www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Marzo de 2019

O PSOE cualifica de “irrisorios” os 600.000 euros dos orzamentos da Xunta para Redondela
Política • 10/01/2019
Autor: Lorena Otero

Valoración negativa a que fan os socialistas da inversión que fará a Xunta este ano no noso concello e que segundo recollen os orzamentos concretarase en dúas actuacións: 200.000 euros para a mellora de abrigo no porto de Cesantes e 426.000 para a construción do novo colexio Igrexa. O partido vén de presentar unha moción para instar á Xunta a que inclúa nos orzamentos obras “prioritarias” como a cuberta do colexio Santa Mariña ou a reparación do ambulatorio de Chapela.


O deputado socialista, Abel Losada, visitaba esta tarde Redondela para facer unha valoración das partidas destinadas ao municipio nos orzamentos xerais da Xunta para este 2019. Xunto ao colexio Santa Mariña, e acompañado polo secretario local do partido, Leonardo Cabaleiro, e a candidata á alcaldía, Digna Rivas, Losada criticaba que só se recollan dúas partidas para Redondela, “promesas eternas, insuficientes, que aparecen sistematicamente nos orzamentos e nunca se executan”. Nuns orzamentos que considera son unha “ferramenta electoral dos populares de cara ás eleccións municipais”.


A candidata Digna Rivas, cualifican de “irrisorio” ese investimento, que sumará pouco máis de 600.000 euros, entre o porto de Cesantes e o colexio de Chapela, e explicaba que veñen de presentar unha moción para instar á administración autonómica a que inclúa nos orzamentos partidas para a construción da cuberta do CEP Santa Mariña, a mellora do ambulatorio de Chapela, a reparación e creación de novas redes pluviais en Redondela, así como melloras na seguridade viaria na rúa Mendiño. Actuacións que os socialistas presentaron como emendas aos orzamentos, pero que foron rexeitadas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: