www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020


Sociedade • 8/07/2020

O patrón maior Gonzalo Reinoso explica que o maior reto na confraría foi xestionar a captura da anguía que quedou acumulada nas piscinas ao quedar sen o seu principal cliente: Portugal. Chegaron ter unha mortandade moi elevada polo que se viron obrigados a devolver ao mar boa parte do peixe. No marisqueo optaron por cesar na actividade xa que o parón na hostalaría non garantía que o produto tivera comprador. Agora tentan recuperar a normalidade e manter o nivel económico dun pósito que confía en superar esta crise canto antes.


Cultura • 8/07/2020

O escaparate da Disco Tasca na rúa Pai Crespo de Redondela retoma a súa función expositiva e faino coa instalación "Casas Doentes "de Fon Conde onde presenta unha serie de maquetas a modo de colaxe en branco e negro de casas abandonadas, algunhas xa inexistentes, de Redondela e as súas parroquias.


Sociedade • 8/07/2020

Se es propietario dunha leira ou parcela a que non lle dás uso ou queres cultivar as túas propias hortalizas e non tes terreos, esta organización sen ánimo de lucro dáche a solución. Facilitan a cesión de parcelas durante cinco anos a aquelas persoas que estean dispostas a coidalas e cultivalas. Fan un estudo do terreo, habilítano, realizan o seguimento da cesión e asesoran aos voluntarios. Agora, chegan a Redondela cunha parcela en Santa Mariña e tres voluntarios pero fan un chamamento a sumarse a esta iniciativa que din non só lle supón unha segunda vida a terreos abandonados senón unha alternativa alimentaria e de socialización aos seus participantes.


Política • 8/07/2020

O Concello intúe que a Xunta dará a coñecer a resolución favorable á súa apertura "despois das eleccións" malia que a inspección se realizou o pasado 2 de xuño. A forte oposición a esta instalación, próxima a zona escolar e deportiva de A Marisma, e as numerosas alegacións presentadas non impedirán a empresa promotora, Unión de Operadores Reunidos, poñer en marcha o negocio unha vez obteñan a autorización definitiva.


Cultura • 7/07/2020

O Concello entende que a cancelación é a única opción xa que ao tratarse dun macorevento que reúne a milleiros de persoas sería moi complicado aplicar a normativa do goberno en materia de seguridade. Cae así o Entroido do verán da programación festiva de agosto do mesmo xeito que o Berete Rock, cuxos organizadores xa acordaron suspender os concertos previstos para esta edición en Chapela.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mai 2020 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Próximos Eventos...
Xoves, 9 de Xullo de 2020 - 12:00
Campamento de conciliación
O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para participar no programa municipal de conciliación no mes de xullo, orientado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do xoves
Sábado, 11 de Xullo de 2020 - 22:00
Xingros Big Band
A formación do Conservatorio actuará o sábado 11 ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Actuación de balde enmarcada na programación da Concellería de Cultura.
Venres, 17 de Xullo de 2020 - 20:00
Peter Punk na Alameda
O pallaso Peter Punk presenta en Redondela o seu espectáculo Chungo ke te cagas nunha actuación que terá lugar o venres 17 de xullo na Alameda ás 20:00 horas. Actuación orientada ao público familiar con entrada de balde.
Sábado, 18 de Xullo de 2020 - 22:00
Airiños da Peneda
O grupo de música folk Airiños da Peneda actúa o sábado 18 ás 22:00 horas na Alemda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 19 de Xullo de 2020 - 21:30
Airiños do Mar de Teis
O grupo de voces masculinas Airiños do Mar de Teis actúa o domingo 19 na Alameda de Rosalía de Castro en Chapela ás 21:30 horas. Entrada de balde.
Venres, 24 de Xullo de 2020 - 22:00
Concerto fusión
O grupo Pelepau e a banda de música de Chapela únense para ofrecer un concerto o venres 24 ás 22:00 horas no paseo marítimo de Chapela. Entrada de balde previa reserva no mail concertos2020@redondela.gal
Sábado, 25 de Xullo de 2020 - 22:00
Concerto de Guadi Galego
A cantante e excompoñente de Berrogüeto achega a Redondela o seu espectáculo Immersión. O concerto será o Día de galicia ás 22:00 horas no campo da feira. Entrada de balde previa reserva no mail concertos2020@redondela.gal
Domingo, 26 de Xullo de 2020 - 21:30
Carlos do Viso
O lutier e zanfonista Carlos do Viso ofrecerá un concerto na Alameda de Castelao o domingo 26 de xullo ás 21:30 horas. Organiza o Concello de Redondela.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia