www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

A colocación das luces de Nadal adiántase en Redondela
Institucional • 9/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Comezou xa a colocación das luces de Nadal en practicamente todas as rotondas do concello cando aínda estamos a 9 de outubro. Os operarios da empresa Electro Miño levan xa días traballando para que toda a iluminación estea preparada para o seu acendido a finais de novembro, o que supón que se adiantará uns días respecto doutros anos cando se esperaba ao festivo da Constitución para dar o pistoletazo de saída ás actividades de Nadal.


Sorpresa entre os veciños e numerosos comentarios nas redes logo de ver como malia estarmos aínda no inicio de outubro, os operarios están a traballar xa na colocación dos adornos de Nadal, para a que faltan dous meses. Dende o Concello queren así anticiparse para que toda a iluminación estea colocada a finais de novembro, data na que está previsto o seu acendido.


Explica a concelleira responsable de eventos, Marta Alonso, que unha vez colocadas as luces valorarán a posibilidade de incluír algúns cambios e melloras, iluminando zonas que ata o de agora non contaban con este tipo de decoración navideña. Respecto do adianto na colocación das luces aclara que "busca chegar con tempo á data prevista de acendido e responde a unha organización do traballo da empresa encargada do servizo, ElectroMiño, responsable tamén da iluminación noutras localidades".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: