Hoxe é Domingo 29 de Novembro de 2020

Cesantes contará cun semáforo na N-550 nas inmediacións do Colexio Outeiro das Penas

semáforo cesantes

Os veciños desta parroquia levan anos reclamando esta mellora na seguridade vial nunha zona que rexistra un alto tránsito de peóns xa que é paso obrigado do Camiño de Santiago e do alumnado e familias do CEIP Outeiro das Penas. O Goberno local xa remitiu toda a documentación ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) quen expediu a correspondente autorización para que o Concello proceda á instalación do semáforo “solucionando así o que é un problema grave de seguridade”.

O paso de peóns regulado por semáforo, quedará instalado entre as dúas paradas de autobuses e a intersección de acceso ao CEIP Outeiro das Penas.

Dende o goberno local lembran que “en menos dun ano estamos a dar resposta ás demandas en seguridade vial dos veciños, xa que este semáforo en Cesantes chega despois do instalado en Angorén, na parroquia de Chapela, para permitir que alumnos e alumnas do CEIP Alexándre Bóveda puideran cruzar a N-552 sen risco algún”.

Ámbalas dúas actuacións eran “demandas da veciñanza que levaban anos sen ver satisfeitas e que este Goberno, á súa chegada ao Concello, considerou como de absoluta prioridade”, explica a alcaldesa Digna Rivas para quen “non hai nada máis importante que a seguridade dos nosos nenos e nenas e da veciñanza que circula a pe por estas dúas zonas e que, agora, poderá facelo de xeito máis seguro”.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *