www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Xullo de 2019

A Policía Local participa nunha campaña de detención de alcohol e drogas ao volante
Sucesos • 3/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Esta campaña en colaboración coa Dirección Xeral de tráfico levarase a cabo durante toda a semana (do 3 ao 9 de xuño) na rúas de todo o termo municipal de Redondela de xeito aleatorio. Conducir baixo o efecto do alcohol ou as drogas conleva penas de prisión e retirada de carné de conducir.


A Policía Local de Redondela realizará durante esta semana unha campaña de vixilancia e control de consumo de alcol e drogas nos condutores en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. Lembran dende a CXT que o Código Penal contempla para os condutores que circulen baixo a influencia de bebidas alcohólicas, drogas tóxicas, estupefacientes ou sustancias psicotrópicas, penas de prisión de 3 a 6 meses, multa de 6 a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, e, en calquera caso, a de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a 1 e até 4 anos.


A Lei de Seguridade Viaria, o Regulamento Xeral de Circulación e o Código Penal fixan a normativa aplicable aos límites xenéricos e específicos máximos do alcol permitido durante a condución, onde o incumprimento destas normas está tipificado como infracción grave ou moi grave, retirada do permiso de condución e pena de prisión.


O alcol está presente nun terzo dos accidentes mortais. A súa presenza na condución dependendo da súa taxa, multiplica por entre 2 e 15 o risco de sufrir un accidente.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: