www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Un conductor falece nun accidente en Chapela ao chocar contra cun camión estacionado
Sucesos • 30/08/2019
Autor: Ana Prieto

Brutal accidente esta pasada noite en Chapela. Un conductor morreu tras chocar o seu vehículo coa parte traseira dun camión que estaba estacionado no arcén, na avenida de Redondela. O impacto foi tan forte que os bombeiros tiveron que localizar ao conductor do camión para que o movera e así poder liberar o coche e o seu ocupante.


Un home de 39 anos de idade, J.C.R.M., natural de Salvaterra de Miño, perdeu a vida onte a media noite nun accidente de tráfico á altura do número 20 da Avenida de Redondela, N-552. Conducía un Audi A3, que saíu da vía por causas que se descoñecen, e impactou contra un camión que estaba aparcado na beiravía. O falecido era o único ocupante do turismo. O impacto foi tan forte que o coche quedou incrustado baixo o remolque do camión. Os bombeiros de Vigo, un total de catro unidades, encargáronse dos traballos de excarceración do conductor do turismo, que faleceu no acto. Elementos do vehículo apareceron esparexidos a máis de 100 metros do lugar do impacto. Ademais dos bombeiros, ata o lugar do accidente achegáronse a Policia Local de Redondela, Protección Civil, ambulancias e a Garda Civil de Tráfico, quen se encarga de estudar as causas do accidente.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: