www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

Un punto limpo ambulante percorrerá as parroquias de Soutomaior para facilitar a reciclaxe
Institucional • 20/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

No novo punto limpo os veciños poderán depositar residuos como pilas, aceites, cartuchos de tinta e tóner, fluorescentes, así como pequenos electrodomésticos e outros residuos de pouco volume e difícil reciclaxe. Os obxectos de gran tamaño seguiranse recollendo a través do servizo de recollida de voluminosos. O novo punto limpo móbil estará instalado durante todo este mes de xaneiro no Peirao de Arcade para darlle a máxima. Finalizado este mes establecerase unha ruta e establecerase un calendario completo que estará dispoñible na páxina web municipal.


Soutomaior conta cun novo punto limpo ambulante para dar servizo a todos os veciños do municipio. O obxectivo desta iniciativa é dar a posibilidade aos veciños de todos os barrios e parroquias de depositar de maneira adecuada, facilitando a súa reciclaxe, aqueles residuos que non poden ser arroxados aos colectores habituais.


O modelo de punto limpo móbil seleccionado é o dun colector metálico de 25m3, con varias bocas para depositar os residuos, montado sobre unha plataforma rodante que permitirá o seu traslado periódico a todos os barrios do municipio.


Como complemento á instalación do punto limpo e para fomentar a cultura da reciclaxe entre a poboación, o Concello de Soutomaior acaba de pór en marcha unha campaña de concienciación que acompañará ao momento limpo durante as primeiras semanas de funcionamento. Mediante a repartición de dípticos informativos e a asistencia do persoal


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: