www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Outubro de 2019

PSOE e AER asinan un pacto de goberno en Redondela
Política • 5/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Agrupación de Electores asumirá as concellerías de Cultura e Turismo, Medio Ambiente, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá. A alcaldesa, Digna Rivas, confirma que o pacto é xa unha realidade aínda que non descarta a entrada no goberno do BNG "as conversas cos nacionalistas aínda non están pechadas". O pleno organizativo celebrarase a finais da vindeira semana, previsiblemente o venres 12.


Logo de semanas de negociacións e conversas, PSOE e AER chegaban este xoves a un acordo que confirma a entrada no goberno da formación asemblearia. Dende AER amosaran dende un primeiro momento a súa disponibilidade a gobernar en coalición cos socialistas, e nas reunións que se veñen celebrando de xeito intermitente dende o pleno de investidura as negociacións ían encamiñadas a determinar as responsabilidades que os tres edís de AER asumirán no goberno que preside a socialistas Digna Rivas.


Finalmente a Agrupación de Electores estará ao fronte dos departamentos de Cultura e Turismo, Medio Ambiente e Novas tecnoloxías, Transparencia e Participación Cidadá. Ocuparán tamén a segunda tenencia de alcaldía.


Malia estar confirmada a entrada no goberno de AER, a convocatoria do pleno organizativo, que debe celebrarse como máximo un mes despois da investidura, aínda non ten data, á espera de que tamén se pechen as conversas co BNG, cuxa presenza neste novo goberno está aínda no aire malia que Rivas sempre amosou a súa disponibilidade a que en Redondela gobernara un tripartito no que estiveran presentes as tres forzas das esquerda, forzas que co seu voto lle deron tamén a alcaldía.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: