www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020

O redondelán Carlos Castro gaña o certame de debuxo da Deputación na categoría de 6 anos
Cultura • 1/06/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O concurso infantil levaba por título "O que ves dende a túa xanela" e foi ocnvocado pola Deputación de Pontevedra nos días do confinamento animando aos máis cativos a participar enviando as súas imaxes online. Carlos foi merecedor do premio na categoría de seis anos, sendo tamén galardoados Martina Contreras (11), Manuel Lemos (13) e Adriana Eugenio Rivas (13) gañaron o certame que está premiado con visitas guiadas ao Castelo de Soutomaior ou pola ruta do Viño Rías Baixas.


O concurso de debuxo infantil online "O que ves desde a túa xanela", convocado pola Deputación de Pontevedra nos días do confinamento, xa ten dúas gañadoras e dous gañadores. O xurado do certame destacou a calidade e variedade dos debuxos presentados e que todos "transmitían positivismo, alegría e cor", feito que fixo moi difícil a elección final, na que se valorou especialmente a orixinalidade e calidade.


Na primeira categoría, de 3 a 6 anos de idade, o gañador foi Carlos Castro García, de seis anos e do concello de Redondela, pola súa obra "A nosa Ría o meu fogar", na que amosou "a súa creatividade, expresividade e colorido". O xurado valorou que é un debuxo moi ben executado tendo en conta a súa idade , ao que incorporou diversos elementos característicos das Rías Baixas. Carlos recibirá como premio unha visita guiada polo Castelo de Soutomaior e poderá participar no xogo "Detectives no Castelo", en compañía da súa familia.


Na segunda categoría, de 7 a 11 anos, resultou premiada Martina Contreras Lorenzo, de 11 anos e veciña de Vigo e, por último, o excelente nivel dos traballos da terceira categoría (de 12 a 14 anos) motivou que o tribunal decidise como máis xusta a selección de dous premiados, que poderán desfrutar xunto á súa familia dunha experiencia pola Ruta do Viño Rías Baixas. Trátase de Manuel Lemos Peixoto, de 13 anos e de Nigrán e Adriana Eugenio Rivas, tamén de 13 anos e do Concello de Soutomaior.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: