www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Novembro de 2019

Susto na Alameda de Redondela ao caer unha árbore en plena tarde
Sucesos • 11/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Ao redor das 18:30 horas deste martes unha póla dunha árbore da Alameda Castelao precipitábase ao chan provocando a alarma entre as persoas que a esa hora se atopaban neste céntrico parte. Explican dende o concello que terán que ser agora os técnicos os que valoren o estado no que se atopa o exemplar caído así como o do resto das árbores, co obxecto de adoptar as medidas que sexan necesarias para evitar que se poida producir unha nova caída e garantir a seguridade nun espazo moi concorrido polos veciños.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: