www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 12 de Agosto de 2020

Soutomaior contrata dúas mulleres dentro do plan de inserción para vítimas de violencia machista
Institucional • 29/06/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou esta mañá as dúas novas contratacións que o consistorio realizará a través do plan de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero. A finalidade deste plan é contribuír a que estas vítimas poidan alcanzar unha independencia económica que lles facilite unha plena integración social e laboral.


As contratadas incorporaranse ao persoal municipal de Soutomaior e disporán dun contrato dun ano de duración cun horario de xornada completa para "dar un mínimo de estabilidade a estas mulleres e que poidan reconstruír as súas vidas deixando atrás o pesadelo da violencia machista" explicou o alcalde, Agustín Reguera.


Rueda indicou que se trata do programa pioneiro que a Xunta de Galicia puxo en marcha por primeira vez o ano pasado grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e que permite que 38 concellos de toda Galicia contraten a un total de 68 mulleres vítimas de malos tratos.


Por último, o alcalde indicou que as dúas novas traballadoras incorporaranse a postos xerais do consistorio e que non se crearán novos postos ou funcións que se poidan estigmatizar ou que sirvan para sinalar ás vítimas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: