www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Reunión informativa en Rande para tratar os plans da Autoridade Portuaria de Vigo en Duches
Sociedade • 9/11/2018
Autor: Ana Prieto

A Asociación de Veciños San Bernardo de Cedeira, e a Plataforma en Defensa da Ensenada de San Simon, convocan esta tarde aos veciños a unha reunión informativa no local superior do museo Meirande. Tratarán os plans da Autoridade Portuaria como o almacén de colectores, o novo vial de acceso e o porto de atraque. A xuntanza será ás 19.30 horas.


Antonio Lores, presidente da Plataforma en Defensa da Ensenada de San Simón, manifesta a súa preocupación polos reiterados anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo para dar ao litoral de Rande diferentes usos "desde cimeteiro de barcos, pasando por almacén de vehículos, até incluir no Plan Extratégico a implantación dunha terminal de colectores". Entende Lores que o porto ten intención de "reincidir na súa ilegalidade". Lembra que existe unha sentenza de decembro do ano pasado que anula a "Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios", xa que o plan de usos non ten en conta "o impacto ambiental na Ensenada de San Simon, lugar de Importancia Comunitaria pertenecente a Rede Natura 2000". Desde a plataforma convidan á Autoridade Portuaria a "optimizar" as actuais instalacións portuarias, xa que boa parte delas están destinadas a actividades "que non teñen relacion co mar". Entende Lores que moitas das naves poderían trasladarse a zonas industriais e polígonos fóra do litoral. Ante tantos "despropósitos" os veciños advirten que están decididos "a defender os seus intereses" tal e como fixeron en 2005, cando evitaron a construción dunha cementeira na explanada de Duches.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: