www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020

O PP reclama reforzo do persoal e medios nos Servicios Sociais
Política • 29/05/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Os populares reclama un reforzo no Departamento de Servizos Sociais que "tendo en conta a situación de grave crise económica na que nos atopamos, non pode seguir baixo mínimos, cunha liña de teléfono completamente saturada" e sen persoal suficiente para atender á demanda existente. Demandan tamén que se subministre máscaras gratuítas ás persoas que carecen de recursos.


Explican dende o PP que ante a situación actual precísase de máis persoal para Servizos Sociais, tanto técnico como administrativo. Critican ao Concello que 74 días despois do decreto do estado de Alarma, non se teña acometido ese reforzo o que "denota unha falta total de sensibilidade e organización".


Tamén demandan dende o PP que se garanta a subministración de máscaras á poboación


máis vulnerable, polo que se poña a disposición de todas as persoas en situación de desemprego, afectados por ERTE, persoas sen recursos e en situación de exclusión social e a súa unidade de convivencia, estas máscaras de protección de forma gratuíta, xa que o custe mensual por persoa das máscaras cirúrxicas suporá un gasto de 57,60€, un custe demasiado elevado para poder soportar nesta situación de emerxencia social.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: