneo de Pádel infantil de Soutomaior
DESCRIPTION:O pavillón de deportes da Montesiña acolle este venres 7 de xullo o I torneo da escola municipal de pádel infantil. O evento está dirixido a alumnos inscritos nesta escola deportiva e os partidos xogaranse en diferentes categorías por idade e nivel. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 5 de xullo e os interesados poden anotarse a través da web www.gabinetesoutomaior.com
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/i-torneo-de-padel-infantil-de-soutomaior/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230707T183000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230728T203000
DTSTAMP:20260521T205606
CREATED:20230706T105635Z
LAST-MODIFIED:20230706T105635Z
UID:67731-1688754600-1690576200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Clases música tadicional no Viso
DESCRIPTION:A Sociedade Cultural do Viso anima a achegarse á cultura tradicional neste verán con catro sesións abertas a todas aquelas persoas que desexen unha alternativa de interese para as tardiñas dos venres do mes de xullo. Para recibir máis información\, os interesados/as pódense dirixir ao correo electrónico acsmviso@gmail.com ou ao teléfono 627.938.607. \nGrupos a partir das 18:30h para achegarse ao mundo da música tradicional a través da gaita e a percusión tradicional\, contarán de xeito totalmente gratuíto coas ensinanza do mestre Manuel Cruces\, principal gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/clases-musica-tadicional-no-viso/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230708T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230708T220000
DTSTAMP:20260521T205606
CREATED:20230705T081108Z
LAST-MODIFIED:20230705T081108Z
UID:67680-1688846400-1688853600@www.radioredondela.com
SUMMARY:II aniversario de Espaço Vivo
DESCRIPTION:O local de hostalaría vegana que ten a súa sede no Camiño do Fixón 64\, na parroquia de Negros naceu hai xa dous anos da man de Serxio Crespo e Eva Castro. Para conmemorar esta data o vindeiro sábado 8 de xullo ás 20:00 horas cunha xornada de gastronomía e música co proxecto Laxes de Roi Adrio e Gustavo García. A banda achegará un repertorio de músicas Atlántikas interpretadas con requinta e guitarra electro-acústica. A continuación celebrarase unha foliada aberta\, convidando a todos os músicos que o desexen a asistir cos seus instrumentos. \nDende Espaço Vivo lembran que para asistir compre unha reserva previa para poder así organizar o estacionamento e os petiscos que se poderán degustar durante esta celebración cargada de música. \nReserva no teléfono 622193026
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/ii-aniversario-de-espaco-vivo/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230710T110000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230721T130000
DTSTAMP:20260521T205606
CREATED:20230705T081647Z
LAST-MODIFIED:20230705T081647Z
UID:67690-1688986800-1689944400@www.radioredondela.com
SUMMARY:Cursos de informática e internet en Soutomaior
DESCRIPTION:O concello de Soutomaior organiza neste mes de xullo dous “minicursos” de informática orientados a maiores de 18 anos que se impartirá na biblioteca de Arcade. A actividade consta con seis horas lectivas que se impartirán en horario de mañá de 11 a 13 horas os días 10\, 11 e 12 e que se repetirá os días 17\, 18 e 19. As persoas interesadas deben inscribirse previamente a través da páxina web do concello. \nO obxectivo do curso\, completamente de balde\, é achegarlle é ensinarlle aos participantes a realizar trámites administrativos e bancarios a través de internet así como facilitarlle o mellor uso do correo electrónico\, redes sociais\, a chave 365\, o certificado dixital e outras xestións que a día de hoxe se poden solucionar a través do propio teléfono móbil como a aplicación do Sergas para a solicitude de citas médicas.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/cursos-de-informatica-e-internet-en-soutomaior/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230710T200000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230710T220000
DTSTAMP:20260521T205606
CREATED:20230705T081508Z
LAST-MODIFIED:20230705T081508Z
UID:67686-1689019200-1689026400@www.radioredondela.com
SUMMARY:O C.D. Choco presenta a xunta directiva aos socios
DESCRIPTION:O Club deportivo Choco convoca aos seus socios a unha asemblea xeral ordinaria e outra extraordinaria que se van desenvolver o luns 10 de xullo a partir das 19:15 horas no Multiúsos da Xunqueira. Conforme ao orde do día abordarase a memoria económica do ano 2022-2023 así como a presentación da nova xunta directiva. \nOs asistentes deberán acreditarse co carné de socios do club e o DNI.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/o-c-d-choco-presenta-a-xunta-directiva-aos-socios/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230715T100000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230715T190000
DTSTAMP:20260521T205606
CREATED:20230705T084758Z
LAST-MODIFIED:20230705T084758Z
UID:67700-1689415200-1689447600@www.radioredondela.com
SUMMARY:Xornada de caiac e visita a Cortegada
DESCRIPTION:O Concello de Soutomaior organiza o sábado 15 de xullo unha actividade orientada a mozos e mozas de 16 a 35 anos de idade enmarcada dentro do seu programa Soutoverán. A proposta inclúa unha visita guiada que permitirá aos asistentes coñecer o patrimonio natural da Cortegada\, Illa que forma parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia\, para coñecer os seus encantos da man dunha guía especializada tras chegar alí en caiac. \nA saída será ás 10:00 horas dende Soutomaior con regreso previsto para as 19:00 horas. O prezo é de 12 euros para as persoas empadroadas e 30 para as non empadroadas e inclúe o transporte\, a visita guiada e o material. Inscripción na páxina web do concello de soutoamior.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/xornada-de-caiac-e-visita-a-cortegada/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230804T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230804T233000
DTSTAMP:20260521T205606
CREATED:20230803T113349Z
LAST-MODIFIED:20230803T115504Z
UID:68392-1691177400-1691191800@www.radioredondela.com
SUMMARY:Artistas de Rúa 2023
DESCRIPTION:Artistas de rúa celébrase o 4 de agosto\, nunha xornada na que poderanse gozar de ata 6 espectáculos por toda a vila. \nO pasarrúas “Chocolitos” comeza na Praza de Ribadavia ás 19:30h da tarde. É un espectáculo familiar interpretado por dous personaxes con traxes articulados con movementos realistas e fantásticos. Animados con animatronics nos ollos e a boca. Este espectáculo repítese ás 20:45h na Praza de Santiago. \n“Peter Punk e o neno imperdible” comeza ás 20:00h na Praza do Concello. Defínese como un trepidante espectáculo no que o pallaso Peter Punk atrévese a facer de equilibrista\, saltar ao baleiro e resucitar aos mortos.  Comparte elenco con Brais das Hortas. \n“Jano sen medias” (20:30h na Praza de Ponteareas). Este pallaso malabarista mestura o seu desenfrenado inxenio con acrobacias imposibles. Un humor orixinal\, participativo e arriscadamente divertido. \n“Somos Circo” (21:45h na Alameda de Castelao). A compañía Desastronauts\, composta por Raquel Feroz e Girisho\, traen a Redondela o auténtico circo\, alto en acción e baixo en precaución. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora presentan a súa obra mestra. \n“Volando…Vengo” (22:00h na Pista da Xunqueira). A compañía Kanbahiota está composta por artesáns do espectáculo especializados en malabares\, danza\, circo e maxia.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/artistas-de-rua-pasarruas-chocolitos/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230804T231500
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230804T235500
DTSTAMP:20260521T205606
CREATED:20230803T115413Z
LAST-MODIFIED:20230803T115431Z
UID:68401-1691190900-1691193300@www.radioredondela.com
SUMMARY:Concerto: La Penúltima Sabinera
DESCRIPTION:O programa “Artistas de Rúa” remata co mellor tributo a Joaquín Sabina na Praza da Torre. A Penúltima Sabinera é actualmente o máis grande tributo a Sabina. Cun directo coidado\, emotivo e irresistible\, consegue dende o primeiro momento\, unha total conexión e complicidade co público.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/concerto-la-penultima-sabinera/
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230805T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230805T233000
DTSTAMP:20260521T205606
CREATED:20230803T121127Z
LAST-MODIFIED:20230803T121127Z
UID:68406-1691269200-1691278200@www.radioredondela.com
SUMMARY:Berete Rock
DESCRIPTION:A décima edición do festival\, todo un referente no calendario galego do rock\, volta destacar cun cartel “potente” nun marco natural de excepción como é o Paseo Marítimo de Chapela.\n\n\nO vindeiro sábado 5 de agosto\, o Paseo Marítimo de Chapela volverá a converterse nun extraordinario escenario natural para acoller a décima edición do «Berete Rock» organizado pola Asociación Berete Rock e o Concello de Redondela\, a través da Concellería de Cultura que dirixe Mª Rita Pérez.\n\n\n\nAsí\, a partir das 21 horas do vindeiro 5 de agosto\, actuarán no Paseo Marítimo de Chapela Aphonnic\, Keltoi\, The Lelli Kelly´s\, The Soul Jacket e Monstrencos e como en anos anteriores todos os concertos serán de libre acceso e de balde.
URL:https://www.radioredondela.com/eventos/berete-rock-2/
END:VEVENT
END:VCALENDAR