www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019

Denuncian a falta de calefacción nas aulas do novo colexio Igrexa
Sociedade • 14/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Pais e nais do colexio Igrexa en Chapela, inaugurado hai apenas dous meses, sairán estevenres a rúa para reclamar que se instale canto antes o sistema de calefacción no centro. Reivindican tamén a mellora do camiño da Buraca e que, mentres non se acondicione este acceso, se habilite unha parada do autobús escolar na avenida de Redondela permitindo así que o alumnado non teña que subir ao centro por unha "vía estreita, sen beirarrúas e especialmente perigosa cando coinciden os coches particulares e os autobuses". Maña convocan unha manifestación que partirá ás 8:30 horas dende a parte baixa do camiño.


Unha protesta que busca chamar a atención ante as deficiencias que presenta un centro recentemente inaugurado e que, malia supoñer unha mellora importantes respecto do antigo colexio, presenta algunhas deficiencias que leva a ANPA a convocar esta mobilización.


Neste sentido destacan que o centro educativo carece, a día de hoxe, de calefacción, imprescindible cando xa estamos no inverno e o colexio se ubica na zona alta da parroquia, azoutado polos ventos e sen ningún tipo de resgardo. Así o explica a presidenta da Anpa, Lorena Santervás, quen engade que segundo lle trasladaron dende o Concello a obra xa foi aprobada pero que polo de agora a empresa non iniciou os traballos e descoñecen cando se vai facer a obra "moito nos tememos que pasará o inverno e os nenos terán que seguir indo a clase sen calefacción".


Reclaman tamén que canto antes se inicien os traballos para acondicionar o camiño da Buraca, unha costa "moi empinada, estreita, na que se forman regueiros de auga cando chove e sen beirarrúas". Son conscientes de que esa ampliación e arranxo é un proceso longo, motivo polo que reclaman que, como solución provisional e inmediata, se habilite unha parada do autobús escolar na Avenida de Redondela, para que os nenos que veñen desa zona poidan subir en autobús ata o colexio "evitándolles así que teñan que facer a pé un camiño moi perigoso polo tráfico e a ausencia de beirarrúas".


Polo de agora a resposta foi negativa motivo polo que mañá realizan esta mobilizacións que consistirá en subir a pé todos os país, nais e nenos ao colexio, concentrándose previamente ás 8:30 no cruce entre o Camiño da Buraca e a Avenida de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: