www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Outubro de 2019

PSOE e BNG adían á próxima semana posibles acordos para formar goberno
Política • 5/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Encontro cordial o celebrado onte entre os representantes de BNG e PSOE na rolda de conversas que os socialistas abriron de cara a tentar formar un goberno de esquerdas en Redondela. O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, presente nestas conversas, salienta a vontade de chegar a acordos por parte dos dous grupos pero insiste en que non hai nada pechado, que o de onte foi un primeiro encontro e que na vindeira semana volverán sentar para avanzar nun posible goberno de cambio.


Entenden os nacionalistas que "hai tempo para negociar" e insisten en que calquera acordo adoptarse sempre en base a un proxecto e un acordo programático. O de onte foi "un primeiro encontro para avaliar a formación de goberno en Redondela, aínda non se falou de fórmulas concretas para ese hipotético goberno e, en todo caso, calquera decisión que adopte o Bloque pasará polo Consello Local e por unha asemblea cos militantes".


As negociacións non se retomarán ata a vindeira semana, a tan só uns días do pleno de constitución da corporación e de investidura que terá lugar o sábado 15.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: