www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Setembro de 2019

A Radio Municipal organiza un debate electoral cos candidatos á alcaldía de Redondela
Política • 16/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os candidatos á alcaldía de Redondela confrontarán as súas propostas electorais nun debate organizado por Radio Redondela que se celebrará o luns día 20 ás 20:00 horas no multiúsos da Xunqueira. Están convocados a participar representantes das seis agrupacións políticas que se presentan este ano ás eleccións municipais: PP, PSOE, AER, BNG, Unidas Podemos e Ciudadanos.


Confirmaron a súa asistencia Javier Bas polo Partido Popular, Digna Rivas polo Partido Socialista, Xoan Carlos González do Bloque Nacionalista Galego, Susana Couñago cabeza de lista da Agrupación de Electores, así como o candidato de Unidas Podemos, Enrique Fojo e Paqui Canal, en representación de Ciudadanos.


O debate retransmitirase en directo pola emisora municipal (94.9) e está aberto a todo o público que queira participar. Poderase seguir tamén a través da páxina web www.radioredondela.com. Moderará o debate a directora da Radio Municipal, Mª Jesús Queimaliños.


Por primeira vez, os seis candidatos e candidatas á alcaldía de Redondela terán a posibilidade de confrontar os seus programas electorais e as medidas mías salientables que propoñen de cara aos vindeiros catro anos de mandato.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: