www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019

O Black Friday adianta o acendido das luces do Nadal que este ano chegará a todas as parroquias
Institucional • 18/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local anuncia que o acendido do alumeado farase o venres 29 de novembro para facelo coincidir co Black Friday co obxecto de "contribuír á dinamización do comercio de proximidade". Nos vindeiros días darase a coñecer a programación do Nadal na que "terán especial protagonismo os máis pequenos".


En todo caso, o Goberno local xa adiantou que a data do acendido do alumeado de Nadal farase, en Redondela, o venres 29 de novembro ás 19:00 horas e en Chapela, un día despois, o sábado 30 de novembro tamén ás sete da tarde.


A posta en marcha o alumeado faise coincidir, de acordo coa Asociación de Empresarios de Redondela, co Black Friday, unha das xornadas importantes para o comercio local. Dende o goberno explican que "como administración local temos a obriga de poñer todos os medios ao nosos alcance para contribuír á dinamización do comercio de proximidade, un dos motores económicos do municipio".


Doutra banda, como novidade neste ano, o alumeado de Nadal estenderase a todas as parroquias que ao entender da alcaldesa Digna Rivas "nin poden, nin deben quedar fora de calquera actividade que organice o Concello". Dese xeito alumearanse os lugares máis emblemáticos de cada parroquia para o Nadal chegue "a todo o municipio".


A alcaldesa subliñou o feito de que, o alumeado de Nadal, tivo que facerse "de acordo co contratado polo anterior Goberno, xa que a contratación era por dous anos, e pese a iso, atopamos o xeito de que tamén chegue aos veciños e veciñas das nosas parroquias para que, este Nadal sexa realmente para todos e todas".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: