www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

Buscan parar a casa de apostas alegando a proximidade coa zona escolar da Marisma
Sociedade • 8/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños e colectivos que rexeitan a apertura dunha casa de apostas na rúa Ernestina Otero teñen de prazo ata o 28 de novembro para presentar alegacións contra a instalación deste negocio na nosa vila. O BNG presentou xa a súa argumentando que a proposta de emprazamento incumpre o decreto da Xunta no que se establece que "en ningún caso se autorizará a instalación de salóns de xogo a menor distancia de 150 metros dos accesos normais de entrada ou saída de centros oficiais que imparten ensino regrado a menores de idade".


Na alegación do Bloque recollen que o emprazamento no número 47 da Avenida Ernestina Otero incumpriría este artigo en base a dúas circunstancias. Por unha banda, ao atoparse a zona escolar da Marisma, na que se engloba unha gardería, varios colexios e institutos e o Conservatorio, atópase a menos de 150 metros do salón de xogos.


Engaden tamén que os accesos a esa zona escolar, tanto a pé como en vehículo particular ou transporte escolar "sitúanse moi por debaixo da mencionada distancia regulamentaria".


En base a estes argumentos solicitan que se revogue a autorización coa que conta esta instalación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: