www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Medio Ambiente apunta á illa de San Simón como posible orixe da contaminación en Cesantes
Política • 20/08/2019
Autor: Ana Prieto

A vertedura que o pasado día 9 de agosto obrigou a desaconsellar o baño na praia de Cesantes por unha bacteria fecal, podería deberse a algún fallo no saneamento da illa de San Simón. Así llo advertiu o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, á Xunta, tras inspeccionar o litoral do municipio.


Segundo o edil os episodios de contaminación microbiolóxica danse puntualmente no verán, especialmente no mes de agosto, "cando hai máis actividade na illa". Villar explica que os resultados das análises e os estudos realizados por técnicos do Concello "descantarn unha vertedura desde terra". Por iso considera oportuno que se inicie por parte da Xunta de Galicia unha investigación, e se comproben as infraestruturas de saneamento da Illa de San Simón, os sistemas de depuración e verteduras correspondentes. Advirte que, cando na illa non hai actividade, non se rexistra contaminación na praia. O edil ponse a disposición da Consellería de Medio Ambiente para colaborar "e evitar que se repita unha situación similar".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: