www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 28 de Xaneiro de 2020

Manifestación en Redondela polo despedimento dun traballador de Urbaser
Sociedade • 12/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Central Unitaria de Traballadoras CUT, vén de demandar a URBASER pola vulneración do dereito fundamental a liberdade sindical por ter aplicado, segundo explican "represión e discriminación contra varios dos seus afiliados/as repartidos polos contratos que ten a empresa na provincia, un deles chegando a despedilo e outros con distintos tipos de sancións". Por este motivo convocan unha manifestación este sábado 14 ás 18 horas, dende a Praza de Ribadavia ( a Farola)  e convidan a participar dos veciños e veciñas de Redondela


A manifestación contará coa presenza de traballadores de distintos puntos da provincia, e faise en Redondela por ser neste Concello onde a empresa ten a súa sede provincial.  Dende a CUT explican que  levan varias semanas traballando na socialización do conflito, convocando varias concentracións en Moaña, en Soutomaior e este venres 13 tamén en Vigo, e facendo varias charlas informativas en Redondela e Pazos de Borben. Unhas mobilizacións e accións informativas que continuarán logo da protestas do sábado co obxecto de que a empresa reconduza o seu comportamento.


Unha situación que dende a CUT consideran especialmente denunciable por tratarse dunha empresa que "saca os seus beneficios dos cartos públicos, e non parece de recibo que se usen para precarizar e para reprimir aos traballadores", cunha política de empresa que cualifican de "retrogada e represora, malia presumir Urbaser de estar a vangarda da modernidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: